Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a Comisións Obreiras
De esq. a der., Emilia Lamas, Antonio Cabrera e Ramón Sarmiento

CCOO-Sanidade pide adecuar a clasificación profesional ao nivel de formación

  • O secretario xeral de CCOO de Galicia afirma que o emprego público na sanidade ten que volver estar «estreitamente ligado» á estabilidade e á calidade
16.01.2019.

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras pide adecuar a clasificación profesional ao nivel de formación. É a principal reivindicación do sindicato nunha xornada que ten lugar hoxe en Santiago para, precisamente, orientar os profesionais neste sentido. O secretario xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, coida que a prestación dun servizo básico como é a sanidade «non pode descansar sistematicamente no compromiso vocacional dos seus profesionais».

Vicente Álvarez Areces, nun acto institucional en 2005 | Foto: Goberno de España

O Sindicato Nacional de CCOO lamenta o falecemento de Vicente Álvarez Areces, un «amigo de Galicia»

  • Foi alcalde de Xixón doce anos e presidente de Asturias durante tres lexislaturas; a súa relación coa nosa terra data da súa etapa de estudante en Santiago de Compostela
17.01.2019.

​O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras lamenta o falecemento de Vicente Álvarez Areces, que foi alcalde de Xixón doce anos e presidente do Principado de Asturias durante tres lexislaturas. A organización sindical cualifícao de «amigo de Galicia», terra onde tiña moitas amizades e que visitaba con asiduidade.

Á esquerda, anuncio do acordo previo; á dereita, protesta onte en Madrid para esixir solucións

Acordo previo para manter o emprego en Alcoa ata o 30 de xuño

  • Os comités de empresa da Coruña e de Avilés instan o Goberno de España a garantir os postos de traballo e a actividade despois desa data
16.01.2019.

Na madrugada deste mércores, a comisión negociadora chegou a un acordo previo para manter o emprego nas plantas de Alcoa da Coruña e de Avilés ata o 30 de xuño, á espera de que apareza algún comprador para ambas as factorías. Os comités de empresa instan agora o Goberno de España a garantir os postos de traballo e a actividade despois desa data.

CCOO chama a participar o martes nas concentracións feministas contra a ameaza da extrema dereita

  • Terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!»
14.01.2019.
Concentracións mañá martes, 15 de xaneiro

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) chama a participar mañá martes, 15 de xaneiro, nas concentracións convocadas polo movemento feminista contra a ameaza da extrema dereita. As mobilizacións terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!».

Novidades en materia de Seguridade Social do 2019

  • Salario mínimo, bases de cotización e pensións mínimas
  • Prestacións de desemprego, familiares e asistenciais
10.01.2019.
Novidades Seguridade Social 2019

Xuntamos a esta nota informativa dous documentos resumindo as principais novidades en materia de Seguridade Social para 2019, recollidas no Real decreto lei 28/2018, de 28 de decembro.

Novidades autónomos 2019

11.01.2019.
O documento resume as principais novidades

Xuntamos documento que resume as principais novidades que este ano 2019 afectan ás persoas do réxime especial de autónomos.

CCOO propón melloras para o sistema de pensións e a rede de atención ás persoas maiores

  • As prestacións en Galicia sitúanse entre as máis baixas do Estado, ao tempo que a comunidade autónoma ten unha das peores 'ratios' de prazas en residencias da terceira idade
18.12.2018.
De esquerda a dereita, Carlos Mella, Ramón Sarmiento e Julián Gutiérrez

Comisións Obreiras (CCOO) presentou hoxe as principais conclusións do 'Observatorio social de las personas mayores 2018', elaborado pola Federación estatal de Pensionistas e Xubilados do sindicato. Tamén propuxo melloras tanto para o sistema público de pensións, como para toda a rede de atención ás persoas maiores, con especial énfase nas prazas en residencias da terceira idade.

Intervención Emilio Doforno (CCOO) tras o asinamento do acordo

Asinado coa Xunta o acordo para a estabilización do emprego, funcionarización e carreira profesional

  • O pacto galego non sería posible sen os asinados previamente polo sindicato no ámbito estatal
15.01.2019.

Hoxe tivo lugar o asinamento do acordo para a promoción interna, estabilización do emprego, funcionarización e carreira profesional no ámbito da Xunta de Galicia. Comisións Obreiras (CCOO) salienta que se trata dun pacto «histórico» que recolle importantes melloras e que non sería posible sen os consensos acadados no ámbito estatal grazas ao labor deste sindicato.

Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO

Galicia pecha 2018 con mais de 169.000 persoas desempregadas

  • CCOO denuncia que se desaproveitou un ano para transformar o crecemento económico en creación de emprego
03.01.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia considera que o Goberno da Xunta desaproveitou o ano 2018 por non aplicar as políticas adecuadas que trasladaran o crecemento económico á creación de emprego de calidade. Uns datos, aparentemente positivos que agochan moitas sombras no mercado laboral galego: o emprego creado segue a ser de moi baixa calidade (mais de 983.000 contratos temporais asinados no último ano) e se concentra nos servizos de baixo valor engadido, o desemprego descende un 8,5% mentres que a afiliación só medra un 2,1% nunhas porcentaxes que son menos da metade que en anos precedente

CCOO non cre que os grupos de traballo propostos por Sanidade solucionen os problemas da atención primaria en Galicia

  • O sindicato lembra que hai un ano xa se creara unha comisión técnica para tratar os problemas nos PAC e o resultado foi «un fiasco» pola «parsimonia» dos responsables do Sergas
19.12.2018.
Sede do Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia non cre que os problemas de atención primaria e da sanidade en Galicia se vaian resolver coa creación de seis grupos de traballo, tal como propón a Consellaría. O sindicato lembra que hai un ano xa se creara unha comisión técnica para tratar os problemas nos PAC e o resultado foi «un fiasco» pola «parsimonia» dos responsables do Sergas. Por esta razón, CCOO non quere «comisións dilatorias», senón unha negociación «transparente» coa representación legal do persoal e con compromisos «serios e coutados no tempo».

Comisións Obreiras, «de loito» polas catro mortes producidas en dous afundimentos

20.12.2018.
Barcos de pesca | Foto: pixabay

Comisións Obreiras, «de loito» polas catro mortes producidas en dous afundimentos. Ambos os sinistros aconteceron nas últimas horas. Primeiro foi o cerqueiro 'Sin Querer Dos' e a pasada madrugada o pesqueiro 'Silvosa'. O sindicato trasmite aos feridos e ás familias das vítimas a súa solidariedade e afecto, ao tempo que pide unha investigación «áxil e rigorosa» que permita determinar as causas e evitar que se produzan novas traxedias.

Éxito da folga na Corporación Radio e Televisión de Galicia

20.12.2018.
Concentración fronte ao Parlamento de Galicia, na compostelá rúa do Hórreo

CCOO considera un éxito a folga de 24 horas que tivo lugar o mércores, 19 de decembro, na Corporación Radio e Televisión de Galicia. O paro convocouse para defender o servizo público da CRTVG e rexeitar tanto a represión como a manipulación informativa. Foi a culminación de varios meses de mobilizacións, que xa incluíran paros parciais.

FSC-CCOO e FeSP-UGT coidan «insuficientes» os incrementos retributivos que propón a Xunta para a Administración xeral

  • Os sindicatos critican a discriminación que se produce co persoal laboral fixo e co interino
19.12.2018.

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO (FSC-CCOO) e a Federación de Servizos Públicos de UGT (FeSP-UGT) cualifican de «insuficientes» os incrementos retributivos que propón a Xunta para o persoal da Administración xeral. Segundo os sindicatos, estes aumentos non son equivalentes aos aplicados ao resto das traballadoras e traballadores que dependen da Administración autonómica, ao tempo que exclúen o persoal laboral fixo e o persoal interino.

#AlcoaNonSePecha
#AlcoaNonSePecha
Asinado o acordo de homologación salarial docente
Asinado o acordo de homologación salarial docente
Convenio digno para o comercio vario
Convenio digno para o comercio vario
Mobilizacións en que participou CCOO nos últimos catro anos
Mobilizacións en que participou CCOO nos últimos catro anos
  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros