Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO
No documento adxunto á nota pódese consultar o cadro que resume as novidades

Novidades en materia de seguridade social e pensións para o ano 2018

11.01.2018.

Xuntamos a esta nota informativa as últimas novidades en materia de seguridade social e pensións. Ante a ausencia, polo momento, de orzamentos xerais do Estado, as novidades limítanse ás bases mínimas de cotización, á revalorización das pensións e ás contías das pensións mínimas para o novo exercicio.

Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol | Foto: Google Mapas

CCOO insta a Consellaría de Sanidade a reforzar a unidade específica de asbestose de Ferrol

  • O hospital universitario ferrolán é o centro de referencia en Galicia para as doenzas relacionadas coa exposición ao amianto
07.11.2017.

O luns, día 6, reuníronse na Consellaría de Sanidade o titular do departamento autonómico, Jesús Vázquez Almuíña, representantes da asociación AGAVIDA e dos sindicatos Comisións Obreiras, UGT e CIG. Nesta xuntanza, CCOO trasladoulle á Administración autonómica a súa preocupación polo funcionamento da unidade específica de asbestose do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

Un ano máis, CCOO homenaxeará os homes e mulleres que loitaron polas liberdades

CCOO homenaxea as vítimas do campo de concentración de Camposancos

  • Homenaxe civil no cemiterio de Sestás e charla-coloquio no Centro Cultural da Guarda
17.10.2017.

Coma cada ano, Comisións Obreiras homenaxeará as vítimas do campo de concentración de Camposancos, asasinadas e soterradas no cemiterio de Sestás (A Guarda) durante a Guerra Civil. Nesta ocasión será o vindeiro xoves, 26 de outubro.

De esq. a der., Carlos Mella, Ramón Sarmiento, José A. Gómez e Valentín Tato

CCOO e UGT emprenden o 2 de outubro unha marcha en defensa de «pensións dignas»

  • A mobilización culminará cunha gran manifestación o vindeiro día 9 en Madrid
27.09.2017.

Os sindicatos CCOO e UGT preparan unha gran mobilización estatal baixo o lema «en marcha por pensións dignas». Desde diferentes comunidades autónomas, entre elas a galega, partirán as marchas reivindicativas, en cuxas rutas haberá tamén asembleas, que confluirán nunha manifestación en Madrid. O inicio en Galicia será o próximo luns, día 2 de outubro.

De esq. a der., Carlos Mella, Yolanda Díaz e Ramón Sarmiento

CCOO esixe solucións «urxentes» para garantir o sistema público de pensións

  • O sindicato analizou esta materia fundamental coa voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz
04.09.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) esixe solucións «urxentes» para garantir o sistema público de pensións. Así o expresaron os representantes do sindicato após unha reunión coa voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz. O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, instou as forzas da esquerda a traballaren para contrarrestar as medidas «antisociais» do PP. Na mesma liña se pronunciou o responsable da Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO, Carlos Mella, quen lembrou que a «maioría» de pensionistas están a manter «fillos ou netos no paro ou con empregos precarios».

CCOO esixe a sustentabilidade do sistema público de pensións e a súa revalorización

CCOO chama a mobilizarse en defensa do sistema público de pensións

  • O sindicato esixe medidas para garantir a sustentabilidade das pensións públicas e a súa revalorización
26.06.2017.

A Federación de Pensionistas e Xubilados de Comisións Obreiras de Galicia (FPX-CCOO) chama a mobilizarse mañá martes, 27 de xuño, en defensa do sistema público de pensións. Para este efecto, o sindicato concentrouse hoxe diante da oficina de emprego de Vilagarcía de Arousa e convoca para mañá actos reivindicativos diante das sedes do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) de Ferrol, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense. As protestas serán ás 11 horas, agás en Ourense, onde será ás 12 horas.

CCOO convoca concentracións para o día 20

CCOO convoca concentracións en Galicia o día 20 en defensa das pensións

16.12.2016.

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO, ante a situación de alarma creada pola mingua do fondo de reserva da seguridade social, potenciada desde algunhas institucións, fai un chamamento á participación nas concentracións que convoca para o vindeiro martes, día 20 de decembro.

Os días 17, 18 e 19 de outubro

CCOO organiza en Pontevedra o XIV Seminario de Atención ás Persoas Maiores

09.10.2016.

​A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia organiza en Pontevedra o XIV Seminario de Atención ás Persoas Maiores. Esta interesante actividade terá lugar os días 17, 18 e 19 de outubro.

Cartel da homenaxe

CCOO homenaxeará en Vigo o sindicalista Waldino Varela

24.11.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) homenaxeará o vindeiro 2 de decembro a Waldino Varela Martínez. Este veterano sindicalista foi o primeiro secretario xeral comarcal de Vigo, un histórico do movemento sindical galego que realizou o seu labor nun tempo convulso en que homes e mulleres loitaban non só polos dereitos laborais, senón tamén pola democracia mesma.

O seminario terá lugar do 7 ao 9 de novembro

Lugo acolle o XV Seminario de Atención ás Persoas Maiores de CCOO de Galicia

03.11.2017.

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO organiza do 7 ao 9 de novembro o XV Seminario de Atención ás Persoas Maiores de CCOO, que nesta ocasión terá lugar no hotel Méndez Núñez, en Lugo.

Galicia ponse en marcha por pensións dignas

Galicia ponse en marcha por pensións dignas

  • O noso país súmase desde hoxe á mobilización estatal en defensa do sistema público de pensións, que culminará o vindeiro día 9 cunha manifestación en Madrid
02.10.2017.

Galicia xa se puxo en marcha en defensa dunhas pensións dignas. Desde hoxe, pensionistas de todo o país mobilízanse con CCOO e UGT en defensa do sistema público de pensións cunha marcha a pé que os levará ata Madrid, onde se manifestarán o vindeiro día 9 xunta compañeiras e compañeiros de todo o Estado. O inicio simbólico desta adhesión tivo lugar ás 11 horas, cunha multitudinaria asemblea fronte á sede central da Xunta, no complexo administrativo de San Caetano.

CCOO de Santiago-Barbanza apoia a reivindicación veciñal dun centro de día en Rianxo

07.09.2017.

A Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO manifesta o seu apoio á Plataforma "Centro de Día para Rianxo", e ofrece a súa colaboración en todo o que poida ser de utilidade. O sindicato explica que a atención á dependencia é un dos piares do estado do benestar e que os servizos públicos teñen que ser a prioridade para as Administracións públicas.

Presentación da proposta

CCOO pide que o antigo Hospital Xeral Cíes continúe a ser propiedade pública

  • O sindicato propón que sexa convertido en centro de atención especializada para persoas maiores en situación de dependencia
07.08.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) pide que o antigo Hospital Xeral Cíes, en Vigo, continúe a ser propiedade pública; neste senso, propón que sexa convertido en centro de atención especializada para persoas maiores en situación de dependencia. Precisamente, a iniciativa sindical chega unha década despois da aprobación da Lei 39/2006 para a autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia. Neste período, as expectativas depositadas no sistema víronse «truncadas» por culpa dos recortes, denunciaron hoxe representantes de CCOO.

Concentración na Coruña

CCOO esixe medidas a prol do sistema público de pensións

20.12.2016.

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO, ante a situación de alarma creada pola mingua do fondo de reserva da seguridade social, potenciada desde algunhas institucións, convocou este martes, día 20, concentracións en varias localidades.

Un momento da homenaxe en Sestás

CCOO homenaxeou na Guarda as vítimas do franquismo

14.10.2016.

Un ano máis, Comisións Obreiras homenaxeou cun acto civil no cemiterio de Sestás (A Guarda) as vítimas do campo de concentración de Camposancos.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia