Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a Comisións Obreiras
Casa do Concello de Ourense | Foto: Wikipedia

Nova protesta do persoal de limpeza dos colexios de Ourense

  • A maior parte son traballadoras a tempo parcial que complementan xornada traballando en varios colexios, posibilidade que perderían se a adxudicación recae en varias empresas
12.02.2019.

O persoal de limpeza dos colexios públicos do Concello de Ourense volverase a concentrar diante da casa consistorial mañá mércores, 13 de febreiro. Con esta acción, rexeitan a intención do Goberno local de dividir en lotes a futura concesión do servizo.

CCOO rexeita a división en lotes do servizo

Concentración do persoal de limpeza dos colexios públicos do Concello de Ourense

  • A maior parte son traballadoras a tempo parcial que complementan xornada traballando en varios colexios, posibilidade que perderían se a adxudicación recae en varias empresas
05.02.2019.

O persoal de limpeza dos colexios públicos do Concello de Ourense concentrarase mañá mércores contra a intención do Goberno local de dividir en lotes a futura concesión do servizo. Malia que se trata dunha posibilidade permitida pola Lei de contratos do sector público, «nada obriga a facelo deste xeito», aseguran desde CCOO.

CCOO presentou propostas para mellorar o servizo de axuda a domicilio en Ourense

CCOO preséntalle á oposicion do Concello de Ourense as súas achegas para mellorar o servizo de axuda a domicilio

28.11.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) presentoulles aos grupos da oposición no Concello de Ourense as súas propostas para mellorar tanto o próximo prego de condicións do servizo de axuda a domicilio como o servizo en si. O sindicato agradece a boa acollida que tiveron as súas achegas, pero lamenta que o grupo de goberno se negase a recibir os seus representantes.

Fotografía de arquivo dunha mobilización do persoal do sector

Asinado o convenio do comercio téxtil da provincia de Ourense

  • O texto foi ratificado polo sindicato maioritario, CCOO, así como por UGT e CIG
18.10.2018.

Comisións Obreiras, sindicato maioritario no sector, anuncia o asinamento do convenio colectivo do comercio téxtil da provincia de Ourense, o que dá solución a un bloqueo que databa do 2010. CCOO salienta que grazas ao novo convenio remata a conxelación salarial, ao tempo que se actualizan algúns puntos que estaban obsoletos.

No centro, Juan Zas e Ramón Sarmiento (CCOO), acompañados por delegadas de persoal na Fundación

CCOO denuncia a explotación laboral en Proxecto Home Galicia

  • O sindicato lamenta que a dirección da Fundación manteña as persoas usuarias como «reféns» da mala xestión
  • A Inspección de Traballo obriga a Fundación a pagalles aos traballadores e traballadoras uns 14.000 euros en concepto de salarios e cotizacións sociais non percibidos durante as baixas médicas
04.10.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia explotación laboral na Fundación Monte do Gozo (Proxecto Home Galicia) e reproba que a dirección utilice as persoas usuarias como «reféns» para presionar os seus propios traballadores e traballadoras. Segundo CCOO, ante a crecente mobilización interna en defensa dos dereitos laborais, a dirección da fundación reaccionou pechando dous centros de traballo, causando un grave prexuízo tanto ao seu persoal como ás persoas usuarias.

O Concello de Ourense iniicará obras para corrixir a exposición do persoal municipal ao radón

25.09.2018.

CCOO celebra o traballo realizado pola súa sección sindical no Concello de Ourense. Grazas a este labor, o Goberno local iniciará proximamente as obras para minorar a exposición do persoal ao radón, un gas canceríxeno. Culminan meses de intenso traballo sindical, iniciado o pasado 19 de xaneiro, en defensa da saúde laboral das traballadoras e traballadores municipais.

Matadoiro de polos | Foto: dominio público

O grupo Coren integrará no seu cadro de persoal uns 1350 falsos autónomos tras a campaña de denuncia de CCOO

  • Prestaban servizos para varias empresas do grupo a través da falsa cooperativa Servicarne, denunciada por CCOO perante a Inspección de Traballo
30.07.2018.

A campaña de denuncia de CCOO contra a falsa cooperativa Servicarne continúa a dar froitos. Grazas ao labor do sindicato, Coren anuncia que integrará como persoal fixo uns 1350 falsos autónomos que ata o momento prestaban servizo para varias empresas do grupo cárnico. A decisión terá efectos a partir do 1 de agosto e beneficia preto de 250 traballadores e traballadoras na provincia de Pontevedra, 300 en Lugo e uns 800 na de Ourense.

Membros de CCOO informaron os transportistas desde primeiras horas da mañá de que había folga

CCOO-Industria afirma que o alto seguimento da folga no téxtil proba o rexeitamento ao convenio e aos salarios miserables

  • O sindicato mantense firme na súa posición de non apoiar unhas táboas salariais que permiten soldos inferiores ao mínimo pactado no recente AENC
19.07.2018.

A Federación de Industria de Comisións Obreiras congratúlase polo alto seguimento da folga que convocou en solitario no sector téxtil. Segundo os datos do sindicato, os paros foron secundados polo 70 % do persoal de fabricación e pola metade das traballadoras e traballadores das oficinas. Para CCOO, a participación demostra o rexeitamento da maioría do sector ao convenio que esta semana asinaron a UGT e a patronal, que mantén salarios «miserables» para o colectivo peor remunerado, no que case todas son mulleres.

CCOO recolle sinaturas contra a pobreza enerxética

Pensionistas de CCOO recollen hoxe sinaturas contra a pobreza enerxética

06.02.2019.

Membros da Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia recollen hoxe sinaturas contra a pobreza enerxética. Para este efecto, instalarán postos informativos en localidades como Ourense, Vilagarcía de Arousa, Ferrol ou Pontevedra.

Concentracións mañá martes, 15 de xaneiro

CCOO chama a participar o martes nas concentracións feministas contra a ameaza da extrema dereita

  • Terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!»
14.01.2019.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) chama a participar mañá martes, 15 de xaneiro, nas concentracións convocadas polo movemento feminista contra a ameaza da extrema dereita. As mobilizacións terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!».

Mañá comezan os paros na empresa, dedicada á fabricación de compoñentes eólicos, como as torres

CCOO apoia os paros indefinidos en GRI Towers Galicia

18.10.2018.

CCOO apoia os paros indefinidos convocados pola sección sindical desta organización, xunto a UGT e CIG, na empresa GRI Towers Galicia, situada no polígono da Uceira, no concello ourensán do Carballiño. Comisións lamenta que a dirección da compañía pretenda converter en papel mollado os dereitos e obrigas do convenio sectorial.

Casa do Concello do Barco

CCOO denuncia carencias de persoal e descontrol na xestión dos recursos humanos do Concello do Barco

  • O sindicato critica a excesiva carga de traballo e a desorganización interna, o que provoca atrasos en moitas xestións da cidadanía ou carencias no funcionamento dos servizos públicos
11.10.2018.

CCOO denuncia carencias de persoal e descontrol na xestión dos recursos humanos do Concello do Barco. O sindicato faise eco do malestar, tanto das traballadoras e traballadores como da cidadanía, e advirte da desorganización e excesiva carga de traballo, o que provoca demoras en moitas xestións.

Continúan as mobilizacións en defensa das pensións

CCOO e UGT convocan concentracións para que se garantan os dereitos das persoas maiores

  • Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, ambos os dous sindicatos esixen a revalorización das prestacións para combater o empobrecemento dos pensionistas
28.09.2018.

Co gallo do Día Internacional das Persoas Maiores, CCOO e UGT convocan a próxima semana concentracións en todo o Estado. En Galicia terán lugar o martes, 2 de outubro. Con esta acción, ambos os sindicatos denuncian que as medidas adoptadas para combater a crise só axudaron a empobrecer amplos sectores da poboación, especialmente as persoas de máis idade.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia abrirá as portas no outono

CCOO censura a privatización do Museo Etnolóxico de Ribadavia tras ser investidos nel 1,36 millóns de euros públicos

  • O sindicato denuncia que, «unha vez máis», o sector privado explotará un ben ou servizo sufragado con diñeiro de toda a cidadanía
03.09.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia a entrega a mans privadas do Museo Etnolóxico de Ribadavia, que abrirá as súas portas o próximo mes de outubro. CCOO rexeita que, após o investimento de milleiros de euros de diñeiro público no acondicionamento do espazo museístico, situado na antiga reitoral de Santo André de Campo Redondo, a Consellaría decida privatizar a xestión e explotación da instalación.

Portada da publicación

CCOO afirma que o mercado laboral da provincia de Ourense se caracteriza pola temporalidade, precariedade e perda de poboación activa

  • En dez anos perdéronse máis de 25.000 empregos netos na provincia
24.07.2018.

CCOO afirma que o mercado laboral da provincia de Ourense se caracteriza pola temporalidade, precariedade e perda de poboación activa. Un estudo do Gabinete Económico do sindicato revela que dez anos se perderon máis de 25.000 empregos netos na provincia. Ademais, 6100 fogares teñen todos os seus membros activos en paro e en 3000 non entra ingreso ningún.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: