Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a Comisións Obreiras
Captura de pantalla da páxina web do programa 'Ben Empregado'

CCOO pídelle á Deputación de Lugo información sobre o programa 'Ben Empregado'

05.02.2019.

A Unión Comarcal de CCOO de Lugo rexistrou un escrito perante a Deputación provincial solicitándolle información sobre o programa 'Ben Empregado', que prevé actuacións para mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción no ámbito laboral das persoas desempregadas.

Carteis de CCOO de Galicia pola campaña contra o uso de falsos autónomos en Servicarne

O Grupo SADA rescinde con Servicarne e incorpora ao cadro de persoal 125 falsos autónomos dun matadoiro lugués

  • CCOO salienta que se trata dun «novo éxito» da campaña sindical contra os falsos autónomos no sector cárnico
31.01.2019.

O Grupo SADA, un dos principais matadoiros de polos de toda España, rescinde o contrato con Servicarne e incorpora ao seu cadro de persoal 125 falsos autónomos que operaban no seu matadoiro de Castro de Ribeiras de Lea, no concello lugués de Castro de Rei. Deste xeito, SADA súmase á lista de empresas do sector cárnico que deixan de utilizar esta figura.

Concentracións mañá martes, 15 de xaneiro

CCOO chama a participar o martes nas concentracións feministas contra a ameaza da extrema dereita

  • Terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!»
14.01.2019.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) chama a participar mañá martes, 15 de xaneiro, nas concentracións convocadas polo movemento feminista contra a ameaza da extrema dereita. As mobilizacións terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!».

Continúan as mobilizacións en defensa das pensións

CCOO e UGT convocan concentracións para que se garantan os dereitos das persoas maiores

  • Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, ambos os dous sindicatos esixen a revalorización das prestacións para combater o empobrecemento dos pensionistas
28.09.2018.

Co gallo do Día Internacional das Persoas Maiores, CCOO e UGT convocan a próxima semana concentracións en todo o Estado. En Galicia terán lugar o martes, 2 de outubro. Con esta acción, ambos os sindicatos denuncian que as medidas adoptadas para combater a crise só axudaron a empobrecer amplos sectores da poboación, especialmente as persoas de máis idade.

CCOO esíxelle á alcaldesa de Sarria «diálogo» e «deixar de desacreditar» as traballadoras e traballadores municipais

  • O sindicato coida «inaceptable» que nun pleno afirmase que «a brigada non tería gañas de traballar», en referencia ao período en que tiña prohibido adquirir combustible para realizar o seu labor
04.07.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) esíxelle á alcaldesa de Sarria «o regreso á senda do diálogo». Ínstaa, tamén, a «deixar de desacreditar» as traballadoras e traballadores municipais. Desde o sindicato coidan «inaceptable» que Pilar López afirmase que «a brigada non tería gañas de traballar», en referencia ao período en que o persoal non puido realizar as súas funcións pola prohibición de comprar material ou gasóleo para os vehículos.

Cartel das mobilizacións

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia mobilízase o 8 de maio contra a LOMCE e os recortes

  • Os orzamentos estatais do 2018 propoñen destinar á educación só o 3,8 % do PIB, niveis similares aos de hai máis dun cuarto de século
07.05.2018.

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, integrada por CCOO-Ensino, FESP-UGT, CONFAPA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva, convida a toda a comunidade educativa a secundar as mobilizacións previstas para o vindeiro 8 de maio contra a LOMCE e os recortes.

Asembleas de CCOO

CCOO convoca asembleas previas ao Día da Saúde Laboral e o Primeiro de Maio

  • Haberá tamén concentracións pola negociación colectiva e contra os abusos das mutuas de traballo
20.04.2018.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia convoca asembleas previas ao Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo (28 de abril) e o Primeiro de Maio. Após algunhas das asembleas haberá tamén concentracións en defensa da negociación colectiva e contra os abusos das mutas de traballo.

Cartel chamando ás mobilizacións

CCOO e UGT chaman á mobilización este domingo nas cidades e vilas galegas para demandar unhas pensións dignas

  • Concentracións e manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Foz, Ourense, O Barco, Vilagarcía, O Grove, Pontevedra e Vigo
12.04.2018.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia chaman a cidadanía a participar o próximo domingo, día 15, nas mobilizacións convocadas nas cidades e vilas galegas para demandar unhas pensións dignas. Afirman que o Goberno debe rectificar e revalorizar as pensións para garantir o seu poder adquisitivo e a viabilidade do sistema público de pensións.

Protesta dos bombeiros de Lugo

Bombeiros de Lugo protestan pola precariedade e a falta de persoal

  • CCOO insta a alcaldesa a convocar «urxentemente» doce prazas
  • Na actualidade só hai catro bombeiros por quenda para atender unha cidade de cen mil habitantes
31.01.2019.

Bombeiros do Concello de Lugo protestaron hoxe durante o pleno municipal para denunciar a precariedade laboral e a falta de persoal. Desde a sección sindical de CCOO instan a alcaldesa a convocar «urxentemente» doce prazas para paliar unha situación que cualifican de «crítica», pois só hai catro profesionais por quenda para atender as necesidades dunha cidade de cen mil habitantes.

CCOO alerta da falta de bombeiros en Lugo

17.01.2019.

A sección sindical de CCOO no Concello de Lugo alertou hoxe da falta de bombeiros e afirmou que a situación, de non corrixirse, pode ser «catastrófica». Por esta razón, o sindicato anunciou mobilizacións para esixir a cobertura das vacantes.

No centro, Juan Zas e Ramón Sarmiento (CCOO), acompañados por delegadas de persoal na Fundación

CCOO denuncia a explotación laboral en Proxecto Home Galicia

  • O sindicato lamenta que a dirección da Fundación manteña as persoas usuarias como «reféns» da mala xestión
  • A Inspección de Traballo obriga a Fundación a pagalles aos traballadores e traballadoras uns 14.000 euros en concepto de salarios e cotizacións sociais non percibidos durante as baixas médicas
04.10.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia explotación laboral na Fundación Monte do Gozo (Proxecto Home Galicia) e reproba que a dirección utilice as persoas usuarias como «reféns» para presionar os seus propios traballadores e traballadoras. Segundo CCOO, ante a crecente mobilización interna en defensa dos dereitos laborais, a dirección da fundación reaccionou pechando dous centros de traballo, causando un grave prexuízo tanto ao seu persoal como ás persoas usuarias.

Matadoiro de polos | Foto: dominio público

O grupo Coren integrará no seu cadro de persoal uns 1350 falsos autónomos tras a campaña de denuncia de CCOO

  • Prestaban servizos para varias empresas do grupo a través da falsa cooperativa Servicarne, denunciada por CCOO perante a Inspección de Traballo
30.07.2018.

A campaña de denuncia de CCOO contra a falsa cooperativa Servicarne continúa a dar froitos. Grazas ao labor do sindicato, Coren anuncia que integrará como persoal fixo uns 1350 falsos autónomos que ata o momento prestaban servizo para varias empresas do grupo cárnico. A decisión terá efectos a partir do 1 de agosto e beneficia preto de 250 traballadores e traballadoras na provincia de Pontevedra, 300 en Lugo e uns 800 na de Ourense.

CCOO pide que as bases helitransportadas sexan xestionadas directamente polo servizo público

CCOO critica o 'peche' das bases de medios aéreos da Xunta, que permaneceron sen helicóptero todo o mes de xuño

  • O sindicato pide reverter estes recursos ao servizo público e que as bases helitransportadas volvan funcionar con propio da Consellaría do Medio Rural
28.06.2018.

O sector da Administración autonómica de CCOO de Galicia critica a ausencia de helicópteros nas bases de medios aéreos da Xunta de Galicia durante todo o mes de xuño, o que equivale na práctica ao seu peche. Mentres están nesta situación as bases helitransportadas de Marroxo (na provincia de Lugo), Vilamaior (Ourense) e O Campiño (Pontevedra), o operativo de medios aéreos está en mans dunha empresa privada.

Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña

Milleiros de persoas saen ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de Maio

  • Os secretarios xerais dos dous sindicatos afirmaron que para a clase traballadora é «tempo de gañar» dereitos laborais e sociais recortados durante os anos da crise
01.05.2018.

Milleiros de persoas saíron este martes ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de Maio baixo lema «Tempo de gañar». Precisamente, os secretarios xerais das dúas organizacións, Ramón Sarmiento e José Antonio Gómez, respectivamente, lembraron que para a clase traballadora é «tempo de gañar» dereitos laborais e sociais recortados durante os anos da crise. Desde Vigo, Gómez e Sarmiento reclamaron mellor emprego, maiores salarios, pensións dignas e máis igualdade.

CCOO-Ensino anima a aproveitar esta «oportunidade»

CCOO-Ensino explicará as oposicións docentes ao alumnado universitario de todos os campus galegos

  • O sindicato anima a aproveitar a «oportunidade» que representa a oferta pública de emprego do período 2018-2020
19.04.2018.

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia explicará as oposicións docentes ao alumnado universitario de todos os campus galegos. As charlas informativas daranse a vindeira semana; con elas, o sindicato procura aclarar dúbidas sobre o acceso á función pública docente tras os cambios que introduciu recentemente o real decreto de acceso.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: