Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

Manifestación en Pontevedra o 21 de marzo en defensa da sanidade pública

  • A marcha partirá ás 20 h da praza da Ferrería
20.03.2013.

A Plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte Comisións Obreiras, convoca unha manifestación en Pontevedra para mañá xoves, día 21 de marzo, en defensa do sistema público de saúde. A marcha partirá ás 20h da praza da Ferrería e rematará diante da Subdelegación do Goberno.

Folga na limpeza viaria de Marín a partir do 18 de maio

Folga indefinida na limpeza viaria de Marín a partir do 18 de maio

  • Para a Federación de Construción e Servizos de CCOO, a última proposta patronal é «ridícula» e non garante o poder adquisitivo
10.05.2019.

O persoal de Recolte, concesionaria do servizo de limpeza viaria de Marín, convoca folga indefinida a partir do 18 de maio. A decisión tomouse debido á negativa da empresa a negociar un convenio que garanta o poder adquisitivo do persoal.

CCOO e UGT convocan manifestacións en toda Galicia o Primeiro de Maio

CCOO e UGT chaman á mobilización o Primeiro de Maio para reforzar a loita contra a precariedade e a desigualdade

  • Os dous sindicatos convocan varias manifestacións en Galicia baixo o lema «Primeiro as persoas»
30.04.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e a Unión Xeral de Traballadores de Galicia fan un chamamento á mobilización o Primeiro de Maio para reforzar a loita contra a precariedade e a desigualdade. Os dous sindicatos convocan varias manifestacións na comunidade autónoma baixo o lema «Primeiro as persoas», coa intención de «encher as rúas a favor do emprego de calidade» e instar á conformación dun Goberno no Estado que aborde «con urxencia» unha axenda social. Nesta xornada reivindicativa, os secretarios xerais de ambas as organizacións participarán na marcha convocada na Coruña.

O persoal esixe un convenio digno

O persoal da recollida do lixo de Marín irá á folga se non se desbloquea o convenio

  • CCOO critica o Concello por elaborar un prego de condicións da concesión que non garante un convenio digno, e a empresa por baixar os prezos para facerse cargo, o que conduce a esta situación
15.04.2019.

O persoal da recollida do lixo de Marín irá á folga se non se desbloquea o convenio, cuxa negociación comezou hai case un ano. Segundo CCOO, a empresa alega que o importe da concesión non lle permite facer fronte á suba do 3% que reivindica o persoal, e que mesmo tivo unha reunión coa alcaldesa para pedir unha revisión de prezos. A última oferta empresarial é unha suba do 1 % para 2019 e do 1,2 % en 2020, renunciando a incrementos retroactivos sobre o 2018.

CCOO recolle sinaturas contra a pobreza enerxética

Pensionistas de CCOO recollen hoxe sinaturas contra a pobreza enerxética

06.02.2019.

Membros da Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia recollen hoxe sinaturas contra a pobreza enerxética. Para este efecto, instalarán postos informativos en localidades como Ourense, Vilagarcía de Arousa, Ferrol ou Pontevedra.

A folga foi determinante para as conquistas laborais no sector de elaborados do mar

CCOO afirma que as conquistas do convenio de elaborados do mar «demostran a eficacia da loita obreira»

  • Recóllese incremento salarial nos catro anos de vixencia do convenio, amais de melloras laborais e sociais
30.11.2018.

Tras moitos meses de conflito, esta semana asinouse o novo convenio colectivo do sector de elaborados do mar, de ámbito estatal, se ben o 80 % do emprego está en Galicia e desempeñado fundamentalmente por mulleres. Segundo CCOO, as conquistas conseguidas «demostran a eficacia da loita obreira». Coa súa constancia, e especialmente coa convocatoria de folga, as traballadoras conseguiron desbloquear unhas negociacións «difíciles» e que a patronal emendara os seus postulados.

Asinado o preacordo do convenio do comercio de metal da provincia de Pontevedra

  • Establécese a obriga de aplicar o convenio a aquelas empresas multiservizos que traballen no sector
  • Importantes melloras nos aspectos económicos e sociais
19.10.2018.

Despois dun longo proceso, asinouse o preacordo do convenio do comercio de metal da provincia de Pontevedra, que levaba caducado desde o 2014. O principal atranco durante as negociacións foi a pretensión patronal de conxelar a antigüidade. Finalmente, chegouse a acordo neste punto, a cambio de actualizar a cantidade ao devindicado na data de publicación do convenio, máis un 6 % adicional no incremento salarial para todas as categorías.

Continúan as mobilizacións en defensa das pensións

CCOO e UGT convocan concentracións para que se garantan os dereitos das persoas maiores

  • Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, ambos os dous sindicatos esixen a revalorización das prestacións para combater o empobrecemento dos pensionistas
28.09.2018.

Co gallo do Día Internacional das Persoas Maiores, CCOO e UGT convocan a próxima semana concentracións en todo o Estado. En Galicia terán lugar o martes, 2 de outubro. Con esta acción, ambos os sindicatos denuncian que as medidas adoptadas para combater a crise só axudaron a empobrecer amplos sectores da poboación, especialmente as persoas de máis idade.

CCOO-Ensino sitúase como primeiro sindicato da universidade galega

CCOO-Ensino gaña as eleccións na USC e comparte o primeiro lugar no sistema universitario galego

  • As candidaturas de Comisións Obreiras melloraron resultados en todas as universidades
13.05.2019.

A pasada semana celebráronse as eleccións sindicais nas tres universidades galegas. As candidaturas presentadas por CCOO-Ensino melloraron resultados e permitíronlle ao sindicato ser o único que aumentou a súa presenza. Comisións gañou na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e obtivo bos resultados nas da Coruña (UDC) e Vigo (UVigo). Isto permítelle a CCOO colocarse, con 58 delegados e delegadas, como primeiro sindicato do sistema universitario galego, posición compartida coa CIG.

Pancarta da manifestación central, na Coruña

Milleiros de persoas reclamaron nas rúas galegas que se mire polas súas necesidades e políticas que afronten as carencias sociais

02.05.2019.

Milleiros de persoas, convocadas por CCOO e UGT, saíron ás rúas das cidades e vilas galegas para celebrar este Primeiro de Maio. A cidadanía galega demandou nesta data que "primeiro as persoas" e a necesidade de que o novo Goberno acometa un cambio de políticas co obxecto de garantir máis dereitos, máis igualdade e máis cohesión.

Os comités de empresa chaman á mobilización en defensa da industria en Galicia

Os comités de empresa de Alcoa e Ence chaman á mobilización en defensa da industria

  • Manifestacións o próximo venres, día 26 de abril
23.04.2019.

O próximo venres, 26 de abril, terán lugar dúas importantes manifestación en defensa da industria en Galicia, convocadas polos comités de empresa de Alcoa (A Coruña) e Ence (Pontevedra).

As charlas terán lugar entre o luns e o mércores da próxima semana

CCOO-Ensino dá charlas nas universidades para informar das oposicións

  • Entre o luns 25 e o mércores 27 de marzo
22.03.2019.

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia dará charlas nos próximos días nos diferentes campus universitarios para informar sobre as oposicións. A campaña procura animar e apoiar o alumnado interesado en acceder á función pública docente, xa que se convoca un bo número de prazas grazas ao Acordo pola Mellora do Emprego Público, asinado por CCOO.

Concentracións mañá martes, 15 de xaneiro

CCOO chama a participar o martes nas concentracións feministas contra a ameaza da extrema dereita

  • Terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!»
14.01.2019.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) chama a participar mañá martes, 15 de xaneiro, nas concentracións convocadas polo movemento feminista contra a ameaza da extrema dereita. As mobilizacións terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!».

Os sindicatos esixen un convenio xusto

Éxito tamén na segunda xornada de folga de elaborados do mar

  • CCOO denuncia coaccións das empresas e reproba a intervención policial na empresa Cabomar, onde actuou «man con man» coa empresa
31.10.2018.

A Federación de Industria de CCOO de Galicia cualifica de «éxito» a segunda xornada de folga no sector de elaborados do mar. Trátase dunha «exhibición de forza e de dignidade», malia todas as dificultades. Canto aos incidentes rexistrados, CCOO denuncia coaccións de responsables dalgunhas empresas e, particularmente, reproba a intervención policial na empresa Cabomar, onde actuou «man con man» coa empresa.

No centro, Juan Zas e Ramón Sarmiento (CCOO), acompañados por delegadas de persoal na Fundación

CCOO denuncia a explotación laboral en Proxecto Home Galicia

  • O sindicato lamenta que a dirección da Fundación manteña as persoas usuarias como «reféns» da mala xestión
  • A Inspección de Traballo obriga a Fundación a pagalles aos traballadores e traballadoras uns 14.000 euros en concepto de salarios e cotizacións sociais non percibidos durante as baixas médicas
04.10.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia explotación laboral na Fundación Monte do Gozo (Proxecto Home Galicia) e reproba que a dirección utilice as persoas usuarias como «reféns» para presionar os seus propios traballadores e traballadoras. Segundo CCOO, ante a crecente mobilización interna en defensa dos dereitos laborais, a dirección da fundación reaccionou pechando dous centros de traballo, causando un grave prexuízo tanto ao seu persoal como ás persoas usuarias.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: