Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO
O seminario ten lugar en Vilagarcía de Arousa entre hoxe e o mércores

Vilagarcía de Arousa acolle ata o mércores o XVI Seminario de Atención ás Persoas Maiores que organiza CCOO

10.06.2019.

Vilagarcía de Arousa acolle entre o luns e o mércores desta semana o XVI Seminario de Atención ás Persoas Maiores que organiza Comisións Obreiras. Ao longo das tres xornadas abordaranse cuestións como a garantía de futuro das pensións públicas, a brecha de xénero nestas prestacións, a atención á dependencia ou a calidade de vida e benestar das persoas maiores.

Pancarta da manifestación central, na Coruña

Milleiros de persoas reclamaron nas rúas galegas que se mire polas súas necesidades e políticas que afronten as carencias sociais

02.05.2019.

Milleiros de persoas, convocadas por CCOO e UGT, saíron ás rúas das cidades e vilas galegas para celebrar este Primeiro de Maio. A cidadanía galega demandou nesta data que "primeiro as persoas" e a necesidade de que o novo Goberno acometa un cambio de políticas co obxecto de garantir máis dereitos, máis igualdade e máis cohesión.

CCOO recolle sinaturas contra a pobreza enerxética

Pensionistas de CCOO recollen hoxe sinaturas contra a pobreza enerxética

06.02.2019.

Membros da Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia recollen hoxe sinaturas contra a pobreza enerxética. Para este efecto, instalarán postos informativos en localidades como Ourense, Vilagarcía de Arousa, Ferrol ou Pontevedra.

Barcos de pesca | Foto: pixabay

Comisións Obreiras, «de loito» polas catro mortes producidas en dous afundimentos

20.12.2018.

Comisións Obreiras, «de loito» polas catro mortes producidas en dous afundimentos. Ambos os sinistros aconteceron nas últimas horas. Primeiro foi o cerqueiro 'Sin Querer Dos' e a pasada madrugada o pesqueiro 'Silvosa'. O sindicato trasmite aos feridos e ás familias das vítimas a súa solidariedade e afecto, ao tempo que pide unha investigación «áxil e rigorosa» que permita determinar as causas e evitar que se produzan novas traxedias.

Piquete informativo de CCOO, xa a primeiras horas da mañá

Seguimento masivo da folga no sector de elaborados do mar

22.10.2018.

CCOO celebra o «seguimento masivo» da primeira xornada de folga no sector de elaborados do mar, que alcanza de media o 90 % e, no caso das principais empresas, o paro é «absoluto». A folga tivo especial incidencia en Galicia, onde se concentra o groso do sector. As cifras de seguimento tamén foron mellores que na media estatal, onde se situou no 75 %.

Continúan as mobilizacións en defensa das pensións

CCOO e UGT convocan concentracións para que se garantan os dereitos das persoas maiores

  • Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, ambos os dous sindicatos esixen a revalorización das prestacións para combater o empobrecemento dos pensionistas
28.09.2018.

Co gallo do Día Internacional das Persoas Maiores, CCOO e UGT convocan a próxima semana concentracións en todo o Estado. En Galicia terán lugar o martes, 2 de outubro. Con esta acción, ambos os sindicatos denuncian que as medidas adoptadas para combater a crise só axudaron a empobrecer amplos sectores da poboación, especialmente as persoas de máis idade.

O novo convenio terá vixencia os anos 2018 e 2019

Asinado o convenio colectivo de comercio de materiais de construción e saneamento da provincia de Pontevedra

08.05.2018.

Tras cinco reunións da mesa negociadora, a comezos deste mes asinouse o convenio colectivo de comercio de materiais de construción e saneamento da provincia de Pontevedra, que terá vixencia nos anos 2018 e 2019.

Cartel chamando ás mobilizacións

CCOO e UGT chaman á mobilización este domingo nas cidades e vilas galegas para demandar unhas pensións dignas

  • Concentracións e manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Foz, Ourense, O Barco, Vilagarcía, O Grove, Pontevedra e Vigo
12.04.2018.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia chaman a cidadanía a participar o próximo domingo, día 15, nas mobilizacións convocadas nas cidades e vilas galegas para demandar unhas pensións dignas. Afirman que o Goberno debe rectificar e revalorizar as pensións para garantir o seu poder adquisitivo e a viabilidade do sistema público de pensións.

Sede da Deputación de Pontevedra | Foto: Wikipedia

CCOO revalida a maioría absoluta na Deputación de Pontevedra

31.05.2019.

Comisións Obreiras (CCOO) revalidou a maioría absoluta nas eleccións sindicais da Deputación de Pontevedra e foi o sindicato máis votado tanto polo persoal funcionario como polo persoal laboral. As candidaturas de CCOO lograron o 66,67 % da representación, a moita distancia do 26,67 % alcanzado polo segundo sindicato.

CCOO e UGT convocan manifestacións en toda Galicia o Primeiro de Maio

CCOO e UGT chaman á mobilización o Primeiro de Maio para reforzar a loita contra a precariedade e a desigualdade

  • Os dous sindicatos convocan varias manifestacións en Galicia baixo o lema «Primeiro as persoas»
30.04.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e a Unión Xeral de Traballadores de Galicia fan un chamamento á mobilización o Primeiro de Maio para reforzar a loita contra a precariedade e a desigualdade. Os dous sindicatos convocan varias manifestacións na comunidade autónoma baixo o lema «Primeiro as persoas», coa intención de «encher as rúas a favor do emprego de calidade» e instar á conformación dun Goberno no Estado que aborde «con urxencia» unha axenda social. Nesta xornada reivindicativa, os secretarios xerais de ambas as organizacións participarán na marcha convocada na Coruña.

Imaxe da protesta no porto de Vigo

O persoal de Alcoa protesta contra a importación de aluminio

02.02.2019.

O persoal de Alcoa protestou este sábado en Vigo e Vilagarcía de Arousa contra a importación de aluminio. Segundo informaron, a cantidade de metal que chega doutros países é practiacamente a mesma que se produce nas plantas da Coruña e de Avilés, que a multinacional estadounidense pretende pechar.

Os sindicatos esixen un convenio xusto

Éxito tamén na segunda xornada de folga de elaborados do mar

  • CCOO denuncia coaccións das empresas e reproba a intervención policial na empresa Cabomar, onde actuou «man con man» coa empresa
31.10.2018.

A Federación de Industria de CCOO de Galicia cualifica de «éxito» a segunda xornada de folga no sector de elaborados do mar. Trátase dunha «exhibición de forza e de dignidade», malia todas as dificultades. Canto aos incidentes rexistrados, CCOO denuncia coaccións de responsables dalgunhas empresas e, particularmente, reproba a intervención policial na empresa Cabomar, onde actuou «man con man» coa empresa.

Asinado o preacordo do convenio do comercio de metal da provincia de Pontevedra

  • Establécese a obriga de aplicar o convenio a aquelas empresas multiservizos que traballen no sector
  • Importantes melloras nos aspectos económicos e sociais
19.10.2018.

Despois dun longo proceso, asinouse o preacordo do convenio do comercio de metal da provincia de Pontevedra, que levaba caducado desde o 2014. O principal atranco durante as negociacións foi a pretensión patronal de conxelar a antigüidade. Finalmente, chegouse a acordo neste punto, a cambio de actualizar a cantidade ao devindicado na data de publicación do convenio, máis un 6 % adicional no incremento salarial para todas as categorías.

Congreso extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa

O Congreso extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa terá lugar o 27 de xullo

14.06.2018.

O Congreso Extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa terá lugar o día 27 de xullo de 2018 e rexerase polas normas congresuais do 11.º Congreso Confederal aprobadas o 11 de xullo de 2016 e as do 11.º Congreso do S. N. de CCOO de Galicia, aprobadas polo Consello Nacional o 30 de setembro de 2016, ademais de polo anexo organizativo que se xunta ao final desta nota informativa.

Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña

Milleiros de persoas saen ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de Maio

  • Os secretarios xerais dos dous sindicatos afirmaron que para a clase traballadora é «tempo de gañar» dereitos laborais e sociais recortados durante os anos da crise
01.05.2018.

Milleiros de persoas saíron este martes ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de Maio baixo lema «Tempo de gañar». Precisamente, os secretarios xerais das dúas organizacións, Ramón Sarmiento e José Antonio Gómez, respectivamente, lembraron que para a clase traballadora é «tempo de gañar» dereitos laborais e sociais recortados durante os anos da crise. Desde Vigo, Gómez e Sarmiento reclamaron mellor emprego, maiores salarios, pensións dignas e máis igualdade.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: