Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
CCOO asinou o novo convenio

CCOO asina o convenio colectivo do comercio vario da provincia da Coruña

  • Máis de 15.000 traballadores e traballadoras terán beneficios económicos e laborais grazas ao novo marco colectivo
30.11.2018.

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia asinou o convenio colectivo do sector do comercio vario da provincia da Coruña. Grazas ao novo marco, máis de 15.000 traballadores e traballadoras terán beneficios económicos e laborais. Dentro ámbito forman parte o comercio téxtil, pel, material de construción, pinturas e vernices, material eléctrico e electrónico, ópticas, reloxaría, xoiaría, automóvil, ferretarías ou cadeas multiprezos. A vixencia do novo convenio será para os anos 2016-2019, con cláusula de ultraactividade e prórroga no caso de que ningunha das partes o denuncie.

A folga foi determinante para as conquistas laborais no sector de elaborados do mar

CCOO afirma que as conquistas do convenio de elaborados do mar «demostran a eficacia da loita obreira»

  • Recóllese incremento salarial nos catro anos de vixencia do convenio, amais de melloras laborais e sociais
30.11.2018.

Tras moitos meses de conflito, esta semana asinouse o novo convenio colectivo do sector de elaborados do mar, de ámbito estatal, se ben o 80 % do emprego está en Galicia e desempeñado fundamentalmente por mulleres. Segundo CCOO, as conquistas conseguidas «demostran a eficacia da loita obreira». Coa súa constancia, e especialmente coa convocatoria de folga, as traballadoras conseguiron desbloquear unhas negociacións «difíciles» e que a patronal emendara os seus postulados.

A auga fíltrase por baixo das portas

CCOO denuncia deficiencias na escola infantil de Santa Susana, que depende da Xunta de Galicia

  • O sindicato alerta de que as eivas poñen en risco as crianzas e o persoal a cargo
29.11.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia múltiples deficiencias na escola infantil de Santa Susana, en Santiago de Compostela, que depende da Consellaría de Política Social. A pesar de que hai un mes escaso que se inaugurou a escola, tras as chuvias dos últimos días xa son visibles humidades no interior. Peor aínda, nalgunha ocasión a auga mesmo pasou por baixo das portas.

Extractos do informe da Inspección de Traballo, ratificando as denuncias de CCOO

A Inspección de Traballo «deixa en evidencia as mentiras da xerencia de Proxecto Home», afirma CCOO

  • Un informe da autoridade laboral demostra que a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia incumpriu o convenio colectivo e tiña persoal facendo horas extras por riba do máximo legal
20.11.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) asegura que a Inspección de Traballo Provincial da Coruña «deixa en evidencia as mentiras da xerencia de Proxecto Home». O sindicato acaba de recibir un oficio da autoridade laboral que «demostra que nós non falamos por falar» á hora de denunciar as «graves irregularidades» en materia laboral e de xestión de recursos humanos na Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia.

CCOO aplaude o seguimento masivo da xornada de paros contra a precariedade laboral en Correos

  • Comisións, sindicato maioritario no operador postal público, esixe a fin dos recortes ou convocará varias xornadas de folga no que queda de ano
09.11.2018.

Comisións Obreiras (CCOO), sindicato maioritario en Correos, aplaude o seguimento masivo da xornada de paros contra a precariedade laboral no operador postal público, que incluíu unha concentración este mediodía fronte á oficina principal de Santiago de Compostela. Segundo CCOO, «xa é hora» de que a mellora da situación económica se traduza en «recuperación e reconquista de dereitos». Do contrario, o conflito «intensificarase» coa convocatoria de varias xornadas de folga os meses de novembro de decembro.

Fotografía de arquivo dunha mobilización do persoal de Correos

Persoal de Correos de toda Galicia concentrarase mañá en Santiago de Compostela

  • Cinco meses despois dos últimos paros parciais, as traballadoras e os traballadores do operador postal público volven á rúa para rexeitar os recortes e a precariedade laboral
08.11.2018.

Traballadoras e traballadores de Correos chegados de toda Galicia concentraranse mañá, venres, 9 de novembro, diante da oficina principal de Santiago de Compostela, na rúa do Franco. Cinco meses despois dos últimos paros parciais, o persoal do operador postal público volve á rúa para rexeitar os recortes e a precariedade laboral.

Novo desprendemento parcial dun teito no Gil Casares

CCOO denuncia un novo derrubamento no Gil Casares e esixe investir no seu mantemento para «non lamentar unha desgraza»

  • Segundo o sindicato, «afortunadamente» non houbo danos persoais, malia que nese momento había xente traballando na zona sinistrada
25.10.2018.

A sección sindical de CCOO-Sanidade no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (CHUS) denuncia un novo derrubamento no Hospital Gil Casares. Coma en anteriores ocasións, «afortunadamente» non houbo danos persoais, malia que nese momento había xente traballando na zona sinistrada. O sindicato esixe investir no mantemento do centro hospitalario mentres estea funcionando, «se non queremos que algún día haxa que lamentar unha desgraza».

No centro, Juan Zas e Ramón Sarmiento (CCOO), acompañados por delegadas de persoal na Fundación

CCOO denuncia a explotación laboral en Proxecto Home Galicia

  • O sindicato lamenta que a dirección da Fundación manteña as persoas usuarias como «reféns» da mala xestión
  • A Inspección de Traballo obriga a Fundación a pagalles aos traballadores e traballadoras uns 14.000 euros en concepto de salarios e cotizacións sociais non percibidos durante as baixas médicas
04.10.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia explotación laboral na Fundación Monte do Gozo (Proxecto Home Galicia) e reproba que a dirección utilice as persoas usuarias como «reféns» para presionar os seus propios traballadores e traballadoras. Segundo CCOO, ante a crecente mobilización interna en defensa dos dereitos laborais, a dirección da fundación reaccionou pechando dous centros de traballo, causando un grave prexuízo tanto ao seu persoal como ás persoas usuarias.

Protesta do persoal neste 28.º «venres negro»

O persoal da CRTVG intensifica as protestas no medio do silencio informativo sobre a folga

30.11.2018.

O persoal da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) intensifica as protestas. Este é o vixésimo oitavo «venres negro» en que as traballadoras e traballadores dos medios públicos autonómicos protestan contra a manipulación informativa e a precariedade laboral. Fano nun contexto especial, logo de cinco días de paros parciais que tiveron un seguimento medio do 80% e dentro do silencio informativo sobre esta folga.

Cartel convocando a manifestación

O persoal laboral da Xunta mobilízase mañá en defensa dos seus dereitos

  • CCOO, CIG, CSI-F e UGT convocan para o venres, 30 de novembro, unha manifestación entre os complexos administrativos de San Lázaro e San Caetano
29.11.2018.

O persoal laboral da Xunta mobilízase mañá venres, día 30 de novembro, en defensa dos seus dereitos. Convocan unha manifestación entre os complexos administrativos de San Lázaro e San Caetano para amosaren o rexeitamento á discriminación retributiva, á parálise dos concursos de traslados e á paralización dos procesos de estabilización e consolidación do emprego.

Delegadas e delegados do I Congreso Nacional de CCOO de Galicia, no acto de hoxe

Ramón Sarmiento: «A loita de Ascon hai corenta anos é como a loita de Alcoa hoxe, que precisa do apoio de todo o sindicato»

  • O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia celebrou hoxe os 40 anos do seu primeiro Congreso
22.11.2018.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) celebrou este xoves, en Santiago de Compostela, o corenta aniversario do I Congreso Nacional. Interviñeron o secretario xeral, Ramón Sarmiento, o secretario xeral confederal, Unai Sordo Calvo, e o seu antecesor, Ignacio Fernández Toxo. Ademais, Tensi Álvarez e Antonio San Gabriel, delegada e delegado naquel I Congreso, leron as resolucións aprobadas entón en defensa do papel das mulleres no sindicato e a prol dos postos de traballo no estaleiro Ascon.

Confírmase a intención da Xerencia da área sanitaria de Santiago de recortar recursos na unidade UME-Paliativos do Gil Casares

  • CCOO denuncia a mingua que se producirá na atención aos doentes e asegura que xa se están a rexistrar escritos de queixa de persoas usuarias e familiares
15.11.2018.

A sección sindical de CCOO-Sanidade no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) anuncia que xa comezan os recortes de recursos para a Unidade de Media Estancia (UME) e de Paliativos do Hospital Gil Casares. O sindicato xa anticipara eses recortes a finais de setembro, mais a Xerencia da área sanitaria santiaguesa negábao.

CCOO denuncia o estado do Hospital Psiquiátrico de Conxo e esixe obras de mantemento

CCOO esixe reparacións no Hospital Psiquiátrico de Conxo ante as novas inundacións

  • O sindicato pediu en numerosas ocasións que se acometesen obras de mantemento neste centro
08.11.2018.

A Federación de Sanidade de CCOO en Santiago de Compostela esixe reparacións no Hospital Psiquiátrico de Conxo, que esta semana sufriu novas inundacións. Segundo o sindicato, as chuvias destes días afectaron especialmente a unidade somática do centro e provocaron que se anegara a zona de acceso ao comedor de pacientes.

Casa do Concello de Melide

CCOO denuncia que a alcaldesa de Melide non respecta os dereitos laborais

  • O sindicato leva catro anos esixindo a apertura dunha mesa xeral de negociación, sen que a anterior rexedora nin a actual atendesen as reivindicacións
30.10.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia que o Concello de Melide vulnera o dereito á negociación colectiva das súas case oitenta traballadoras e traballadores. Trátase dun «dereito fundamental» recollido tanto na Constitución como na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

CCOO critica a falta de vontade negociadora da alcaldesa de Melide

  • O sindicato leva catro anos esixindo a apertura dunha mesa xeral de negociación, sen que a anterior rexedora nin a actual atendesen as reivindicacións
19.10.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) critica a falta de vontade negociadora da alcaldesa de Melide, Dalia García Couso. O sindicato leva desde o 2014 esixindo a apertura dunha mesa de negociación; naquel ano presentou un expediente de mediación perante o Consello Galego de Relacións Laborais, cando a rexedora municipal era a hoxe conselleira Ánxeles Vázquez.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros