Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!
O 10.º Congreso tivo lugar a finais de xaneiro deste ano

Documentos aprobados no 10.º Congreso

01.07.2013.

Xa están ao dispor de todas as persoas interesadas os documentos aprobados no 10.º Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, que tivo lugar a finais de xaneiro deste ano.

O secretario xeral de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión

10.º Congreso nacional de CCOO de Galicia: «Respostas fronte á crise»

16.01.2013.

O secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, presentou esta mañá publicamente o 10.º Congreso nacional da organización. Baixo lema «Respostas fronte á crise», terá lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 deste mes.

Luz López, secretaria xeral de CCOO-Ensino

Luz López Pérez elixida nova secretaria xeral da Federación de Ensino de CCOO de Galicia

03.12.2012.

A Federación do Ensino de CCOO celebrou o seu IX Congreso esta fin de semana nas instalacións do MUPEGA, en Santiago de Compostela, baixo o lema «Recuperar dereitos para unha educación equitativa e de calidade», o que foi aproveitado para analizar as liñas de acción da Federación nos vindeiros catro anos e a maneira de afrontar os retos que se aveciñan neste panorama convulso no eido da educación, inmerso nas políticas de recortes dos gobernos do Partido Popular e cun anteproxecto de lei de reforma educativa de marcado carácter ideolóxico.

A Federación de Industria volve elixir a Nicolás Pato como secretario xeral

30.11.2012.

A Federación de Industria de CCOO de Galicia celebrou na Coruña, os días 28 e 29 de novembro, o seu 1.º Congreso. O máximo órgano da federación volveu elixir a Nicolás Pato Pérez como secretario xeral, único candidato que se presentou. Para a Comisión Executiva tamén houbo unha única lista.

Isabel Castaño nun momento da lectura do informe xeral

Isabel Castaño foi reelixida hoxe como secretaria xeral de FECOHT-CCOO

28.11.2012.

O 5.º Congreso da Federación de Comercio, Hostalaría e Turismo de Comisións Obreiras de Galicia (FECOHT-CCOO) reelixiu hoxe a Isabel Castaño Becerra como secretaria xeral.

Julián Valiente, secretario xeral de COMFIA-CCOO de Galicia

Reelección de Julián Valiente á fronte de COMFIA-CCOO de Galicia

27.11.2012.

O Congreso da Federación de Servizos Financeiros e Administrativos de Comisións Obreiras de Galicia (COMFIA-CCOO) reelixiu onte a Julián Valiente como secretario xeral para os próximos catro anos.

Intervención de Enrique Llames

O Congreso da Federación de Actividades Diversas reelixiu a Enrique Llames

23.11.2012.

O Congreso da Federación de Actividades Diversas de CCOO de Galicia reelixiu hoxe a Enrique Llames como secretario xeral.

Intervención de Amelia Pérez no Congreso comarcal de Vigo

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo elixiu a Amelia Pérez como nova secretaria xeral

19.11.2012.

O Congreso da Unión Comarcal de CCOO de Vigo elixiou o pasado venres a Amelia Pérez como nova secretaria xeral. Substitúe no cargo ao compañeiro Pepe Cameselle.

Portada do Galicia Sindical n.º 33

Xa está á túa disposición o Galicia Sindical n.º 33

22.01.2013.

Neste número dedicamos a portada ao 10.º Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 deste mes baixo o lema «Respostas fronte á crise», ao tempo que lembramos que dentro dun mes terá lugar o Congreso Confederal.

Carlos Mella, secretario xeral da FPX-CCOO

Carlos Mella é o novo secretario xeral da FPX-CCOO

30.11.2012.

Carlos Mella Teijo foi elixido por unanimidade novo secretario xeral da Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia. Substitúe no cargo a José Luis Díaz Montero, que non se presentaba á reelección.

Intervención de Ramiro Otero ao final do 2.º Congreso da FSC-CCOO de Galicia

Ramiro Otero foi reelixido secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia

  • A defensa do público continuará sendo un dos eixes do traballo da FSC-CCOO, o principal sindicato do seu ámbito
29.11.2012.

Ramiro Otero continuará outros catro anos como secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia. Así o decidiron os delegados e delegadas que participaron no 2.º Congreso desta federación.

Xesús Varela Lodeiro

O Congreso de FECOMA-CCOO reelixiu a Xesús Varela como secretario xeral

28.11.2012.

O Congreso da Federación da Construción, Madeira e Afíns de Comisións Obreiras de Galicia (FECOMA-CCOO) reelixiu hoxe a Xesús Varela Lodeiro como secretario xeral.

A nova Executiva de FITEQA-CCOO. Á dereita, o secretario xeral

Armando Iglesias Rodríguez foi elixido novo secretario xeral de FITEQA-CCOO

23.11.2012.

Onte tivo lugar en Santiago de Compostela o 5.º Congreso da Federación de Industrias Téxtil-Pel, Químicas e Afíns de Comisións Obreiras (FITEQA-CCOO). Co 93% dos votos foi elixido como novo secretario xeral Armando Iglesias Rodríguez.

Os integrantes da nova Executiva da Fed. de Sanidade. Á dereita, Ángel Cameselle

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia elixiu secretario xeral a Ángel Cameselle

20.11.2012.

O Congreso da Federación de Sanidade de CCOO de Galicia elixiu hoxe como novo secretario xeral a Ángel Cameselle. Substitúe no cargo a Lola González, que non se presentaba á reelección.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: