Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO
  • Fundación Paz e Solidariedade

  • Esta fundación é unha organización non gobernamental para a cooperación, a asistencia internacional e a promoción da paz e a solidariedade entre os pobos, creada por CCOO en 1989. Consciente da dimensión mundial dos problemas, a Fundación actúa nos países en vías de desenvolvemento con programas de cooperación e axuda. Tamén o fai en España, tanto a través de accións de formación e sensibilización sobre a problemática do subdesenvolvemento e a interdependencia, como mediante a axuda e a asistencia aos asilados e refuxiados.

    Na Fundación Paz e Solidaridade priorizamos: a defensa dos dereitos laborais e sindicais, o traballo digno e con dereitos e o fortalecemento das organizacións sindicais

    Máis información en: http://www.pesgalicia.org/

 

  • Fundación 10 de Marzo

    Creada o 25 de xuño de 1991 polo Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, ao abeiro da Lei de fundacións de interese galego, é unha institución de carácter cultural que ten os seguintes obxectivos:

    Máis información en: http://www.f10m.org/

    • Organizar o Arquivo de Historia Sindical de Galicia.
    • Constituír un fondo bibliográfico e hemerográfico centrado nos diversos aspectos do mundo do traballo.
    • Promover o estudo e a investigación da historia do sindicalismo.
    • Contribuír á recuperación da memoria histórica contemporánea de Galicia.
    • Crear un centro de documentación e estudo sobre estes temas para facilitar o traballo dos especialistas.
    • Elaborar e subministrar información sobre calquera tema de interese para a clase traballadora.
    • Fomentar o coñecemento e a difusión da cultura sindical.
    • Fomentar o estudo e investigación no ámbito das ciencias sociais.
    • Participar, en colaboración con outras institucións científicas, académicas ou administrativas, na organización de actividades encamiñadas aos fins anteriores.