Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

27 de Dezembro de 2019, 12:16

Manifesto do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia en defensa do Sistema Público de Universidades de Galicia

O Sindicato Nacional das Comisións Obreiras de Galicia manifesta publicamente o seu apoio ao Sistema Público Universitario de Galicia e considera un ataque á desexable equidade social a proposta de creación dunha universidade privada patrocinada por unha entidade financeira/bancaria como é ABANCA, utilizando, como cobertura a súa «Afundación»

08-12-2019.- O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia remítelle o texto deste manifesto aos tres reitores das universidades galegas solicitándolles unha xuntanza urxente para manifestarlles o noso apoio ao Sistema Público Universitario de Galicia, xa que consideramos esta proposta como un ataque ao mesmo.
Desta proposta cabe destacar:
A oferta de títulos que publica a proposta de Afundación entra en absurda competencia coa actualmente existente dende o sistema universitario público galego e ven duplicar a oferta de estudos coa agravante de que, precisamente nestes, existe unha maior oferta de prazas públicas respecto ao demandado.
A proposta en cuestión non se insire na realidade de Galicia, máis ben todo o contrario; xa, dende o propio nome anunciado «Universidad intercontinental de la Empresa» (lembremos que na actualidade denomínase «Instituto de educación superior intercontinental de la empresa») mostra a súa vontade de recrutar ao alumnado preseleccionándoo por distintas vías (becas e facilidades aos relacionados coa propia Abanca, abaratamento da obrigada formación dos seus propios traballadores e traballadoras por imperativos europeos, recrutamento de elites americanas co retorno conseguinte, promesas de colocación posterior en empresas seleccionadas...) e obvia toda vontade de compromiso en prol da cohesión social de Galicia, comezando co desprezo á normalización lingüística que todo estudo universitario está obrigado a considerar.
O pasado 9 de decembro na xuntanza do Consello Galego de Universidades aprobouse aceptar a tramitación da iniciativa de Afundación. Denunciamos a complicidade dos representantes do goberno galego con semellante espuria intención, incumprindo a súa obriga de defensa do común, do mesmo xeito procederon todos aqueles membros que, no seu día, foran nomeados polo PP, ou polo propio goberno, destacando os Presidentes dos Consellos Sociais das tres Universidades, sen que estes se tiveran formalmente pronunciado e contradicindo o votado polos seus propios Reitores.

Manifesto do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia en defensa do Sistema Público de Universidades de Galicia

27 de Dezembro de 2019, 12:16

Documentos relacionados

Texto do manifesto

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Igualdade
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros