Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

martes 9 de xullo de 2019

CCOO-Servizos gaña cun resultado histórico as eleccións sindicais en Carrefour-Ourense

Comisións Obreiras pon fin a máis de dúas décadas de maiorías do sindicato amarelo Fetico nas recentes eleccións sindicais de Carrefour-Ourense.

Centro comercial de Carrefour

Centro comercial de Carrefour

Nas votacións do pasado 5 de xullo, participou algo máis do 95 % do censo (172 persoas). As candidatura presentada por CCOO-Servizos obtivo seis delegados e delegadas —catro no colexio de especialistas e dous no de técnicos—, mentres que Fetico logrou os tres restantes.

Este resultado é grazas ao traballo dos representantes de CCOO, cun labor constante durante vinte anos en que tivo que padecer numerosos atrancos por parte da empresa e nun escenario dominado por Fetico.

O labor da sección sindical viuse reforzado nos últimos catro anos cun novo equipo e un labor sindical máis próximo ás persoas traballadoras para solucionar os problemas do seu día a día, indicindo na necesidade de cambio.

CCOO-Servizos gaña cun resultado histórico as eleccións sindicais en Carrefour-Ourense

martes 9 de xullo de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade