Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

xoves 15 de outubro de 2020

O comité de Alu Ibérica denunciará na Fiscalía o proceso de venda da factoría

  • O persoal insiste en reclamar que o Estado interveña a fábrica

O persoal de Alu Ibérica volveuse mobilizar esta tarde na Coruña para rexeitar a «persecución sindical» por parte da actual dirección e para denunciar, tamén, os incumprimentos do Grupo Riesgo. Neste sentido, o comité de empresa avanzou que está a preparar unha denuncia na Fiscalía sobre o proceso de venda de Alcoa a Parter e, posteriormente, do grupo suízo a Riesgo.

Un momento da concentración de hoxe

Un momento da concentración de hoxe

«Hai suficiente documentación e información para que se obre con contundencia», incidiu o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho (CCOO).

Segundo o sindicalista, por parte de Alcoa houbo «mala fe», pois o obxectivo da multinacional estadounidense sería «desfacerse por capítulos do aluminio primario en España». Por esta razón, e para garantir a continuidade do proxecto industrial e do emprego, Corbacho insistiu en que «o Estado debe intervir a planta» da Coruña.

O comité de Alu Ibérica denunciará na Fiscalía o proceso de venda da factoría

xoves 15 de outubro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade