Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Primeiro de Maio de 2019: Primeiro as persoas

Política de privacidade (RGPD)

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

CONFEDERACIÓN SINDICAL DE CC.OO., con CIF: G28496131 e domicilio en r/ Fernández De La Hoz, 12 - 28010 (Madrid), como titular da web que vostede está consultando, quere, por medio desta declaración, informar a todos os visitantes de cal é a nosa política de mantemento da privacidade e tratamento dos datos de carácter persoal que son facilitados de forma libre e voluntaria por todos os usuarios.
CONFEDERACIÓN SINDICAL DE CC.OO. desexa informalo de que será responsable dos ficheiros automatizados derivados da inscrición ou xestión, por calquera dos usuarios ou visitantes desta páxina e que decidan cubrir algún dos formularios existentes nela. Non obstante, en cada toma de datos que se realice, indicaráselle a través da correspondente cláusula a información pertinente conforme ao establecido na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
CONFEDERACIÓN SINDICAL DE CC.OO. adoptará as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal e evitar así a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía de acordo co establecido polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (coñecido como RXPD ou Regulamento Europeo de Protección de Datos).
Os usuarios teñen recoñecidos e poderán exercitar os dereitos de acceso, supresión, rectificación, portabilidade, limitación do tratamento e oposición, a través dos seguintes formularios: formulario de exercicio de dereito de supresión, formulario de exercicio de dereito de acceso, formulario de exercicio de dereito de rectificación conforme ao indicado no momento da recollida de datos, formulario de exercicio de dereito de portabilidade, formulario de exercicio de limitación do tratamiento, formulario de exercicio de oposición ou ben dirixíndose a: CONFEDERACIÓN SINDICAL DE CC.OO., r/ Fernández De La Hoz, 12 - 28010 (Madrid), indicando a referencia Delegado de Protección de Datos (ou DPD). Tamén pode dirixir unha solicitude ou poñerse en contacto co Delegado de Protección de Datos a través do enderezo dpd@ccoo.es.
A solicitude, que sempre levará acreditación de identidade, deberá conter nome, apelidos do interesado, fotocopia do DNI, petición en que se concreta a solicitude, domicilio para os efectos de notificacións, data e sinatura do solicitante e documentos acreditativos da petición que formula. Se a solicitude non reúne os requisitos especificados, requirirase a súa corrección.
Todos os subscritores de publicacións recibirán, en cada un dos envíos, unha cláusula informativa na que se lles indicará a posibilidade de procesar a baixa.
CONFEDERACIÓN SINDICAL DE CC.OO. pode utilizar cookies cando un usuario navega por esta páxina web, co obxectivo de identificar e mellorar a navegación e reforzar a seguridade. A utilización destas cookies non proporciona de seu nin nomes de usuario, nin ningún dato de carácter persoal, nin pode ler datos do seu disco duro e permanece unicamente mentres se mantén aberta a sesión, non se almacena no seu ordenador. Por outra parte, o usuario sempre ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado por pantalla.
Nesta web pode encontrar ligazóns de interese a outros sitios web. CONFEDERACIÓN SINDICAL DE CC.OO. non asume ningunha responsabilidade sobre estas ligazóns, polo que o usuario accederá baixo as condicións de uso que rexan as ditas páxinas.
CONFEDERACIÓN SINDICAL DE CC.OO. pode modificar esta política de privacidade en función das esixencias lexislativas, normativas ou instrucións da Axencia de Protección de Datos, así como calquera cambio na nosa organización que nos obrigue a facelo.

Política de privacidade (RGPD)