Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a Comisións Obreiras
O persoal estivo arroupado por representantes sindicais, políticos e sociais

Concentración do persoal de Isowat fronte á Delegación do Goberno na Coruña

22.02.2019.

Este venres, 22 de febreiro, mobilizouse de novo na Coruña o persoal de Isowat. Arroupados por representantes sindicais, políticos e sociais, protestaron fronte á Delegación do Goberno para esixir a implicación do Executivo estatal.

O pasado luns tivo lugar a primeira protesta do persoal da Coruña

O persoal de DxC Technology mobilízase contra o desmantelamento do centro de traballo da Coruña

19.02.2019.

O comité de empresa de DxC Technology, integrado por CCOO e CIG, denuncia a situación pola que está a atravesar o centro de traballo da Coruña. Desde hai máis de cinco anos, prodúcese o «desmantelamento» dun centro que chegou a ter máis de trescentas persoas. Porén, debido á «mala xestión da dirección», fóronse perdendo servizos que se prestaban desde a cidade herculina.

Un momento da conferencia de prensa

CCOO alerta de que A Coruña pode converterse nun «deserto industrial»

29.01.2019.

A Federación de Industria de CCOO de Galicia alerta de que a comarca da Coruña pode converterse nun «deserto industrial». Así o fixeron constar os voceiros do sindicato nunha conferencia de prensa na que estiveron acompañados por traballadores de empresas en dificultades como MASA Galicia (contratista de Meirama), Isowat Made, Alcoa e Hércules de Armamento.

Un momento das votacións do referendo

O persoal de Alcoa apoia de xeito masivo o acordo previo logrado pola comisión negociadora

  • A participación no referendo superou o 91 %; nove de cada dez votos foron a prol do acordo
  • Manifestación na Coruña o 24 de xaneiro para esixir un marco enerxético estable
22.01.2019.

Tanto en Galicia como en Asturias, o persoal de Alcoa apoiou de xeito masivo nun referendo o acordo previo ao que a comisión negociadora chegou a pasada semana en Madrid. No caso da Coruña, o 90,54 % dos votos (316) foron a prol do pacto, mentres que só o 6,3 % foron en contra (os restantes votos foron en branco ou nulos). CCOO salienta a lexitimidade do resultado do referendo, xa que a participación foi superior ao 91 %.

Concentracións mañá martes, 15 de xaneiro

CCOO chama a participar o martes nas concentracións feministas contra a ameaza da extrema dereita

  • Terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!»
14.01.2019.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) chama a participar mañá martes, 15 de xaneiro, nas concentracións convocadas polo movemento feminista contra a ameaza da extrema dereita. As mobilizacións terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!».

Cartel anunciando a manifestación do domingo

O persoal de Alcoa protesta en Madrid para esixir solucións

  • A Policía tentou impedir a concentración diante do Ministerio de Industria
  • Nova manifestación na Coruña o domingo, día 13
08.01.2019.

Traballadoras e traballadores de Alcoa desprazáronse a Madrid para participar nunha manifestación na que esixir solucións que permitan a continuidade da actividade e do emprego nas factorías da Coruña e de Avilés (esta, en Asturias), ameazadas de peche pola multinacional estadounidense. A marcha transcorreu sen incidentes, exceptuando algúns momentos de tensión por mor da actuación policial, que tentou impedir unha concentración diante do Ministerio de Industria.

Folga en Emesa para esixir o pagamento dos salarios

19.12.2018.

O persoal de Elaborados Metálicos (Emesa), no concello coruñés de Coirós, iniciou hoxe a primeira de dúas xornadas de folga para esixir o pagamento dos salarios. O seguimento da convocatoria foi do 100 %.

Nova manifestación polas rúas da Coruña

Nova manifestación do persoal de Alcoa-A Coruña

  • O mércores 19, nova mobilización, desta vez desde Ribadeo e Castropol ata A Veiga
15.12.2018.

O persoal de Alcoa na Coruña volveunse manifestar o venres en defensa dos postos de traballo na factoría de aluminio coruñesa. Nesta mobilización contaron coa participación dunha representación da planta asturiana de Avilés, tamén ameazada co peche.

Manifestación do persoal de Isowat a pasada semana na Coruña

O Ministerio de Industria xa ten as achegas de CCOO sobre o estatuto da industria electrointensiva

  • O sindicato agarda que se aprobe «decontado» o paquete de medidas que remate cunha incerteza «que dura demasiados anos»
19.02.2019.

CCOO remitiulle ao Ministerio de Industria as súas achegas sobre o estatuto da industria electrointensiva, que en Galicia inclúe importantes empresas como Alcoa, Isowat ou Ferroatlántica. O sindicato agarda que se aprobe «decontado» o paquete de medidas asociado, de tal xeito que remate unha incerteza «que dura demasiados anos» e permita mellorar a competitividade do sector.

Imaxe da protesta no porto de Vigo

O persoal de Alcoa protesta contra a importación de aluminio

02.02.2019.

O persoal de Alcoa protestou este sábado en Vigo e Vilagarcía de Arousa contra a importación de aluminio. Segundo informaron, a cantidade de metal que chega doutros países é practiacamente a mesma que se produce nas plantas da Coruña e de Avilés, que a multinacional estadounidense pretende pechar.

Á esquerda, Alfonso Quintana nunha imaxe de arquivo; á dereita, Enrique Veira

CCOO lamenta o falecemento dos compañeiros Enrique Veira e Alfonso Quintana

  • Históricos do sindicato na comarca da Coruña e militantes xa desde a clandestinidade
23.01.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia lamenta o falecemento dos compañeiros Enrique Veira e Alfonso Quintana. Ambos os dous eran históricos do sindicato na comarca da Coruña, militantes xa desde a clandestinidade.

Á esquerda, anuncio do acordo previo; á dereita, protesta onte en Madrid para esixir solucións

Acordo previo para manter o emprego en Alcoa ata o 30 de xuño

  • Os comités de empresa da Coruña e de Avilés instan o Goberno de España a garantir os postos de traballo e a actividade despois desa data
16.01.2019.

Na madrugada deste mércores, a comisión negociadora chegou a un acordo previo para manter o emprego nas plantas de Alcoa da Coruña e de Avilés ata o 30 de xuño, á espera de que apareza algún comprador para ambas as factorías. Os comités de empresa instan agora o Goberno de España a garantir os postos de traballo e a actividade despois desa data.

Cartel anunciando a manifestación do domingo

O domingo 13, manifestación na Coruña en defensa do emprego en Alcoa

11.01.2019.

O persoal de Alcoa-A Coruña convida a cidadanía a participar na manifestación convocada para o domingo, 13 de xaneiro, en defensa do emprego na factoría de aluminio. A marcha partirá ás 12 da praza da Palloza e rematará diante da Delegación do Goberno, na praza de Ourense.

Barcos de pesca | Foto: pixabay

Comisións Obreiras, «de loito» polas catro mortes producidas en dous afundimentos

20.12.2018.

Comisións Obreiras, «de loito» polas catro mortes producidas en dous afundimentos. Ambos os sinistros aconteceron nas últimas horas. Primeiro foi o cerqueiro 'Sin Querer Dos' e a pasada madrugada o pesqueiro 'Silvosa'. O sindicato trasmite aos feridos e ás familias das vítimas a súa solidariedade e afecto, ao tempo que pide unha investigación «áxil e rigorosa» que permita determinar as causas e evitar que se produzan novas traxedias.

O persoal de Alcoa en Galicia e Asturias esixe solucións

Galicia e Asturias únense en defensa do emprego en Alcoa

  • A marcha partiu das dúas marxes do río Eo e confluíu na localidade asturiana da Veiga, limítrofe coa provincia de Lugo
19.12.2018.

Este mércores, 19 de decembro, Galicia e Asturias protagonizaron unha manifestación conxunta en defensa dos postos de traballo en Alcoa, tanto nas factorías da Coruña como de Avilés, ameazadas de peche pola multinacional estadounidense.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: