Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a Comisións Obreiras
Manifestación a pasada semana fronte á delegación da Xunta en Vigo

O persoal de Vulcano demóstralle á empresa a súa implicación a prol dunha solución

  • O 62,2 % de traballadores e traballadoras acepta a proposta da dirección para cobrar agora dúas nóminas e as outras tres após a entrega do transbordador
14.02.2019.

O persoal de Vulcano volveulle demostrarlle á dirección a súa implicación a prol dunha solución ante a situación «crítica» do estaleiro vigués. Dada a falta de avances, o comité de empresa optou por someter a votación a proposta da empresa para cobrar agora dúas nóminas e as tres restantes após a entrega do Transbordador 'Villa de Teror'. A maioría dos votos (62,2 %) foron favorables a esta proposta.

A manifestación rematou diante da delegación da Xunta de Galicia en Vigo

O persoal de Vulcano maniféstase para esixir os seus salarios

06.02.2019.

O comité de empresa do estaleiro vigués Vulcano convocou este mércores unha manifestación para esixir o pagamentos dos salarios ao persoal, que leva cinco meses sen cobrar. A marcha, encabezada por unha pancarta co lema «Vulcano, solución!», percorreu varias rúas de Vigo.

Pancarta de CCOO-Servizos diante dun centro de Unísono en Vigo

Éxito da folga en Unísono, cun seguimento do 80 % en Vigo

28.01.2019.

A Federación de Servizos de CCOO informa do «éxito» da folga convocada na empresa de telemercadotecnia Unísono. O seguimento medio foi do 70 % en España, que se elevou ao 80 % nos tres centros de traballo con que conta en Vigo.

Acordo no ERE de Pili Carrera

23.01.2019.

O comité de empresa de Pili Carrera, con representación sindical de CCOO, CIG e UGT, asinou hoxe por unanimidade o expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo que o persoal ratificou onte con 60 votos a favor e 28 en contra.

Concentracións mañá martes, 15 de xaneiro

CCOO chama a participar o martes nas concentracións feministas contra a ameaza da extrema dereita

  • Terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!»
14.01.2019.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) chama a participar mañá martes, 15 de xaneiro, nas concentracións convocadas polo movemento feminista contra a ameaza da extrema dereita. As mobilizacións terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!».

CCOO solidarízase cos xefes de servizo de atención primaria de Vigo que presentaron a súa dimisión

  • O sindicato pide a recuperación do Plan de mellora da atención primaria, consensuado pola Administración e os axentes sociais hai dez anos e paralizado posteriormente polo PP
11.12.2018.

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia solidarízase cos xefes de servizo e unidade de atención primaria da área sanitaria de Vigo, que, «nun exercicio de dignidade e ética ante a progresiva deterioración» asistencial, presentaron a súa dimisión.

CCOO gañou as eleccións sindicais na empresa

CCOO gaña as eleccións sindicais en Lonza Biologics, no Porriño

  • O principal reto é a negociación do convenio colectivo, que caduca este ano
27.11.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) gañou por vez primeira as eleccións sindicais en Lonza Biologics, empresa de biotecnoloxía con sede no Porriño e na que traballan case catrocentas persoas. Durante os próximos catro anos, CCOO terá a maioría da representación do comité de empresa para acometer os importantes retos, entre eles a negociación do convenio, que caduca este ano.

Os sindicatos esixen un convenio xusto

Éxito tamén na segunda xornada de folga de elaborados do mar

  • CCOO denuncia coaccións das empresas e reproba a intervención policial na empresa Cabomar, onde actuou «man con man» coa empresa
31.10.2018.

A Federación de Industria de CCOO de Galicia cualifica de «éxito» a segunda xornada de folga no sector de elaborados do mar. Trátase dunha «exhibición de forza e de dignidade», malia todas as dificultades. Canto aos incidentes rexistrados, CCOO denuncia coaccións de responsables dalgunhas empresas e, particularmente, reproba a intervención policial na empresa Cabomar, onde actuou «man con man» coa empresa.

De esq. a der., Serafín, A. Gonçalves (CIG), Carlos, Amelia Pérez (CCOO) e E. Fontanes (UGT)

Carlos e Serafín, indultados: «A nosa causa foi a de todos»

  • Despois de case cinco anos de mobilizacións, o Goberno de España fixo oficial o indulto esta semana
12.02.2019.

Serafín Rodríguez e Carlos Rivas compareceron este mércores nunha conferencia de prensa para avaliar a boa nova do indulto parcial que lles concede o Goberno de España. Estiveron acompañados pola secretaria xeral de CCOO de Vigo, Amelia Pérez, e polos responsables comarcais da UGT e da CIG.

Imaxe da protesta no porto de Vigo

O persoal de Alcoa protesta contra a importación de aluminio

02.02.2019.

O persoal de Alcoa protestou este sábado en Vigo e Vilagarcía de Arousa contra a importación de aluminio. Segundo informaron, a cantidade de metal que chega doutros países é practiacamente a mesma que se produce nas plantas da Coruña e de Avilés, que a multinacional estadounidense pretende pechar.

De esq. a der., José M. Zapico, Ramón Sarmiento e Vicente Andrés

CCOO esixe investimentos para a inclusión do noroeste español na Rede Transeuropea de Transporte por Ferrocarril

  • Hoxe tivo lugar en Santiago de Compostela un foro reivindicado polo sindicato hai xa dous meses, para analizar as necesidades de infraestruturas e a planificación estratéxica de futuro
28.01.2019.

Dirixentes de Comisións Obreiras (CCOO) de Galicia, Asturias e Castela e León esixiron hoxe en Santiago de Compostela investimentos para a inclusión das tres comunidades do noroeste na Rede Transeuropea de Transporte por Ferrocarril. Así o expresaron no transcurso dun foro que, precisamente, xorde dunha petición formulada polo sindicato hai dous meses na vila berciana de Ponferrada.

Fotografía de arquivo dunha protesta esixindo solucións para o estaleiro Vulcano

A Xunta comprométese a convocar unha reunión antes do día 24 para procurar unha saída á situación de Vulcano

  • A Administración autonómica e os sindicatos concordan en que a actual encarga debe ser rematada en Vigo
17.01.2019.

Esta tarde tivo lugar na Consellaría de Industria unha reunión entre o comité de empresa do estaleiro vigués Vulcano, o propio conselleiro mais o director do IGAPE. Froito da xuntanza, a Administración autonómica comprometeuse a convocar as partes implicadas a unha reunión urxente antes do vindeiro 24 de xaneiro, para tratar de chegar a unha solución «definitiva».

De esquerda a dereita, Carlos Mella, Ramón Sarmiento e Julián Gutiérrez

CCOO propón melloras para o sistema de pensións e a rede de atención ás persoas maiores

  • As prestacións en Galicia sitúanse entre as máis baixas do Estado, ao tempo que a comunidade autónoma ten unha das peores 'ratios' de prazas en residencias da terceira idade
18.12.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) presentou hoxe as principais conclusións do 'Observatorio social de las personas mayores 2018', elaborado pola Federación estatal de Pensionistas e Xubilados do sindicato. Tamén propuxo melloras tanto para o sistema público de pensións, como para toda a rede de atención ás persoas maiores, con especial énfase nas prazas en residencias da terceira idade.

A folga foi determinante para as conquistas laborais no sector de elaborados do mar

CCOO afirma que as conquistas do convenio de elaborados do mar «demostran a eficacia da loita obreira»

  • Recóllese incremento salarial nos catro anos de vixencia do convenio, amais de melloras laborais e sociais
30.11.2018.

Tras moitos meses de conflito, esta semana asinouse o novo convenio colectivo do sector de elaborados do mar, de ámbito estatal, se ben o 80 % do emprego está en Galicia e desempeñado fundamentalmente por mulleres. Segundo CCOO, as conquistas conseguidas «demostran a eficacia da loita obreira». Coa súa constancia, e especialmente coa convocatoria de folga, as traballadoras conseguiron desbloquear unhas negociacións «difíciles» e que a patronal emendara os seus postulados.

Cartel anunciando a xornada

CCOO organiza en Vigo unha xornada para divulgar a problemática do amianto

  • Intervirán especialistas de diferentes ámbitos, así como representantes sindicais, da política e persoas afectadas pola exposición ao asbesto
07.11.2018.

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia organiza este xoves en Vigo unha xornada sobre o amianto. O obxectivo é dar a coñecer os riscos deste material canceríxeno sobre a saúde das persoas. Malia o seu uso masivo durante décadas, hai poucos datos sobre o alcance real da problemática na comarca de Vigo.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: