Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!
Un momento da concentración de Santiago de Compostela

Folga e concentracións no primeiro día de curso en secundaria

  • Houbo cconcentracións ás 11:30 horas nas principais cidades e vilas
23.09.2020.

O sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), CIG, CSIF e STEG convocaron para este mércores folga e concentracións cadrando co primeiro día de curso en educación secundaria. Cómpre lembrar que a volta á actividade lectiva estaba prevista para o pasado día 16, pero a Xunta decidiu adialo tras a presión sindical e as dificultades para pór en marcha o seu propio protocolo.

Folga e mobilizacións no ensino público

Folga e concentracións no ensino o xoves, día 10 de setembro

09.09.2020.

O xoves, 10 de setembro, terá lugar a primeira das dúas xornadas de folga convocadas no ensino galego, cadrando co comezo do curso en educación infantil e primaria. Os sindicatos CCOO, CIG, CSIF e STEG, que contan co apoio das dúas confederacións de ANPAS e das organizacións estudantís, convocan concentracións ás 11:30 nas sete cidades e en varias localidades máis.

Pancarta da mobilización de Vigo

Galicia mobilizouse a prol dun pacto para unha reconstrución social do país que non deixe a ninguén atrás

29.06.2020.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia convocaron para a fin de semana oito mobilizacións coa reivindicación dun pacto para a reconstrución social do país e que non se deixe a ninguén atrás. Estas mobilizacións enmárcanse nunha campaña estatal que contará cincuenta concentracións e manifestacións so o lema «Imos saír».

Actos de CCOO polo 10 de Marzo

10 de Marzo: Día da Clase Obreira Galega

26.02.2020.

O próximo 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, CCOO manifestarase en Ferrol baixo o lema «Memoria de loita e traballo», coa que se porá o ramo a varias semanas de traballo sindical que incluíron diversos actos e asembleas en todas as comarcas.

CCOO, contra as violencias machistas

CCOO chama a participar nas concentracións contra o último asasinato machista

  • Hai convocadas máis de corenta concentracións para a tarde deste luns, 10 de febreiro
10.02.2020.

O Sindicato Nacional de CCOO en Galicia chama a participar nas concentracións convocadas para a tarde deste luns 10 de febreiro, para rexeitar o último asasinato machista, que tivo lugar en Lugo. CCOO reitera o seu rotundo e total rexeitamento ás violencias contra as mulleres, a expresión máis dramática e cruel das desigualdades materiais e culturais que persisten, dirixidas a atacar a liberdade, a seguridade, a autonomía das mulleres e a mantelas nunha inxusta situación de inferioridade.

CCOO é o primeiro sindicato en representación nas deputacións provinciais galegas

CCOO é o primeiro sindicato en representación nas deputacións provinciais galegas

  • Comisións Obreiras gañou as eleccións sindicais no conxunto do persoal laboral e funcionario e ten unha representación do 40 %, case o dobre que o segundo sindicato
22.01.2020.

Rematado o proceso de eleccións sindicais nas deputacións provinciais galegas, Comisións Obreiras (CCOO) revalida a súa condición de primeiro sindicato en representación. No conxunto do persoal laboral e funcionario, esta organización ten o 40 % de delegados e delegadas, case o dobre que o segundo sindicato.

Un momento da manifestación da Coruña

Galicia sae á rúa en solidariedade con Bolivia e a democracia

  • CCOO implicouse na organización destas mobilizacións, nas que se esixiu a restauración da democracia en Bolivia
21.11.2019.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) implicouse nas concentracións que houbo este xoves, 21 de novembro, en apoio ao pobo boliviano. O sindicato insiste en que o acontecido en Bolivia responde á definición de golpe de Estado, xa que o presidente lexítimo, Evo Morales, foi forzado polas forzas armadas a deixar o poder. Ao tempo, vulneráronse as normas legais para a sucesión, todo no medio dunha espiral de violencia e represión armada de calquera tipo de protesta.

Con CCOO sáenche as contas

A comisión paritaria do metal de Pontevedra aclara cuestións importantes sobre o convenio

  • Cálculo da nocturnidade, a licenza por nacemento de fillas ou fillos e a dispensa por xubilación parcial
18.10.2019.

O Sindicato Comarcal de Industria de CCOO-Vigo dirixiuse á comisión paritaria do metal de Pontevedra para lle solicitar aclaracións sobre algúns puntos importantes do convenio que están a ser obxecto de controversia con certas empresas. Na súa resposta, a dita comisión confirma que a interpretación do sindicato era a axeitada, polo que CCOO se dirixirá á parte empresarial para esixir o cumprimento do asinado, tendo como aval o pronunciamento do órgano encargado de interpretar o texto normativo.

A folga na conserveira arousá comezou este martes

Hoxe comezan seis xornadas de folga na conserveira Thenaisie Provoté

  • O comité de empresa insta a Xunta a se implicar na garantía dos postos de traballo
15.09.2020.

Hoxe comeza a primeira das seis xornadas de folga previstas na conserveira arousá Thenaisie Provoté, en proceso concursal e con centros de traballo no Grove e Mos. Os paros teñen lugar entre o martes e o xoves desta semana, ambos os dous incluídos, e en idénticos días da vindeira. Así mesmo, está prevista unha manifestación o domingo, día 20, que partirá ás 12 horas da Casa do Concello do Grove.

Un momento da manifestación do domingo

O Grove volveu saír á rúa para evitar o peche da conserveira Thenaisie Provoté

06.07.2020.

Unha multitudinaria manifestación volveu ateigar o domingo as rúas do Grove para evitar o peche da conserveira Thenaisie Provoté, inmersa nun proceso concursal. Desde CCOO esíxese a mediación da Xunta, que «non pode mirar para outro lado» e debe implicarse «para salvar o tecido industrial» de Galicia.

De esq. a der., Ramón Sarmiento, secretario xeral de CCOO, e J. A. Gómez, secretario xeral de UGT

Oito mobilizacións reivindicarán en Galicia un pacto para unha reconstrución social do país que non deixe a ninguén atrás

  • CCOO e UGT convocan para esta fin de semana sete concentracións e unha manifestación
25.06.2020.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia convocan oito mobilizacións para esta fin de semana coa reivindicación dun pacto para a reconstrución social do país e que non se deixe a ninguén atrás. Estas mobilizacións enmárcanse nunha campaña estatal que contará cincuenta concentracións e manifestacións so o lema «Imos saír». Tamén se redactou un manifesto, apoiado por personalidades do mundo social e da cultura de todo o Estado que se xuntaron para reivindicar un gran pacto para a reconstrución social dun país inmerso na crise causada pola pandemia da COVID-19.

Na imaxe, asemblea do sector do metal o pasado mes de xaneiro

CCOO aproba a plataforma reivindicativa para o convenio do metal da provincia de Pontevedra

  • Os sindicatos presentes na mesa de negociación presentarán cadansúa plataforma na xuntanza do vindeiro 20 de febreiro
14.02.2020.

As delegadas e delegados de CCOO no sector do metal da provincia de Pontevedra aprobaron na reunión do xoves, 13 de febreiro, a plataforma reivindicativa que este sindicato levará á mesa de negociación. A dita mesa reunirase o vindeiro 20 de febreiro, e cada organización presentará a súa plataforma para o convenio provincial.

Concentracións este luns contra o primeiro asasinato machista do ano en Galicia

27 de xaneiro: máis de trinta concentracións para rexeitar o asasinato machista da Pastoriza

  • Nas sete cidades e en numerosas vilas
27.01.2020.

O movemento feminista galego, do que forma parte o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, convoca para a tarde deste luns, 27 de xaneiro, máis de trinta concentracións en todo país. Con estas protestas quérese rexeitar o asasinato machista cometido o sábado no concello lugués da Pastoriza, o primeiro no que vai de ano.

Na fotografía pódense apreciar as humidades e a placa retirada do falso teito

CCOO denuncia o «lamentable» estado do centro de saúde de Vilanova de Arousa

  • O sindicato chama a atención sobre as inundacións e a progresiva deterioración das instalacións
29.11.2019.

A Federación de Sanidade de CCOO denuncia o «lamentable» estado do centro de saúde de Vilanova de Arousa. O sindicato, que documenta fotograficamente a súa queixa, chama a atención sobre as inundacións e a progresiva deterioración das instalacións.

Xornada reivindicativa do persoal da sanidade galega

O persoal sanitario protestou á porta dos hospitais para esixir o aumento de nivel profesional e retributivo

  • A Federación de Sanidade de CCOO iniciou hai meses unha campaña reivindicativa para que o Goberno do Estado revise o sistema de cualificacións e clasificación profesional no ámbito
06.11.2019.

O persoal sanitario galego protestou hoxe á porta dos hospitais para esixir o aumento de nivel profesional e retributivo. A Federación de Sanidade de CCOO iniciou hai meses unha campaña reivindicativa de alcance estatal para que o Goberno central revise o sistema de cualificacións e clasificación profesional no ámbito.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: