Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO
Captura de pantalla da web do CTAG

Asinado un acordo no CTAG que mellora as condicións respecto do convenio estatal de enxeñarías

  • O pacto mellora a política de contratación, reduce a temporalidade e inclúe novidades sociais
18.01.2018.

O comité de empresa do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), presidido por CCOO, asinou coa dirección un acordo que mellora as condicións laborais en relación co vixente convenio colectivo estatal de enxeñarías. O pacto contou co apoio unánime de todos os integrantes do comité, composto por dez membros de CCOO, cinco independentes e dous da CIG.

Xuntanza da coordinadora do automóbil de CCOO

A coordinadora da automoción de CCOO analiza a situación e retos do sector

  • A cuarta quenda en PSA, o lanzamento do modelo K9 e a competencia desleal centraron a reunión
18.12.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) reuniu recentemente en Vigo as delegadas e delegados do sector do automóbil para analizar a situación actual, así como os retos e ameazas de futuro. A cuarta quenda en PSA, o esforzo para o lanzamento do modelo K9 e a competencia desleal —sobre todo de Portugal— centraron a reunión.

Quirófano no hospital Álvaro Cunqueiro | Foto: Amtega

Folga indefinida do persoal de mantemento do Cunqueiro a partir do día 26

  • O persoal decidiuno en asemblea, vista a actitude intransixente de Veolia, empresa concesionaria do servizo
  • O comité de empresa denuncia importantes diferenzas salariais e laborais entre o cadro de persoal
13.12.2017.

O persoal de mantemento do Hospital Álvaro Cunqueiro, pertencente á empresa Veolia, decidiu por maioría convocar folga indefinida a partir do vindeiro 26 de decembro. A decisión tomouse debido á actitude intransixente da empresa nas negociacións para lograr un convenio colectivo específico para este centro de traballo.

Concentración fronte á sede de Conxemar, en Vigo

Continúa a loita por condicións laborais dignas no sector de elaborados do mar

27.11.2017.

Delegadas e delegados de CCOO no sector de elaborados de produtos do mar concentráronse este venres diante a sede de Conxemar en Vigo. Ante as instalacións da patronal, reivindicaron un convenio con salarios e condicións laborais «dignas».

Fotograma do documental

O documental 'Vigo 1972, a hora da memoria' estréase en Santiago de Compostela e Ferrol

  • Esta obra audiovisual, na que colaborou CCOO, xa superou os 1700 espectadores e espectadoras na cidade olívica
  • O equipo do documental presentará a estrea en Compostela
16.11.2017.

O venres, día 17 de novembro, estrearase en cines de Santiago de Compostela e Ferrol o documental 'Vigo 1972, a hora da memoria'. Esta obra audiovisual, na que colaborou CCOO, xa superou os 1700 espectadores e espectadoras na cidade olívica.

Os próximos días 9 e 10 de novembro

CCOO e UGT organizan en Vigo os XXII Encontros Sindicais da Muller

  • Terán lugar os días 9 e 10 de novembro, de 09.30 a 13.30 h, no Hotel Coia
03.11.2017.

Os días 9 e 10 de novembro terán lugar no Hotel Coia de Vigo os XXII Encontros Sindicais da Muller, baixo o título «A igualdade de xénero, a debate». Dez anos após a promulgación das leis galega e estatal, CCOO e UGT convidan a reflexionar sobre os avances que supuxeron, a súa incidencia real e os aspectos que cómpre reformular.

Delegadas e delegados sindicais atenden os medios de comunicación

Delegadas e delegados sindicais pecháronse na sede do SERGAS en Vigo

  • Despregaron unha pancarta de apoio á folga dos próximos 2 e 3 de novembro
  • CCOO defende que se recuperación económica chegou, como asegura a Xunta, débense restituír os dereitos ao persoal da sanidade pública
25.10.2017.

Ás 12:30 de hoxe, oitenta delegadas e delegados sindicais de CCOO, CIG, CSIF, SAE, SATSE e UGT pecháronse unhas horas na sede do SERGAS en Vigo, na rúa García Barbón. No edificio administrativo despregaron unha pancarta de apoio á folga convocada para os días 2 e 3 de novembro na sanidade pública.

Captura de pantalla da web do CTAG

CCOO-Servizos obtén a maioría absoluta no comité de empresa do CTAG

18.10.2017.

O 17 de outubro tiveron lugar as eleccións sindicais ao comité de empresa do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galcia (CTAG). Nestes comicios, CCOO pasou a ser o sindicato maioritario, pois obtivo 10 dos 17 delegados posibles. Isto permítelle pasar dunha representación do 30,77% a un 58,82%, ou sexa, maioría absoluta.

Fotografía da concentración

Concentración diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra a prol do indulto para Carlos e Serafín

  • CCOO, UGT e CIG lembran que defender a clase traballadora non é delito
11.01.2018.

CCOO, UGT e CIG concentráronse esta mañá diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra. Os sindicatos amosaron así o seu apoio a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, que levan catro anos agardando por un indulto que o Goberno español se nega a conceder.

Concentración fronte aos Xulgados de Ferrol

Seguimento do 90% da xornada de folga na Xustiza

13.12.2017.

As sete organizacións sindicais que convocan a folga da Xustiza, entre elas CCOO, informan de que o seguimento da convocatoria foi de case o 90%. Por cidades, o maior seguimento deuse en Pontevedra, onde case o 95% do persoal secundou os paros. Na Coruña, Ourense e Vigo tamén se superou amplamente o 90% de participación.

Quirófano no hospital Álvaro Cunqueiro | Foto: Amtega

O persoal de mantemento do Cunqueiro mobilizarase para reclamar un convenio que iguale as condicións de traballo

  • O comité denuncia importantes diferenzas salariais e laborais entre o cadro de persoal
28.11.2017.

O comité de Veolia Servicios Norte, empresa encargada do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, convoca mobilizacións para reclamar un convenio colectivo específico para este centro de traballo. Con esta iniciativa queren igualar as condicións salariais e laborais do cadro de persoal e así rematar coas importantes diferenzas existentes. As protestas terá lugar no propio hospital os días 29 e 30 de novembro e 1, 4 e 5 de decembro, entre as 14:30 e as 15:30 horas.

Cartel da homenaxe

CCOO homenaxeará en Vigo o sindicalista Waldino Varela

24.11.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) homenaxeará o vindeiro 2 de decembro a Waldino Varela Martínez. Este veterano sindicalista foi o primeiro secretario xeral comarcal de Vigo, un histórico do movemento sindical galego que realizou o seu labor nun tempo convulso en que homes e mulleres loitaban non só polos dereitos laborais, senón tamén pola democracia mesma.

Un momento da asemblea do mércores en Vigo

CCOO vixiará «de preto» o cumprimento do convenio pontevedrés do metal

  • O sindicato lanza unha advertencia ás empresas «piratas» que deixan de aplicar o convenio sen causa xustificada
09.11.2017.

O mércores, 8 de novembro, tivo lugar en Vigo unha asemblea de delegadas e delegados do sector do metal da provincia de Pontevedra. Publicado o convenio o pasado 26 de outubro, era necesaria unha xuntanza para explicar as «pequenas modificacións» que sufriu o documento despois dos requirimentos que fixo a Xunta.

Chega á gran pantalla 'Vigo 1972, a hora da memoria'

27.10.2017.

Este venres, 27 de outubro, estréase na gran pantalla o documental 'Vigo 1972, a hora da memoria'.

Cartel da xornada

CCOO organiza en Vigo a xornada monográfica «Comunicación, sociedade e poder»

  • Tres xornalistas de tres medios de comunicación diferentes intentarán despexar algunhas cuestións sobre o papel da prensa na nosa sociedade
25.10.2017.

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo organiza para o vindeiro luns, día 30 de outubro, unha xornada monográfica titulada «Comunicación, sociedade e poder», na que se achegará a realidade dos medios de comunicación no contexto actual e as súas relacións e influencias co resto da sociedade e poder. Comezará ás 9:30 h no hotel Coia.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia