Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO
Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña

Milleiros de persoas saen ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de Maio

  • Os secretarios xerais dos dous sindicatos afirmaron que para a clase traballadora é «tempo de gañar» dereitos laborais e sociais recortados durante os anos da crise
01.05.2018.

Milleiros de persoas saíron este martes ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de Maio baixo lema «Tempo de gañar». Precisamente, os secretarios xerais das dúas organizacións, Ramón Sarmiento e José Antonio Gómez, respectivamente, lembraron que para a clase traballadora é «tempo de gañar» dereitos laborais e sociais recortados durante os anos da crise. Desde Vigo, Gómez e Sarmiento reclamaron mellor emprego, maiores salarios, pensións dignas e máis igualdade.

Pancarta da manifestación de Ourense, onde estiveron os secretarios xerais de CCOO e UGT

CCOO e UGT convocaron en toda Galicia mobilizacións «en confluencia» para defender as pensións

  • Por unhas pensións dignas, pola recuperación do seu poder adquisitivo e contra a «miserable» suba do 0,25 %
  • Os secretarios xerais de CCOO e UGT, Ramón Sarmiento e José Antonio Gómez, participaron na manifestación de Ourense
17.03.2018.

Pensionistas e xubilados do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e de UGT-Galicia convocaron este sábado mobilizacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Foz, Ribeira, O Grove e O Barco de Valdeorras. Nestas protestas confluiron con outras organizacións, nomeadamente asociacións de persoas pensionistas, para demandar prestacións dignas e a recuperación do poder adquisitivo das pensións e mais denunciar a «miserable e irrisoria» suba do 0,25 %.

CCOO chama a facer da folga un éxito

CCOO e UGT chaman a cidadanía galega a secundar a folga de dúas horas por quenda este 8M e a participar nas mobilizacións convocadas

  • O 8 de Marzo ten que converterse nunha xornada de loita contra a precariedade laboral das mulleres, a brecha salarial e o acoso e a violencia de xénero
07.03.2018.

As comisións executivas do Sindicato Nacional de CCOO e UGT-Galicia chaman a cidadanía galega a secundar a folga de dúas horas por quenda convocada para mañá, día 8 de Marzo, contra a brecha salarial, a precariedade laboral das mulleres e o acoso e a violencia de xénero.

CCOO logra un acordo xudicial con Arriva para recolocar un traballador

CCOO logra un acordo xudicial con Arriva para recolocar un traballador

  • O pacto chegou no primeiro xuízo impulsado por un traballador que perdera o emprego pola non subrogación
25.01.2018.

O sector de estradas da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia logra un acordo xudicial con Arriva, e recolocará un traballador despedido. Sucedeu no primeiro xuízo impulsado por un traballador que perdera o emprego tras a reestruturación das liñas de autobús aprobada pola Xunta meses atrás. O sindicato congratúlase de que a empresa cambiara de postura e accedera á readmisión do afectado.

Concentración fronte aos Xulgados de Ferrol

Seguimento do 90% da xornada de folga na Xustiza

13.12.2017.

As sete organizacións sindicais que convocan a folga da Xustiza, entre elas CCOO, informan de que o seguimento da convocatoria foi de case o 90%. Por cidades, o maior seguimento deuse en Pontevedra, onde case o 95% do persoal secundou os paros. Na Coruña, Ourense e Vigo tamén se superou amplamente o 90% de participación.

Concentración na praza da Quintana, en Santiago de Compostela

Milleiros de voces berraron en Galicia «lumes, nunca máis»

  • CCOO e UGT critican a mala planificación da Xunta de Galicia en materia contra incendios
17.10.2017.

Milleiros de persoas participaron nas ducias de concentracións convocadas para o serán do luns en toda Galicia. En todas as cidades e en numerosas vilas houbo concentracións e mesmo manifestacións. Unha das consignas máis repetidas foi a de «lumes, nunca máis», xunto con berros de «dimisión» dirixidos a diferentes cargos da Xunta, especialmente o presidente.

CCOO mobilizarase a prol das áreas sanitarias

CCOO maniféstase en defensa das áreas sanitarias

  • Alerta do risco de privatización pois, con menos medios nos hospitais comarcais, «a alternativa será desprazarse a Lugo, Ourense ou Pontevedra, incluso acudir a centros privados»
  • Manifestacións: 29 de setembro (O Salnés), 30 de setembro (O Barco), 5 de outubro (A Mariña) e 8 de outubro (Monforte)
30.09.2017.

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras secunda as manifestacións convocadas en todo o país contra a reforma da lei de saúde de Galicia. O sindicato xa ten manifestado en diversas ocasións a súa oposición a este proxecto, que suprimirá varias áreas sanitarias e mesmo abre de par en par as portas da privatización. O secretario xeral de CCOO-Sanidade, Ángel Cameselle, advirte que, con menos medios nos hospitais comarcais, «a alternativa será desprazarse a Lugo, Ourense ou Pontevedra, incluso acudir a centros privados».

Os responsables do sindicato reuníronse coa afiliación en Viveiro

Asemblea aberta en Viveiro coa afiliación de CCOO

20.06.2017.

O local sindical de Viveiro acolleu no serán do luns unha asemblea aberta á afiliación de CCOO da Mariña. O secretario xeral comarcal, Marcelo Quintela, conduciu este encontro, no que integrantes da nova dirección do sindicato en Galicia expuxeron o seu plan de traballo e a proposta de unidade de acción dos sindicatos no noso país.

Cartel chamando ás mobilizacións

CCOO e UGT chaman á mobilización este domingo nas cidades e vilas galegas para demandar unhas pensións dignas

  • Concentracións e manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Foz, Ourense, O Barco, Vilagarcía, O Grove, Pontevedra e Vigo
12.04.2018.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia chaman a cidadanía a participar o próximo domingo, día 15, nas mobilizacións convocadas nas cidades e vilas galegas para demandar unhas pensións dignas. Afirman que o Goberno debe rectificar e revalorizar as pensións para garantir o seu poder adquisitivo e a viabilidade do sistema público de pensións.

CCOO e UGT salientan o carácter «histórico» da folga de hoxe

CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións

  • Masivo seguimento dos paros de dúas horas, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Tamén participación masiva nas mobilizacións da mañá
08.03.2018.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00). As secretarias da muller de UGT e CCOO, Mónica Rodríguez e Mamen Sabio, respectivamente, piden que a participación tamén sexa «masiva» na derradeira quenda da folga (entre as 19:30 e as 21:30), así como nas manifestacións convocadas polo movemento feminista galego para este serán.

Imaxe da manifestación de Vigo

Pensionistas e xubilados de CCOO e UGT volveron saír ás rúas para esixir pensións dignas

  • Esixen a recuperación do poder adquisitivo das pensións e rexeitan a «miserable» suba do 0,25 %
01.03.2018.

Pensionistas e xubilados do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e de UGT-Galicia protagonizaron este xoves protestas na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Foz, Viveiro, Ourense, O Barco de Valdeorras, Pontevedra e Vigo para denunciar a «miserable» suba das pensións de só o 0,25 %.

Pancarta da concentración da Coruña

Concentracións en defensa da sanidade pública

25.01.2018.

A plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte CCOO, convocou concentracións o mércores 24 en defensa do sistema sanitario público. Desde a plataforma rexeitan a Lei de saúde pública de Galicia imposta pola Xunta, que provocará a desaparición de varias áreas sanitarias e prexudicará a atención.

CCOO esixe a homologación das condicións laborais nas tendas de Inditex | Foto: JWPhotography2012 (F

CCOO-Servizos considera «insuficiente» o complemento salarial anunciado por Inditex para Lugo e Ourense

  • O sindicato sostén que non hai unha verdadeira negociación nin equiparación das condicións laborais destas provincias coas restantes
11.12.2017.

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia cualifica de «insuficiente» o complemento salarial anunciado por Inditex para equiparar as condicións das tendas de Lugo e Ourense coas doutras provincias. O sindicato afirma que o complemento non foi negociado, senón que o importe o decidiu unilateralmente a empresa. Ademais, non equipara realmente as condicións laborais entre os diferentes centros de traballo nin se achega ás peticións de CCOO.

Na fotografía, manifestación do Salnés

A cidadanía sae ás rúas pola continuidade das áreas sanitarias

06.10.2017.

​Nas comarcas do Salnés, Valdeorras e A Mariña, a poboación saíu de xeito masivo á rúa para defender o actual mapa galego de áreas sanitarias. Outro tanto se prevé que aconteza o próximo domingo en Monforte de Lemos. CCOO apoia estas manifestacións e rexeita o proxecto de Lei de saúde pública de Galicia. O sindicato entende que a iniciativa, do PP, abre as portas de par en par á privatización.

Marcha a pé do persoal de Alcoa-San Cibrao desde Cervo ata Viveiro

Marcha a pé do persoal de Alcoa-San Cibrao para esixir a readmisión dun compañeiro

  • O traballador, empregado da auxiliar Reymogasa, foi despedido após sufrir un accidente laboral
15.09.2017.

O persoal de Alcoa-San Cibrao protagonizou esta mañá unha marcha a pé desde Cervo ata Viveiro, onde se concentraron fronte aos Xulgados. Con esta acción esixiron a readmisión dun empregado da auxiliar Reymogasa, despedido após sufrir un accidente laboral.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia