Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

venres 25 de xaneiro de 2013

Xosé Manuel Sánchez Aguión, único candidato á Secretaría Xeral de CCOO

Ás 17:15, o voceiro da Comisión de Candidaturas do 10.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia acaba de comunicarlle ao plenario os resultados do traballo realizado no seo da devandita comisión.

Xosé Manuel Sánchez Aguión

Xosé Manuel Sánchez Aguión

Para a Secretaría Xeral de CCOO de Galicia presentouse unha única candidatura, a de Xosé Manuel Sánchez Aguión, que se presentou con 199 avais.

Para a Comisión Executiva Nacional (CEN) presentáronse dúas candidaturas. A "Candidatura A", encabezada por Xosé Manuel Sánchez Aguión, que logrou 197 avais, e a "Candidatura B", encabezada por Eusebio Justo Santos, que reuniu 36 avais. O voceiro da Comisión de Candidaturas informou de que non fora posible chegar a unha candidatura única (CEN).

Así as cousas, contra as 18:30 horas comezarán as votacións das candidaturas, tanto á Secretaría Xeral como á CEN.

Xosé Manuel Sánchez Aguión, único candidato á Secretaría Xeral de CCOO

venres 25 de xaneiro de 2013

Ligazóns de interese relacionadas

Congreso ao día

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas