Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

venres 11 de setembro de 2020

A comunidade educativa mobilízase e expresa o seu rexeitamento ao protocolo COVID

  • Malia o boicot da Administración, o profesorado concentrouse nas sete cidades e en varias vilas do país cadrando co comezo do curso en educación infantil, primaria e educación especial
  • Un día despois da folga, a Xunta anuncia que adiará unha semana o comezo das clases en secundaria

Na primeira xornada de folga no ensino, o profesorado expresou o seu rexeitamento ao protocolo de adaptación á COVID-19. Houbo nutridas concentracións nas sete cidades do país, así como en varias vilas. A convocatoria partiu de CCOO e doutros sindicatos.

Un momento da concentración fronte á sede da Xunta, en Santiago de Compostela

Un momento da concentración fronte á sede da Xunta, en Santiago de Compostela

CCOO-Ensino salienta a participación do profesorado malia o «boicot» da Administración, que, a piques de comezar a folga, decidía unha entrada progresiva ás aulas, repartindo o comezo do curso entre os días 10 e 11 de setembro.

Os «servizos mínimos abusivos» tamén contribuíron a desactivar a folga, sinala CCOO-Ensino. O persoal non docente viuse prexudicado por uns servizos do 100 %. Entre o profesorado tamén houbo moita dificultade para se sumar á folga, xa que se obrigou á asistencia de, cando menos, un profesor ou profesora por aula.

Adiamento do curso en secundaria

Un día despois da folga, a Consellaría de Educación convocou de urxencia os sindicatos —con só hora e media de antelación— para lles anunciar que o comezo de curso en secundaria se adiaría unha semana, pasando do 16 ao 23 de setembro.

A comunidade educativa mobilízase e expresa o seu rexeitamento ao protocolo COVID

venres 11 de setembro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Igualdade
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros