Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

No Sindicato Nacional de CCOO de Galicia organizámonos a partir da empresa -segundo o sector de produción ao que pertence- e por territorios -segundo onde se realiza a actividade laboral-. A nosa estrutura é, polo tanto, sectorial e territorial.

a) A estrutura sectorial integra os traballadores e traballadoras dende o seu lugar de traballo, atendendo a rama produtiva á que pertencen; establécese a seguinte graduación:

  • Sección sindical de empresa
  • Sindicato de rama comarcal
  • Federación de Galicia de rama
  • Federación estatal

En concreto, en Galicia existen as seguintes federacións de rama:

  • Construción e Servizos
  • Ensino
  • Industria
  • Pensionistas e Xubilados
  • Sanidade e Servizos Sociosanitarios
  • Servizos
  • Servizos á Cidadanía (FSC)

b) A estrutura territorial integra as traballadoras e traballadores consonte o criterio da localización do lugar de traballo, da maneira seguinte:

  • Unión Comarcal:
    • A Coruña
    • Ferrol
    • Lugo
    • A Mariña
    • Pontevedra
    • Arousa
    • Vigo
    • Santiago-Barbanza
    • Ourense-Valdeorras

c) A estrutura nacional confórmana o conxunto de federacións de rama e de organizacións territoriais que configuran, todas xuntas, o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia. Este, á vez, confedérase co resto de confederacións de nacionalidade e rexión e coas federacións estatais de rama na Confederación Sindical de CCOO. A Confederación estatal está afiliada á Confederación Europea de Sindicatos (CES) e á Confederación Sindical Internacional (CSI).

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia