Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO
Nas eleccións sindicais, esixe CCOO

CCOO-Servizos mellora a súa representatividade nas eleccións de Universal Support

24.11.2017.

O xoves 23 tiveron lugar as eleccións sindicais na empresa Universal Support na provincia da Coruña. Nestes comicios, CCOO mellorou os seus resultados, xa que conseguiu seis delegadas para un comité de trece membros.

Nas eleccións sindicais, esixe CCOO

CCOO gañou as eleccións sindicais en CEFRICO

  • O sindicato revalida a súa maioría no comité de empresa
30.10.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) gañou as eleccións sindicais no Centro Frigorífico Conservero, S.A., (CEFRICO), unha empresa conserveira de Vilagarcía de Arousa con 228 traballadores e traballadoras. A candidatura presentada por CCOO logrou catro representantes, o mesmo número que nos anteriores comicios, polo que revalida a súa maioría no comité de empresa.

Tenda de Primark en Santiago de Compostela

CCOO-Servizos obtén toda a representación nas eleccións de Primark en Santiago de Compostela

11.08.2017.

CCOO volveu gañar as eleccións sindicais na empresa Primark (Santiago). A candidatura da Federación de Servizos logrou a totalidade dos 9 membros do comité e fíxoo, ademais, mantendo os resultados das anteriores eleccións, sobre un censo de 130 persoas.

Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061

CCOO-Servizos logra a maioría nas eleccións do 061 en Santiago de Compostela

03.07.2017.

Nas eleccións parciais que tiveron lugar o pasado venres entre o persoal do 061 de Santiago de Compostela, a Federación de Servizos de CCOO logrou a maioría. A candidatura de CCOO-Servizos logrou tres representantes nun comité de cinco membros; os restantes foron para UGT e CUT.

CCOO gaña as eleccións sindicais no Concello de Sobrado dos Monxes

08.05.2017.

O Concello de Sobrado dos Monxes celebrou por vez primeira unhas eleccións sindicais para elixir a persoa representante do persoal laboral. As votacións tiveron lugar o pasado venres, día 5, e deron como gañadora a candidatura de CCOO.

CCOO-Servizos mellora a súa representatividade en DIA en Lugo

06.04.2017.

O luns, 3 de abril, tiveron lugar as eleccións sndicais en DIA, S. A. (supermercados DIA%) en Lugo. A Candidatura de CCOO mellorou os seus resultados, logrando dúas delegadas.

CCOO gaña por maioría absoluta as eleccións en Coremain

21.03.2017.

A candidatura de CCOO gañou as eleccións sindicais celebradas hoxe en Coremain, despois dunhas eleccións parciais anteriores cun resultado parello para as dúas candidaturas que se presentaban. O sindicato revalidou a súa maioría cun resultado de sete delegados, por seis da CIG. Cabe salientar que foi un proceso con incidencias, derivado de expedientes iniciados pola empresa ao longo da campaña electoral.

Nas eleccións sindicais, esixe CCOO

CCOO mellora a súa representatividade en Vegalsa

13.07.2016.

​Esta semana tiveron lugar en Oroso as eleccións sindicais de Vegalsa, plataforma loxística de Eroski. Nestes comicios, CCOO mellorou a súa representación, sumando un representante máis no comité á custa da UGT. No novo comité a UGT queda con 4 representantes (tiña 5), CCOO gaña un e sobe a 3, mentres que FETICO se mantén con dous.

CCOO gaña as eleccións nas empresas Aludec Galvanic e Galicia Processing Seafood

  • Ambas as dúas operan na comarca de Pontevedra
03.11.2017.

As candidaturas presentadas por Comisións Obreiras (CCOO) gañaron as eleccións sindicais nas empresas Aludec Galvanic e Galicia Processing Seafood, que operan na comarca de Pontevedra. En ambos os dous casos, as candidaturas de CCOO lograron a totalidade da representación nos comités de empresa.

Captura de pantalla da web do CTAG

CCOO-Servizos obtén a maioría absoluta no comité de empresa do CTAG

18.10.2017.

O 17 de outubro tiveron lugar as eleccións sindicais ao comité de empresa do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galcia (CTAG). Nestes comicios, CCOO pasou a ser o sindicato maioritario, pois obtivo 10 dos 17 delegados posibles. Isto permítelle pasar dunha representación do 30,77% a un 58,82%, ou sexa, maioría absoluta.

Nas eleccións sindicais, esixe CCOO

CCOO gaña as eleccións e mellora resultados en Diana Promoción

09.08.2017.

CCOO volveu gañar as eleccións sindicais na empresa Diana Promoción, S. A., da provincia da Coruña. A candidatura da Federación de Servizos logrou a maioría absoluta da representación e fíxoo, ademais, conseguindo unha delegada máis que hai catro anos.

Nas eleccións sindicais, esixe CCOO

CCOO-Servizos revalida a súa maioría nas eleccións de Allianz en Galicia

11.05.2017.

Esta semana tiveron lugar as eleccións sindicais de Allianz en todo o Estado. En Galicia, cun censo formado por 66 persoas, Comisións Obreiras foi o sindicato máis votado e revalidou a súa maioría nos centros da Coruña, Vigo, Ourense e Lugo.

CCOO gaña as eleccións sindicais en MediaMarkt Vigo

CCOO gaña as eleccións sindicais en MediaMarkt Vigo e mellora os resultados anteriores

12.04.2017.

A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO gañou as eleccións sindicais en MediaMarkt Vigo. Fíxoo, ademais, mellorando os resultados anteriores.

CCOO-Servizos obtén toda a representatividade en Décimas na Coruña, Ferrol e Santiago

24.03.2017.

CCOO gañou as eleccións sindicais na empresa Décimas (A Coruña, Ferrol e Santiago) , ao lograr a súa candidatura as tres delegadas de persoal posibles. A CIG ficou sen representación.

Faro de Vigo | Foto: Google Maps

CCOO consegue toda a representación nas eleccións sindicais do Faro de Vigo

  • O sindicato ve un «claro recoñecemento» ao traballo realizado nos últimos anos
23.02.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) volveu gañar as eleccións sindicais no Faro de Vigo, que tiveron lugar esta semana. O sindicato non só revalidou a súa maioría, igual ca en citas anteriores, senón que nesta ocasión fixo un pleno: nuns comicios en que participaron oito de cada dez persoas con dereito ao voto, a candidatura de CCOO conseguiu a totalidade de membros de que se compón o comité, nove.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: