Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO!

Desde a Secretaría de Saúde Laboral, a través dos gabinetes de saúde laboral, ofrecémoslles aos delegados e delegadas de prevención o soporte técnico para a mellora das condicións de traballo, a protección ambiental e a promoción da saúde dos traballadores e traballadoras. O noso obxectivo é fomentar a participación dos delegados/as en materias preventivas mediante o asesoramento directo e a asistencia tanto á representación dos traballadores/as como aos propios traballadores e traballadoras, especialmente nas pequenas e medianas empresas.

En que podemos axudarte?

  • Revisamos a avaliación de riscos laborais e a planificación da prevención.
  • Asesorámoste en problemas coa túa mutua.
  • Analizamos os datos da vixilancia da saúde.
  • Revisamos os plans de emerxencia.
  • Asesorámoste en asuntos concretos como residuos, ruído, produtos químicos e outros.
  • Orientámoste no deseño dos postos de traballo.
  • Asesorámoste en caso de accidentes de traballo, enfermidades profesionais e outros danos derivados do traballo.
  • Vixiamos o cumprimento da Lei.
  • Atendemos colectivos especialmente sensibles.

Como podemos axudarte?

  • Visitando a túa empresa.
  • Dándoche apoio técnico nas reunións coa empresa, co Servizo de Prevención ou co Comité de Seguridade e Saúde.
  • Redactando informes.
  • Facilitándoche documentación.
  • Elaborando o material que precises.
  • Elaborando estudos específicos.
  • Facilitándoche a información.
  • Acompañándote á Inspección.
  • Remitindo os casos aos organismos que corresponda.