Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO
CCOO esixe salarios mínimos de polo menos 14.000 euros anuais, como recolle o IV AENC

CCOO-Industria convoca para mañá folga no sector téxtil contra os salarios inferiores a 14.000 euros anuais

  • «Despois de asinarmos o AENC, non apoiaremos un convenio que non chegue a eses mínimos», explican desde o sindicato
18.07.2018.

A Federación de Industria de Comisións Obreiras convoca en solitario para mañá xoves, día 19 de xullo, unha folga de alcance estatal no téxtil. Con esta medida, o sindicato pretende chamar a atención sobre os «soldos de miseria» que cobran as mulleres, que representan inmensa maioría do persoal deste sector. A principal reivindicación sindical é chegar a un soldo mínimo de 14.000 euros anuais, tal como recolle o IV Acordo de Emprego e Negociación Colectiva (AENC), asinado a comezos deste mes.

Tras unha primeira curación, os feitos acabaron provocando a incapacidade laboral da traballadora

O Supremo dálle a razón a CCOO e considera accidente laboral o desprendemento de retina dunha funcionaria

05.07.2018.

O Tribunal Supremo deulle a razón a Comisións Obreiras (CCOO) e considera accidente laboral o desprendemento de retina sufrido por unha funcionaria da Seguridade Social en Ourense durante a súa xornada de traballo. Os feitos remóntanse ao 2014, cando a traballadora comezou a sentir alteracións visuais mentres traballaba no ordenador.

Mobilizacións no comercio vario da Coruña e do comercio téxtil de Ourense no primeiro día de rebaixas

  • «As rebaixas, nos prezos, non nos nosos dereitos», advirten os sindicatos
27.06.2018.

O sector do comercio vario da provincia da Coruña e o comercio téxtil da provincia de Ourense mobilizaranse o próximo venres, día 29 de xuño, cadrando co inicio das rebaixas. Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG, que promoven as mobilizacións, denuncian que as patronais de ambos os dous sectores pretenden «condenar» os traballadores e traballadoras «a salarios conxelados ou de miseria». «As rebaixas, nos prezos, non nos nosos dereitos», advirten.

Concentración do persoal de Valoriza, concesionaria das zonas verdes e parques de Ourense

CCOO denuncia que Valoriza incumpre os pregos do servizo ante a pasividade do Concello de Ourense

  • Este venres tivo lugar a segunda concentración dos traballadores e traballadoras; CCOO advirte que as protestas continuarán mentres non se atendan as reivindicacións
15.06.2018.

Hoxe, venres, tivo lugar a segunda acción reivindicativa das traballadoras e traballadores de Valoriza, concesionaria do mantemento de zonas verdes e parques do Concello de Ourense. As mobilizacións iniciáronse hai unha semana e continuarán cada venres mentres non se atendan as reivindicacións. CCOO denuncia os incumprimentos da empresa e a pasividade das autoridades municipais.

CCOO denuncia que na provincia de Ourense hai máis de 800 falsos autónomos no sector cárnico

CCOO denuncia o despedimento «ilegal» de falsos autónomos que traballaban para Coren, Frigolouro, SADA e Novafrigsa

  • A Inspección de Traballo, após constatar a fraude de Servicarne, instara a dar de alta estas persoas no réxime xeral da seguridade social
  • CCOO organiza asembleas informativas para explicarlle a este colectivo cales son os seus dereitos, entre os cales está a reclamación dos custos que lles supuxo seren falsos autónomos
29.05.2018.

A Federación de Industria de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) denunciou o luns en Ourense o despedimento «ilegal» de falsas traballadoras e traballadores autónomos de Servicarne que traballaban para matadoiros de Coren, Frigolouro, Grupo SADA e Novafrigsa. O sindicato afirma que esas medidas se adoptaron tras unha resolución da Inspección de Traballo que obrigaba a Servicarne, que opera como falsa cooperativa, a dar de alta no réxime xeral a todos os falsos autónomos.

Na fotografía, a delegada e delegados de CCOO

CCOO gaña as eleccións sindicais na concesionaria da limpeza dos colexios públicos do Concello de Ourense

14.05.2018.

​A Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais en OHL-Ingesan, concesionaria da limpeza dos colexios públicos do Concello de Ourense. O sindicato conseguiu toda a representación, tres delegados e delegadas, nunha empresa que ten un censo de 45 traballadores e traballadoras.

Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña

Milleiros de persoas saen ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de Maio

  • Os secretarios xerais dos dous sindicatos afirmaron que para a clase traballadora é «tempo de gañar» dereitos laborais e sociais recortados durante os anos da crise
01.05.2018.

Milleiros de persoas saíron este martes ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de Maio baixo lema «Tempo de gañar». Precisamente, os secretarios xerais das dúas organizacións, Ramón Sarmiento e José Antonio Gómez, respectivamente, lembraron que para a clase traballadora é «tempo de gañar» dereitos laborais e sociais recortados durante os anos da crise. Desde Vigo, Gómez e Sarmiento reclamaron mellor emprego, maiores salarios, pensións dignas e máis igualdade.

CCOO-Ensino anima a aproveitar esta «oportunidade»

CCOO-Ensino explicará as oposicións docentes ao alumnado universitario de todos os campus galegos

  • O sindicato anima a aproveitar a «oportunidade» que representa a oferta pública de emprego do período 2018-2020
19.04.2018.

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia explicará as oposicións docentes ao alumnado universitario de todos os campus galegos. As charlas informativas daranse a vindeira semana; con elas, o sindicato procura aclarar dúbidas sobre o acceso á función pública docente tras os cambios que introduciu recentemente o real decreto de acceso.

Tenda e concentración fronte a Adolfo Domínguez | Foto: Arquivo de CCOO

CCOO, CIG e UGT pechan cun acordo unánime o ERE en Adolfo Domínguez

  • Reduciuse case á metade o número de despedimentos previstos e melloraron substancialmente as condicións de saída
13.07.2018.

Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), CIG e UGT pecharon cun acordo unánime o expediente de regulación de emprego (ERE) en Adolfo Domínguez. A comisión negociadora,constituída o pasado 6 de xuño, chegou esta mesma semana ao devandito acordo, que reduce case á metade o número de expedientes previstos respecto da proposta inicial da empresa téxtil.

CCOO pide que as bases helitransportadas sexan xestionadas directamente polo servizo público

CCOO critica o 'peche' das bases de medios aéreos da Xunta, que permaneceron sen helicóptero todo o mes de xuño

  • O sindicato pide reverter estes recursos ao servizo público e que as bases helitransportadas volvan funcionar con propio da Consellaría do Medio Rural
28.06.2018.

O sector da Administración autonómica de CCOO de Galicia critica a ausencia de helicópteros nas bases de medios aéreos da Xunta de Galicia durante todo o mes de xuño, o que equivale na práctica ao seu peche. Mentres están nesta situación as bases helitransportadas de Marroxo (na provincia de Lugo), Vilamaior (Ourense) e O Campiño (Pontevedra), o operativo de medios aéreos está en mans dunha empresa privada.

O radon é un gas radioactivo

CCOO velará pola aplicación das medidas correctoras para evitar a exposición ao gas radon nas dependencias do Concello de Ourense

18.06.2018.

A sección sindical de CCOO no Concello de Ourense informa de que as autoridades municipais iniciarán as medidas correctoras para evitar a exposición do persoal ao gas radon. Previsiblemente, as obras executaranse durante o verán no Centro de Iniciativas Empresariais (CIE), no Cárcere da Coroa e na propia casa consistorial.

CCOO recupera representatividade e pasa a ser a segunda forza sindical do persoal funcionario do Concello de Ourense

01.06.2018.

O xoves, día 31, celebráronse as eleccións sindicais para elixir os 17 membros da xunta do persoal funcionario do Concello de Ourense ata o ano 2022. Nestes comicios, cunha alta participación e a concorrencia de sete listas, a candidatura de CCOO recuperou representatividade e situouse como segunda forza sindical dentro deste colectivo.

CCOO denuncia que a patronal quere condenar o persoal a «salarios de miseria»

CCOO denuncia que a patronal do comercio téxtil ourensán quere condenar o persoal a «salarios de miseria»

  • O sindicato convoca asemblea para o xoves, día 31, no edificio sindical de Ourense
  • Para facilitar a asistencia, haberá dúas convocatorias, ás 11 e ás 18 horas
28.05.2018.

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia denuncia que a patronal do comercio téxtil da provincia de Ourense quere condenar o persoal a soldos «de miseria», que no ano 2020 apenas superarían o salario mínimo interprofesional (SMI). Para Comisións Obreiras, a proposta da patronal é «indecente e en absoluto coincide cuns cadros de persoal formados e profesionalizados».

Cartel das mobilizacións

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia mobilízase o 8 de maio contra a LOMCE e os recortes

  • Os orzamentos estatais do 2018 propoñen destinar á educación só o 3,8 % do PIB, niveis similares aos de hai máis dun cuarto de século
07.05.2018.

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, integrada por CCOO-Ensino, FESP-UGT, CONFAPA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva, convida a toda a comunidade educativa a secundar as mobilizacións previstas para o vindeiro 8 de maio contra a LOMCE e os recortes.

Asembleas de CCOO

CCOO convoca asembleas previas ao Día da Saúde Laboral e o Primeiro de Maio

  • Haberá tamén concentracións pola negociación colectiva e contra os abusos das mutuas de traballo
20.04.2018.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia convoca asembleas previas ao Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo (28 de abril) e o Primeiro de Maio. Após algunhas das asembleas haberá tamén concentracións en defensa da negociación colectiva e contra os abusos das mutas de traballo.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: