Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

martes 15 de setembro de 2020

Hoxe comezan seis xornadas de folga na conserveira Thenaisie Provoté

  • O comité de empresa insta a Xunta a se implicar na garantía dos postos de traballo

Hoxe comeza a primeira das seis xornadas de folga previstas na conserveira arousá Thenaisie Provoté, en proceso concursal e con centros de traballo no Grove e Mos. Os paros teñen lugar entre o martes e o xoves desta semana, ambos os dous incluídos, e en idénticos días da vindeira. Así mesmo, está prevista unha manifestación o domingo, día 20, que partirá ás 12 horas da Casa do Concello do Grove.

A folga na conserveira arousá comezou este martes

A folga na conserveira arousá comezou este martes

O comité de empresa, do que forma parte CCOO, esíxelle á Xunta implicación para garantir os postos de traballo e evitar o peche dunha empresa que dá emprego a centos de persoas.

A representación legal dos traballadores e traballadores da conserveira van facer todo o posible para evitar a liquidación de Thenaisie e insisten en que hai unha solución «real e sólida» para a continuidade da actividade industrial e os centos de postos de traballo asociados, directos e indirectos.

Segundo a parte sindical, a solución para a conserveira arousá depende de que un investidor se faga coa unidade produtiva, actualmente en mans do grupo Scandia Food.

Hoxe comezan seis xornadas de folga na conserveira Thenaisie Provoté

martes 15 de setembro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Igualdade
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros