Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO!

Documentos aprobados no 11.º Congreso Nacional

01.07.2017.

Estatutos e relatorio aprobados no Congreso Nacional do sindicato.

Ramón Sarmiento, único candidato á Secretaría Xeral de CCOO

Confírmase que Ramón Sarmiento é o único candidato a secretario xeral de CCOO

19.05.2017.

Rematado o prazo de presentación de candidaturas neste 11.º Congreso, confírmase que Ramón Sarmiento é o único candidato a secretario xeral de CCOO. A súa candidatura chega apoiada por 184 avais. Así mesmo, a proposta de Comisión Executiva Nacional, por el encabezada, conta con 185 avais.

Demetrio Vázquez, no centro, intervén ante o plenario do Congreso

Demetrio Vázquez preside a mesa do 11.º Congreso Nacional

18.05.2017.

Tras a aprobación da orde do día, o compañeiro Demetrio Vázquez Martínez, da Unión Comarcal de CCOO da Coruña, asumiu a presidencia da mesa que velará polo bo desenvolvemento do 11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia.

Sánchez Aguión (esq.) e Ramón Sarmiento (der.), na presentación do 11.º Congreso

CCOO acometerá no seu 11.º Congreso Nacional unha «profunda renovación» de persoas e do traballo sindical

  • O secretario xeral saínte, Sánchez Aguión, aplaudiu que se chegara a unha candidatura de consenso; o aspirante, Sarmiento, traballará para lograr a unidade de acción cos «sindicatos irmáns» CIG e UGT
11.05.2017.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) celebrará o seu 11.º Congreso os días 18 e 19 de maio, en Santiago de Compostela, baixo o lema «compromiso sindical: máis sindicato, máis dereitos». Neste conclave, no que participarán 250 delegados e delegadas, producirase unha «profunda renovación» tanto das persoas que conformarán os órganos de dirección como do traballo sindical. Así o aseguraron esta mañá Xosé Manuel Sánchez Aguión, secretario xeral saínte, e o aspirante a sucedelo, Ramón Sarmiento Solla.

Mesa do Consello Nacional do pasado día 9

Aprobados os documentos de traballo do 11.º Congreso Nacional de CCOO

11.11.2016.

O Consello Nacional de CCOO de Galicia aprobou na xuntanza do pasado 9 de novembro os documentos de traballo para o 11.º Congreso Nacional.

Normas congresuais

O Consello Nacional de CCOO aproba as normas do 11.º Congreso

03.10.2016.

Na xuntanza do pasado 30 de setembro, o Consello Nacional de CCOO aprobou as normas do 11.º Congreso.

Intervención de Ramón Sarmiento, acompañado da nova Comisión Executiva Nacional

Ramón Sarmiento é elixido novo secretario xeral de CCOO

  • O novo dirixente promete renovar o traballo sindical e loitar pola unidade de acción con outros sindicatos
19.05.2017.

As delegadas e delegados que participaron no 11.º Congreso Nacional de CCOO elixiron hoxe a Ramón Sarmiento Solla como secretario xeral para os próximos catro anos. A súa candidatura foi apoiada co 82,55 % dos votos emitidos; así mesmo, a súa proposta de Comisión Executiva Nacional foi referendada polo 80 % dos votos. O novo dirixente substitúe no cargo a Xosé Manuel Sánchez Aguión, que non se presentaba á reelección, e faino prometendo renovar o traballo sindical e loitar a prol da unidade de acción con outras organizacións sindicais.

Intervención de Sánchez Aguión durante a lectura do informe xeral

Sánchez Aguión avoga por un plan de choque para a recuperación do emprego e pola mellora da protección social

  • As delegadas e delegados que participan no 11.º Congreso aprobaron o informe-balance da Comisión Executiva Nacional saínte
18.05.2017.

As delegadas e delegados que participan no 11.º Congreso aprobaron o informe-balance da Comisión Executiva Nacional saínte, cuxa exposición correu a cargo de Xosé Manuel Sánchez Aguión, que abandona a Secretaría Xeral neste conclave. Na súa intervención, Sánchez Aguión sinalou que a «cacarexada recuperación» non chegou aínda ás persoas, así que avogou por un plan de choque para recuperar o emprego e mellorar os mecanismos de protección social.

CCOO celebra os días 18 e 19 o seu 11.º Congreso Nacional

CCOO celebra os días 18 e 19 o seu 11.º Congreso Nacional galego

  • O sindicato acometerá unha profunda renovación das súas estruturas nun conclave en que están chamados a particiar 250 delegados e delegadas de toda Galicia
16.05.2017.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) celebrará o seu 11.º Congreso os días 18 e 19 de maio, en Santiago de Compostela, baixo o lema «compromiso sindical: máis sindicato, máis dereitos». Neste conclave, no que participarán 250 delegados e delegadas, producirase unha «profunda renovación» tanto das persoas que conformarán os órganos de dirección como do traballo sindical. Nas redes sociais seguirase coa etiqueta #11CCOOgal.

Portada dos documentos

Documentos para o debate: relatorio e estatutos para o 11.º Congreso Nacional

02.12.2016.

Xa están dispoñibles os documentos de traballo finais para o seu debate no proceso asembleario do 11.º Congreso Nacional.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: