Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

xoves 8 de outubro de 2020

CCOO-Sanidade esixe mellores condicións laborais nas residencias de maiores

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia esixe mellores condicións laborais nas residencias de maiores, unha axeitada repartición da carga de traballo e a protección da saúde laboral. Con este obxectivo, o sindicato concentrouse este mediodía diante da sede da Xunta.

Un momento da concentración de hoxe

Un momento da concentración de hoxe

Esta acción de CCOO-Sanidade encádrase nunha serie de mobilizacións en todo o Estado baixo o lema #EscudoContraCOVID19, para esixir melloras no sector da dependencia. Desde o sindicato apuntan que «non podemos agardar» a que remate a pandemia para mellorar as condicións laborais do sector, pois agora é «o momento de construír un escudo humano contra a COVID-19».

Para conformar ese «escudo humano», CCOO reivindica salarios decentes, máis persoal e lugares de traballo seguros. «Sen unha reforma encamiñada a mellorar as condicións, o sector non estará preparado para proporcionar coidados axeitados á crecente poboación de idade avanzada», advirte o sindicato.

CCOO-Sanidade esixe mellores condicións laborais nas residencias de maiores

xoves 8 de outubro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Áreas - Saúde Laboral - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade