Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Cartel anunciando a xornada

CCOO organiza en Vigo unha xornada para divulgar a problemática do amianto

  • Intervirán especialistas de diferentes ámbitos, así como representantes sindicais, da política e persoas afectadas pola exposición ao asbesto
07.11.2018.

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia organiza este xoves en Vigo unha xornada sobre o amianto. O obxectivo é dar a coñecer os riscos deste material canceríxeno sobre a saúde das persoas. Malia o seu uso masivo durante décadas, hai poucos datos sobre o alcance real da problemática na comarca de Vigo.

Continúan as mobilizacións en defensa das pensións

CCOO e UGT convocan concentracións para que se garantan os dereitos das persoas maiores

  • Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, ambos os dous sindicatos esixen a revalorización das prestacións para combater o empobrecemento dos pensionistas
28.09.2018.

Co gallo do Día Internacional das Persoas Maiores, CCOO e UGT convocan a próxima semana concentracións en todo o Estado. En Galicia terán lugar o martes, 2 de outubro. Con esta acción, ambos os sindicatos denuncian que as medidas adoptadas para combater a crise só axudaron a empobrecer amplos sectores da poboación, especialmente as persoas de máis idade.

Novas mobilizacións por pensións dignas

Concentracións en toda Galicia para pedir a derrogación da reforma das pensións do 2013

  • Haberá protestas na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Foz, Ourense, Valdeorras, Pontevedra, Arousa, O Grove e Vigo
15.05.2018.

Dentro da campaña de mobilizacións que CCOO e UGT están a levar a cabo na defensa dunhas pensións dignas, ambos os dous sindicatos convocan novos actos para mañá, día 16. En Galicia haberá concentracións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Foz, Ourense, Valdeorras, Pontevedra, Arousa, O Grove e Vigo.

Cabeceira da manifestación de Vigo, onde participou o secretario xeral de CCOO de Galicia

Milleiros de persoas saíron ás rúas para esixir traballo e pensións dignas

  • Concentracións e manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Foz, Ourense, O Barco, Vilagarcía, O Grove, Pontevedra e Vigo
16.04.2018.

Milleiros de persoas saíron o domingo ás rúas xunto a CCOO e UGT para esixir traballo e pensións dignas. Estas mobilizacións deron continuidade á campaña desenvolvida desde o pasado mes de setembro a prol do traballo e das pensións dignas. Ademais, CCOO e UGT situarán estas reivindicacións como un dos eixes do próximo Primeiro de Maio.

Maica Bouza alerta a precariedade asociada á contratación estacional

CCOO lamenta que non se aproveite o ciclo de crecemento económico para mellorar o emprego e as condicións laborais

  • O sindicato liga a factores estacionais a mellora da contratación, pero lamenta a precariedade do mercado de traballo en Galicia e chama a participar nas mobilizacións do vindeiro 15 de abril
03.04.2018.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) lamenta que non se aproveite o ciclo de crecemento económico para mellorar o emprego e as condicións laborais. Os datos do paro rexistrado do mes de marzo revelan un descenso do número de persoas rexistradas como desempregadas, pero desde o sindicato lamentan que isto se produza á custa dunha maior precariedade laboral.

Pancarta da manifestación de Ourense, onde estiveron os secretarios xerais de CCOO e UGT

CCOO e UGT convocaron en toda Galicia mobilizacións «en confluencia» para defender as pensións

  • Por unhas pensións dignas, pola recuperación do seu poder adquisitivo e contra a «miserable» suba do 0,25 %
  • Os secretarios xerais de CCOO e UGT, Ramón Sarmiento e José Antonio Gómez, participaron na manifestación de Ourense
17.03.2018.

Pensionistas e xubilados do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e de UGT-Galicia convocaron este sábado mobilizacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Foz, Ribeira, O Grove e O Barco de Valdeorras. Nestas protestas confluiron con outras organizacións, nomeadamente asociacións de persoas pensionistas, para demandar prestacións dignas e a recuperación do poder adquisitivo das pensións e mais denunciar a «miserable e irrisoria» suba do 0,25 %.

CCOO mobilizarase o día 1 de marzo por pensións dignas

CCOO mobilizarase o 1 de marzo por pensións dignas

22.02.2018.

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia convoca concentracións o día 1 de marzo na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Viveiro, Lugo, Vilagarcía de Arousa, Ourense e Vigo, así como unha manifestación en Pontevedra. Con estas accións reivindicativas, o sindicato insiste na necesidade de revalorizar as pensións.

Imaxes da concentración de Ferrol, o luns

Centos de pensionistas de toda Galicia concéntranse con CCOO contra a conxelación das pensións

30.01.2018.

Centos de pensionistas de toda Galicia concentráronse onte e hoxe con CCOO contra a conxelación das pensións. A FPX-CCOO asegura que o sistema público de pensións é «perfectamente sostible», malia que cumpra reforzar a súa estrutura de ingresos.

Cartel anunciador dos actos

CCOO homenaxeará o día 18 as vítimas do franquismo

  • Acto civil no cemiterio de Sestás (A Guarda) e charla-coloquio no Centro Cultural
11.10.2018.

Un ano máis, o sindicato comarcal da Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Vigo homenaxeará no cemiterio de Sestás (A Guarda) as vítimas do franquismo, especialmente as que foron condenadas a traballos forzados no campo de concentración de Camposancos. Para facilitar a participación, ás 16 horas partirá un autobús desde a sede comarcal, no número 11 da rúa das Teixugueiras. Para facer uso deste medio de transporte cómpre comunicalo previamente no sindicato.

Na folla informativa de CCOO explícanse os requisitos necesarios

Incremento da pensión de viuvez do 52% ata o 60% da base reguladora

06.09.2018.

A Secretaría de Emprego e Previsión Social de CCOO edita unha folla informativa sobre o incremento da pensión de viuvez do 52% ata o 60% da base reguladora. Trátase dunha mellora aprobada na Reforma de pensións de 2011, a última reforma negociada no marco do Pacto de Toledo cuxa entrada en vigor levaba suspendida máis de seis anos.

Presentación da publicación

CCOO pide considerar as persoas pensionistas «como xeradoras de emprego e non como unha carga»

  • O sindicato presentou o luns en Vigo a publicación "Observatorio social de las personas mayores", promovida pola Federación estatal de Pensionistas de CCOO e a Fundación 1.º de Mayo
24.04.2018.

A cuarta parte da poboación galega é pensionista, pero de aquí a trinta anos serao a terceira parte. É un dos principais datos que avanzou este luns Comisións Obreiras (CCOO) durante a presentación, en Vigo, da publicación "Observatorio social de las personas mayores". Trátase dun documento promovido pola Federación de Pensionistas do sindicato e pola Fundación 1.º de Mayo.

Cartel chamando ás mobilizacións

CCOO e UGT chaman á mobilización este domingo nas cidades e vilas galegas para demandar unhas pensións dignas

  • Concentracións e manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Foz, Ourense, O Barco, Vilagarcía, O Grove, Pontevedra e Vigo
12.04.2018.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia chaman a cidadanía a participar o próximo domingo, día 15, nas mobilizacións convocadas nas cidades e vilas galegas para demandar unhas pensións dignas. Afirman que o Goberno debe rectificar e revalorizar as pensións para garantir o seu poder adquisitivo e a viabilidade do sistema público de pensións.

Reunión do Comité de Dirección Nacional de CCOO

O Comité de Dirección Nacional de CCOO chama a mobilizarse en abril por pensións dignas e pola negociación colectiva

  • CCOO inicia a planificación dun proceso de mobilizacións en prol da negociación colectiva, que incluirá asembleas abertas, concentracións e manifestacións ao longo do mes de abril
22.03.2018.

Imaxe da manifestación de Vigo

Pensionistas e xubilados de CCOO e UGT volveron saír ás rúas para esixir pensións dignas

  • Esixen a recuperación do poder adquisitivo das pensións e rexeitan a «miserable» suba do 0,25 %
01.03.2018.

Pensionistas e xubilados do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e de UGT-Galicia protagonizaron este xoves protestas na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Foz, Viveiro, Ourense, O Barco de Valdeorras, Pontevedra e Vigo para denunciar a «miserable» suba das pensións de só o 0,25 %.

Concentración en Vigo

CCOO e UGT concéntranse en defensa de pensións dignas

  • Na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Vigo
15.02.2018.

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia e a UGT concentráronse este xoves en defensa de pensións dignas. Carlos Mella, de CCOO agradeceu ao colectivo de persoas pensionistas e xubiladas e mais á sociedade en xeral a participación nas mobilizacións. O sindicalista asegura que o sistema público de pensións é «perfectamente sostible», aínda que haxa que reforzar a súa estrutura de ingresos.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros