Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

martes 23 de xullo de 2019

Comisións Obreiras apoia a mobilización que o persoal de Salvamento, Socorrismo e Accesibilidade ao Baño de Vigo ten convocada para este vindeiro sábado 27 de xullo ás 10:00.

Cartel

Cartel

Unha concentración diante do posto de emerxencias de Samil á que está convocado todo o cadro persoal do Servizo, trala decisión tomada en asemblea.

O delegado de persoal de CCOO salienta a necesidade da mellora e dignificación do Servizo, que ten que pasar por un aumento orzamentario e polo cumprimento por parte da Empresa do Convenio Colectivo e do Prego Municipal.

Así mesmo, Alberto López recalca que a Empresa ademais de incumprir o Convenio, discrimina salarialmente aos traballadores e está tratando de modificar sustancialmente as condicións contractuais das traballadoras e traballadores de xeito unilateral.

A totalidade da representación sindical na Empresa (CCOO e CIG) farán parte da xornada de mobilización, que terá como reivindicación central "Salvamento, Socorrismo e Accesibilidade en loita por un traballo digno".

Por isto, o persoal do Servizo de Socorrismo, Salvamento e Accesibilidade se concentrará este sábado ás 10:00.
 

Comisións Obreiras apoia a mobilización que o persoal de Salvamento, Socorrismo e Accesibilidade ao Baño de Vigo ten convocada para este vindeiro sábado 27 de xullo ás 10:00.

martes 23 de xullo de 2019

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Igualdade
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros