Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

mércores 16 de setembro de 2020

A xerenta da área sanitaria Santiago-Barbanza pon en risco a saúde do persoal e da poboación no Hospital Clínico

  • Desde o pasado día 11, a cuarta planta do complexo é, ao mesmo tempo, zona COVID e non COVID, delimitadas ambas cun biombo e unha toalla con lixivia no chan

A Federación de Sanidade de CCOO denuncia que a xerenta da área sanitaria Santiago-Barbanza pon en risco a saúde do persoal e do resto da poboación no Hospital Clínico compostelán. Desde o pasado venres, 11 de setembro, a cuarta planta do complexo é, ao mesmo tempo, zona COVID e non COVID, delimitadas ambas por un biombo e unha toalla con lixivia no chan.

Un biombo separa as dúas zonas e unha toalla con lixivia serve para desinfectar o calzado | CCOO

Un biombo separa as dúas zonas e unha toalla con lixivia serve para desinfectar o calzado | CCOO

Desde CCOO entenden que é unha decisión da xerenta, Eloína Núñez Masid, xa que a situación persiste tras case unha semana. Isto, malia que a medida é contraria tanto ao Plan de prevención de riscos da área sanitaria, como ao Plan de reactivación de asistencia hospitalaria que elaborou o Sergas.

O Plan de prevención de riscos indica que deben formarse grupos de traballadores e traballadoras para evitar a rotación deste persoal entre unidades COVID e non COVID. Porén, isto estase a incumprir na cuarta planta do hospital, en Cirurxía Xeral e Dixestiva, pois un día atenden doentes que deron positivo e ao día seguinte os que deron negativo nas probas.

Incúmprese tamén o disposto no Plan de reactivación, que recolle a obrigatoriedade de manter áreas diferenciadas para doentes COVID e non COVID. «A colocación dun elemento móbil, como un biombo, non diferencia unha área da outra», reprocha CCOO-Sanidade.

Para CCOO resulta «insólito» e «unha clara irresponsabilidade» que a Xerencia incumpra os seus propios protocolos, así como as directrices do Sergas, e expoña o persoal e o conxunto da poboación a un «risco innecesario e evitable», amais de converter as traballadoras e traballadores «en posibles vectores de contaxio para pacientes sen COVID-19».

Aumentaron as 'ratios'

Por outra parte, o sindicato tamén critica que a xerenta permita que as ratios de pacientes COVID por persoal de enfermaría sexan maiores agora ca nos meses de marzo, abril e maio. CCOO non atopa xustificación, xa que non houbo ningún cambio de protocolo que sustente unha situación deste tipo.

A xerenta da área sanitaria Santiago-Barbanza pon en risco a saúde do persoal e da poboación no Hospital Clínico

mércores 16 de setembro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Saúde Laboral - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade
Información - Coronavirus - Noticias sindicais

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Igualdade
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros