Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO
Pancarta principal da manifestación, pouco antes de comezar o percorrido

A industria electrointensiva maniféstase contra a «grande estafa eléctrica»

  • Denuncian a inacción dos Gobernos autonómico e central, e instan a Pedro Sánchez a aprobar de contado o estatuto para o sector
20.05.2019.

Traballadores e traballadoras das industrias electrointensivas galegas, arroupados por dirixentes sindicais e políticos, manifestáronse hoxe en Santiago de Compostela para reivindicar un marco enerxético estable e competitivo. A marcha, convocada polos comités de empresa de Alcoa da Coruña e San Cibrao, Celsa Atlantic e Ferroatlántica en Sabón e Cee-Dumbría, partiu ás 11 da mañá das proximidades do estadio de San Lázaro e rematou diante da sede da Xunta de Galicia.

Na fotografía, exemplar de Sarcoptes scabiei, parasito que causa a sarna

CCOO denuncia o desleixo da mutua e o «descontrol» ante un brote de sarna nunha residencia de maiores de Santiago

  • O sindicato critica que non se aplicou con celeridade o protocolo de illamento cando se diagnosticou o primeiro caso e que as traballadoras deben pagar o custo do tratamento profiláctico das súas familias
16.05.2019.

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia o desleixo da mutua ante un brote de sarna na residencia de maiores Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, así como o «descontrol» á hora de aplicar o protocolo de prevención. Segundo o sindicato, en canto se diagnosticou o primeiro caso non se illou decontado a persoa afectada, polo que a día de hoxe hai xa oito casos, e non se descarta que a cifra aumente.

Cartel anunciador da manifestación

Manifestación da industria electrointensiva o 20 de maio

  • Desde o estadio Verónica Boquete ata San Caetano
13.05.2019.

Traballadores e traballadoras da industria electrointensiva galega manifestaranse o vindeiro luns, 20 de maio, en Santiago de Compostela, para esixir unha tarifa eléctrica competitiva.

Reunión do grupo de traballo de CCOO

Creado o grupo de traballo de CCOO no aeroporto de Santiago

12.05.2019.

O pasado día 9 de maio creouse o grupo de traballo de CCOO no Aeroporto de Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Forman parte del as delegadas e delegados de CCOO nas distintas empresas que operan nas instalacións aeroportuarias.

CCOO e UGT convocan manifestacións en toda Galicia o Primeiro de Maio

CCOO e UGT chaman á mobilización o Primeiro de Maio para reforzar a loita contra a precariedade e a desigualdade

  • Os dous sindicatos convocan varias manifestacións en Galicia baixo o lema «Primeiro as persoas»
30.04.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e a Unión Xeral de Traballadores de Galicia fan un chamamento á mobilización o Primeiro de Maio para reforzar a loita contra a precariedade e a desigualdade. Os dous sindicatos convocan varias manifestacións na comunidade autónoma baixo o lema «Primeiro as persoas», coa intención de «encher as rúas a favor do emprego de calidade» e instar á conformación dun Goberno no Estado que aborde «con urxencia» unha axenda social. Nesta xornada reivindicativa, os secretarios xerais de ambas as organizacións participarán na marcha convocada na Coruña.

Vehículo da Policía Local de Ames | Foto: Google Street View

CCOO anuncia a fin do conflito laboral na Policía Local de Ames

  • O labor do sindicato foi fundamental para desbloquear as negociacións e posibilitar un acordo
26.04.2019.

​A Federación de Servizos á Cidadanía de Comisións Obreiras (FSC-CCOO) anuncia a fin do conflito na Policía Local de Ames. No pleno celebrado onte á noite, a corporación aprobou, sen ningún voto en contra, as reivindicacións laborais, con incrementos salariais nos complementos de destino e específico. Este acordo dá cabo dunha «discriminación histórica» deste colectivo respecto do resto do persoal municipal pertencente ao mesmo grupo profesional, conseguindo de feito a equiparación salarial dentro do propio Concello.

O persoal protesta cada venres para esixir solucións

CCOO-Sanidade insiste en que Rianxo precisa un PAC de tarde

  • O persoal, apoiado pola veciñanza, continúa protestando cada semana para esixir unha solución
15.04.2019.

A Federación de Sanidade de CCOO insiste en que Rianxo precisa dun punto de atención continuada (PAC) de tarde, en horario de 15:00 a 8:00. O sindicato sinala que o concello ten case doce mil habitantes e preto de tres mil persoas teñen adxudicada a atención médica e enfermeira en quenda de tarde. Porén, o número de persoas que atenden acotío é moito maior, xa que reciben todas as urxencias que xorden entre as 15:00 e as 22:00, o que provoca unha saturación.

CCOO leva meses denunciando o mal estado do complexo hospitalario

CCOO denuncia o «abandono» da unidade de Psiquiatría do Hospital Médico-Cirúrxico de Conxo

  • Nos últimos días rexistrouse a caída de novos elementos pola falta de mantemento do complexo hospitalario
08.04.2019.

A Federación de Sanidade de CCOO leva anos denunciando a situación de «abandono» da unidade de hospitalización breve de Psiquiatría do Hospital Médico-Cirúrxico de Conxo, en Santiago de Compostela. Segundo o sindicato, en abril de 2019 continúan as mesmas eivas que se lle expuxeron por escrito á Xerencia da área sanitaria no ano 2017: carencia de recursos, mobilidade do persoal, non cobertura das ausencias, necesidade de cámaras de vixilancia ou deficiencias estruturais.

Un momento da concentración

Técnicos forestais da Xunta concentráronse diante da sede do Goberno galego

16.05.2019.

CCOO, UGT, CSI-F e CIG convocaron este xoves en Santiago de Compostela unha concentración de técnicos forestais da Xunta. Diante da sede do Goberno galego, esixiron a apertura da mesa de negociación das condicións de traballo deste colectivo, vinculado ao Servizo Público de Defensa contra Incendios Forestais.

Na conferencia de prensa salientouse a unidade sindical ao redor das reivindicacións

O persoal do aeroporto de Santiago manifestarase o xoves 16 de maio e fará un pícnic simbólico na terminal compostelá

  • Os representantes sindicais denunciaron que un responsable de AENA deixou aberta a posibilidade de que a cantina do persoal quede sen licitar
14.05.2019.

Traballadoras e traballadores do aeroporto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela manifestaranse o xoves, 16 de maio, para esixir o mantemento da cantina do persoal. Se quedan sen este servizo, deberían pagar os mesmos prezos que as persoas usuarias, coa consecuente perda de poder adquisitivo. «Nós non estamos de paso, senón que traballamos alí», insistiron. A marcha partirá ás 11:30 da rotonda do aeroporto e finalizará na terminal compostelá cun pícnic simbólico para denunciar a situación.

CCOO-Ensino sitúase como primeiro sindicato da universidade galega

CCOO-Ensino gaña as eleccións na USC e comparte o primeiro lugar no sistema universitario galego

  • As candidaturas de Comisións Obreiras melloraron resultados en todas as universidades
13.05.2019.

A pasada semana celebráronse as eleccións sindicais nas tres universidades galegas. As candidaturas presentadas por CCOO-Ensino melloraron resultados e permitíronlle ao sindicato ser o único que aumentou a súa presenza. Comisións gañou na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e obtivo bos resultados nas da Coruña (UDC) e Vigo (UVigo). Isto permítelle a CCOO colocarse, con 58 delegados e delegadas, como primeiro sindicato do sistema universitario galego, posición compartida coa CIG.

Pancarta da manifestación central, na Coruña

Milleiros de persoas reclamaron nas rúas galegas que se mire polas súas necesidades e políticas que afronten as carencias sociais

02.05.2019.

Milleiros de persoas, convocadas por CCOO e UGT, saíron ás rúas das cidades e vilas galegas para celebrar este Primeiro de Maio. A cidadanía galega demandou nesta data que "primeiro as persoas" e a necesidade de que o novo Goberno acometa un cambio de políticas co obxecto de garantir máis dereitos, máis igualdade e máis cohesión.

A sentenza do TSXG é a primeira do Estado neste sentido

O TSXG dálle a razón a CCOO na primeira sentenza do Estado que recoñece indemnización para o persoal con contrato predoutoral

  • O Alto Tribunal galego recoñécelle a este persoal o dereito a unha indemnización equivalente a doce días de salario por cada ano de servizo
26.04.2019.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) dálle a razón a Comisións Obreiras (CCOO) e sentencia que o persoal con contrato predoutoral da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten dereito a unha indemnización por cesamento ou finalización do seu contrato. Trátase da primeira sentenza do Estado neste sentido, salienta Comisións. Na demanda de conflito colectivo, amais da USC estaban codemandados os sindicatos UGT e CIG.

CCOO esixe que o Hospital do Barbanza conte sempre con servizo de farmacia | Foto: Google Maps

CCOO esixe que o Hospital do Barbanza conte sempre con servizo de farmacia

  • Os doentes traen medicación da casa e o hospital non conta con farmacia operativa durante as tardes, noites e fins de semana
16.04.2019.

A Federación de Sanidade de CCOO esixe que o Hospital do Barbanza conte sempre con servizo de farmacia. Actualmente non está operativa durante as tardes, noites e fins de semana, e os doentes continúan traendo da casa a súa medicación, como se facía antigamente. Malia se tratar a situación en numerosas ocasións, nin o Sergas nin a dirección do Hospital deron unha solución a esta problemática.

Asemblea de traballadoras o pasado xoves, 11 de abril

Mobilizacións no SAD de Vedra para esixir o cumprimento do convenio e a readmisión dunha traballadora

15.04.2019.

O persoal do servizo de atención a domicilio (SAD) de Vedra decidiu iniciar mobilizacións contra os graves incumprimentos do convenio e a mingua das súas condicións laborais, e para esixir a readmisión dunha compañeira que foi despedida.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: