Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO
CCOO esixe salarios mínimos de polo menos 14.000 euros anuais, como recolle o IV AENC

CCOO-Industria convoca para mañá folga no sector téxtil contra os salarios inferiores a 14.000 euros anuais

  • «Despois de asinarmos o AENC, non apoiaremos un convenio que non chegue a eses mínimos», explican desde o sindicato
18.07.2018.

A Federación de Industria de Comisións Obreiras convoca en solitario para mañá xoves, día 19 de xullo, unha folga de alcance estatal no téxtil. Con esta medida, o sindicato pretende chamar a atención sobre os «soldos de miseria» que cobran as mulleres, que representan inmensa maioría do persoal deste sector. A principal reivindicación sindical é chegar a un soldo mínimo de 14.000 euros anuais, tal como recolle o IV Acordo de Emprego e Negociación Colectiva (AENC), asinado a comezos deste mes.

Fotografía de arquivo dunha manifestación de Correos en Galicia

CCOO iniciou en Santiago de Compostela as mobilizacións contra os recortes en Correos

  • A maioría sindical continuará coas mobilizacións ata final de ano, cando se prevén varias xornadas de folga se o Goberno central non rectifica
05.07.2018.

Comisións Obreiras (CCOO), sindicato maioritario en Correos, iniciou hoxe en Santiago de Compostela as mobilizacións contra os recortes no operador postal público. Esta mañá, ducias de traballadores e traballadoras concentráronse na capital galega diante da dirección da zona 1 de Correos. Alí procedeuse á lectura e entrega dun manifesto coas reivindicacións do persoal, entre as que destacan a defensa do servizo público e a esixencia dun novo acordo laboral.

Fábrica de Nueva Pescanova en Arteixo, a antiga Bajamar Séptima | Foto: Google Street View

Pescanova manipula o servizo de prevención para despedir traballadores

  • O comité da antiga Bajamar Séptima denuncia a alteración «á carta» dun informe médico para despedir un traballador
25.06.2018.

O comité de empresa de Nueva Pescanova SLU Centro Industrial de Arteixo, antiga Bajamar Séptima, denuncia que a empresa manipula o servizo de prevención para despedir traballadores. A representación legal do persoal cita o caso recente dun traballador despedido tras facerlle pasar un recoñecemento médico.

Cartel das mobilizacións

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia mobilízase o 8 de maio contra a LOMCE e os recortes

  • Os orzamentos estatais do 2018 propoñen destinar á educación só o 3,8 % do PIB, niveis similares aos de hai máis dun cuarto de século
07.05.2018.

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, integrada por CCOO-Ensino, FESP-UGT, CONFAPA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva, convida a toda a comunidade educativa a secundar as mobilizacións previstas para o vindeiro 8 de maio contra a LOMCE e os recortes.

Posto de información de CCOO-Xuventude no campus universitario de Elviña (A Coruña)

CCOO-Xuventude informa o estudantado sobre as prácticas e a fraude laboral

20.04.2018.

CCOO-Xuventude está estes días a informar o estudantado sobre as prácticas e a fraude laboral, para que mozas e mozos coñezan tanto os seus dereitos como as obrigas que teñen as empresas cando recorren a figuras como as dos bolseiros e bolseiras ou aprendices.

CCOO-Ensino anima a aproveitar esta «oportunidade»

CCOO-Ensino explicará as oposicións docentes ao alumnado universitario de todos os campus galegos

  • O sindicato anima a aproveitar a «oportunidade» que representa a oferta pública de emprego do período 2018-2020
19.04.2018.

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia explicará as oposicións docentes ao alumnado universitario de todos os campus galegos. As charlas informativas daranse a vindeira semana; con elas, o sindicato procura aclarar dúbidas sobre o acceso á función pública docente tras os cambios que introduciu recentemente o real decreto de acceso.

Cartel chamando ás mobilizacións

CCOO e UGT chaman á mobilización este domingo nas cidades e vilas galegas para demandar unhas pensións dignas

  • Concentracións e manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Foz, Ourense, O Barco, Vilagarcía, O Grove, Pontevedra e Vigo
12.04.2018.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia chaman a cidadanía a participar o próximo domingo, día 15, nas mobilizacións convocadas nas cidades e vilas galegas para demandar unhas pensións dignas. Afirman que o Goberno debe rectificar e revalorizar as pensións para garantir o seu poder adquisitivo e a viabilidade do sistema público de pensións.

CCOO e UGT salientan o carácter «histórico» da folga de hoxe

CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións

  • Masivo seguimento dos paros de dúas horas, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Tamén participación masiva nas mobilizacións da mañá
08.03.2018.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00). As secretarias da muller de UGT e CCOO, Mónica Rodríguez e Mamen Sabio, respectivamente, piden que a participación tamén sexa «masiva» na derradeira quenda da folga (entre as 19:30 e as 21:30), así como nas manifestacións convocadas polo movemento feminista galego para este serán.

Concentración fronte á delegación da Xunta na Coruña

O persoal de Isowat esixe a implicación da Xunta no proceso concursal

06.07.2018.

Traballadores de Isowat Made, apoiados por CCOO, concentráronse esta mañá diante da sede da Xunta na Coruña. Alí esixiron a implicación da Consellaría de Industria no proceso concursal, co obxectivo de manter os postos de traballo.

Mobilizacións no comercio vario da Coruña e do comercio téxtil de Ourense no primeiro día de rebaixas

  • «As rebaixas, nos prezos, non nos nosos dereitos», advirten os sindicatos
27.06.2018.

O sector do comercio vario da provincia da Coruña e o comercio téxtil da provincia de Ourense mobilizaranse o próximo venres, día 29 de xuño, cadrando co inicio das rebaixas. Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG, que promoven as mobilizacións, denuncian que as patronais de ambos os dous sectores pretenden «condenar» os traballadores e traballadoras «a salarios conxelados ou de miseria». «As rebaixas, nos prezos, non nos nosos dereitos», advirten.

CCOO, UGT e CIG convocan asembleas o martes, 29 de maio, para o persoal do comercio vario da provincia da Coruña

  • Os sindicatos rexeitan a pretensión da patronal de eliminar o dereito das traballadoras e traballadores a cobraren o salario íntegro en casos de incapacidade temporal
28.05.2018.

CCOO, CIG e UGT rexeitan as pretensións da patronal do comercio vario da provincia da Coruña de recortar dereitos na negociación do novo convenio. Os sindicatos salientan especialmente a teima das empresas do sector en eliminar o dereito do persoal a cobrar o salario íntegro en casos de incapacidade temporal. O aspecto salarial tamén é relevante, xa que os soldos non se actualizan desde xuño do 2015 e a oferta empresarial é só do 1 %, sen incluír atrasos de anos anteriores.

Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña

Milleiros de persoas saen ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de Maio

  • Os secretarios xerais dos dous sindicatos afirmaron que para a clase traballadora é «tempo de gañar» dereitos laborais e sociais recortados durante os anos da crise
01.05.2018.

Milleiros de persoas saíron este martes ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de Maio baixo lema «Tempo de gañar». Precisamente, os secretarios xerais das dúas organizacións, Ramón Sarmiento e José Antonio Gómez, respectivamente, lembraron que para a clase traballadora é «tempo de gañar» dereitos laborais e sociais recortados durante os anos da crise. Desde Vigo, Gómez e Sarmiento reclamaron mellor emprego, maiores salarios, pensións dignas e máis igualdade.

Asembleas de CCOO

CCOO convoca asembleas previas ao Día da Saúde Laboral e o Primeiro de Maio

  • Haberá tamén concentracións pola negociación colectiva e contra os abusos das mutuas de traballo
20.04.2018.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia convoca asembleas previas ao Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo (28 de abril) e o Primeiro de Maio. Após algunhas das asembleas haberá tamén concentracións en defensa da negociación colectiva e contra os abusos das mutas de traballo.

CCOO-Servizos obtén toda a representación nas eleccións de Novotec na Coruña

17.04.2018.

A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO conseguiu toda a representación (tres delegadas) nas eleccións de Novotec na Coruña. Esta empresa pertence ao grupo APPLUS e dedícase a desenvolver solucións integrais nas áreas de xestión de calidade e procesos, medio ambiente e sustentaibilidade, seguridade e saúde laboral.

Pancarta da manifestación de Ourense, onde estiveron os secretarios xerais de CCOO e UGT

CCOO e UGT convocaron en toda Galicia mobilizacións «en confluencia» para defender as pensións

  • Por unhas pensións dignas, pola recuperación do seu poder adquisitivo e contra a «miserable» suba do 0,25 %
  • Os secretarios xerais de CCOO e UGT, Ramón Sarmiento e José Antonio Gómez, participaron na manifestación de Ourense
17.03.2018.

Pensionistas e xubilados do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e de UGT-Galicia convocaron este sábado mobilizacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Foz, Ribeira, O Grove e O Barco de Valdeorras. Nestas protestas confluiron con outras organizacións, nomeadamente asociacións de persoas pensionistas, para demandar prestacións dignas e a recuperación do poder adquisitivo das pensións e mais denunciar a «miserable e irrisoria» suba do 0,25 %.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: