Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO
CCOO atribúe os resultados á campaña sindical contra os incumprimentos no sector | Foto: clece.es

CCOO logra toda a representación sindical na empresa Clece en Ferrol

  • Consegue as tres delegadas que se elixían e faino, ademais, con case o cen por cento dos votos
19.06.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) logrou toda a representación sindical na empresa Clece en Ferrol, dedicada ao sector da axuda a domicilio. A candidatura do sindicato obtivo as tres delegadas que elixían e conseguiuno, ademais, con case o cen por cento dos votos.

Na fotografía, a delegada e delegados de CCOO

CCOO gaña as eleccións sindicais na concesionaria da limpeza dos colexios públicos do Concello de Ourense

14.05.2018.

​A Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais en OHL-Ingesan, concesionaria da limpeza dos colexios públicos do Concello de Ourense. O sindicato conseguiu toda a representación, tres delegados e delegadas, nunha empresa que ten un censo de 45 traballadores e traballadoras.

CCOO-Servizos obtén toda a representación nas eleccións de Novotec na Coruña

17.04.2018.

A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO conseguiu toda a representación (tres delegadas) nas eleccións de Novotec na Coruña. Esta empresa pertence ao grupo APPLUS e dedícase a desenvolver solucións integrais nas áreas de xestión de calidade e procesos, medio ambiente e sustentaibilidade, seguridade e saúde laboral.

CCOO logrou a maioría absoluta nestas eleccións

CCOO logra a maioría absoluta no comité de Office Depot en Ourense

15.01.2018.

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia logrou a maioría absoluta nas eleccións sindicais da empresa Office Depot en Ourense. Cómpre indicar que ata o momento o sindicato non tiña representación no comité, o que non foi óbice para que CCOO estivese en todo momento a disposición das traballadoras e dos traballadores. Froito dese traballo é a confianza que agora expresaron nas urnas, apoiando de xeito maioritario a candidatura de CCOO.

CCOO gaña as eleccións nas empresas Aludec Galvanic e Galicia Processing Seafood

  • Ambas as dúas operan na comarca de Pontevedra
03.11.2017.

As candidaturas presentadas por Comisións Obreiras (CCOO) gañaron as eleccións sindicais nas empresas Aludec Galvanic e Galicia Processing Seafood, que operan na comarca de Pontevedra. En ambos os dous casos, as candidaturas de CCOO lograron a totalidade da representación nos comités de empresa.

Captura de pantalla da web do CTAG

CCOO-Servizos obtén a maioría absoluta no comité de empresa do CTAG

18.10.2017.

O 17 de outubro tiveron lugar as eleccións sindicais ao comité de empresa do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galcia (CTAG). Nestes comicios, CCOO pasou a ser o sindicato maioritario, pois obtivo 10 dos 17 delegados posibles. Isto permítelle pasar dunha representación do 30,77% a un 58,82%, ou sexa, maioría absoluta.

Nas eleccións sindicais, esixe CCOO

CCOO gaña as eleccións e mellora resultados en Diana Promoción

09.08.2017.

CCOO volveu gañar as eleccións sindicais na empresa Diana Promoción, S. A., da provincia da Coruña. A candidatura da Federación de Servizos logrou a maioría absoluta da representación e fíxoo, ademais, conseguindo unha delegada máis que hai catro anos.

Nas eleccións sindicais, esixe CCOO

CCOO-Servizos revalida a súa maioría nas eleccións de Allianz en Galicia

11.05.2017.

Esta semana tiveron lugar as eleccións sindicais de Allianz en todo o Estado. En Galicia, cun censo formado por 66 persoas, Comisións Obreiras foi o sindicato máis votado e revalidou a súa maioría nos centros da Coruña, Vigo, Ourense e Lugo.

CCOO recupera representatividade e pasa a ser a segunda forza sindical do persoal funcionario do Concello de Ourense

01.06.2018.

O xoves, día 31, celebráronse as eleccións sindicais para elixir os 17 membros da xunta do persoal funcionario do Concello de Ourense ata o ano 2022. Nestes comicios, cunha alta participación e a concorrencia de sete listas, a candidatura de CCOO recuperou representatividade e situouse como segunda forza sindical dentro deste colectivo.

Ence Pontevedra

CCOO mellora resultados e sitúase como primeira forza sindical en ENCE

  • O sindicato congratúlase por uns resultados que referendan o seu labor en defensa dos dereitos laborais na empresa
09.05.2018.

Comisións Obreiras mellora resultados e iguala como primeira forza sindical en votos e representación en ENCE (Energía y Celulosa). Nas anteriores eleccións, en 2014, CCOO conseguira catro membros no comité e agora sobe a cinco. Pola súa parte, a UGT, que era o sindicato maioritario, perdeu a metade dos seus representantes, pasando de seis a tres. A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO congratúlase por estes resultados, que referendan o seu labor en defensa dos dereitos laborais na empresa.

CCOO convértese nun referente para a defensa das condicións de traballo no sector

CCOO gaña as eleccións sindicais no servizo de axuda a domicilio de Frades e Ordes

11.04.2018.

A Federación de Construción e Servizos gañou as elecciósn sindicais no servizo de axuda a domicilio da mancomunidade dos concellos de Frades e Ordes, actualmente adxudicado á contrata Aralia Servicios Sociosanitarios.

Nas eleccións sindicais, esixe CCOO

CCOO-Servizos mellora a súa representatividade nas eleccións de Universal Support

24.11.2017.

O xoves 23 tiveron lugar as eleccións sindicais na empresa Universal Support na provincia da Coruña. Nestes comicios, CCOO mellorou os seus resultados, xa que conseguiu seis delegadas para un comité de trece membros.

Nas eleccións sindicais, esixe CCOO

CCOO gañou as eleccións sindicais en CEFRICO

  • O sindicato revalida a súa maioría no comité de empresa
30.10.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) gañou as eleccións sindicais no Centro Frigorífico Conservero, S.A., (CEFRICO), unha empresa conserveira de Vilagarcía de Arousa con 228 traballadores e traballadoras. A candidatura presentada por CCOO logrou catro representantes, o mesmo número que nos anteriores comicios, polo que revalida a súa maioría no comité de empresa.

Tenda de Primark en Santiago de Compostela

CCOO-Servizos obtén toda a representación nas eleccións de Primark en Santiago de Compostela

11.08.2017.

CCOO volveu gañar as eleccións sindicais na empresa Primark (Santiago). A candidatura da Federación de Servizos logrou a totalidade dos 9 membros do comité e fíxoo, ademais, mantendo os resultados das anteriores eleccións, sobre un censo de 130 persoas.

Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061

CCOO-Servizos logra a maioría nas eleccións do 061 en Santiago de Compostela

03.07.2017.

Nas eleccións parciais que tiveron lugar o pasado venres entre o persoal do 061 de Santiago de Compostela, a Federación de Servizos de CCOO logrou a maioría. A candidatura de CCOO-Servizos logrou tres representantes nun comité de cinco membros; os restantes foron para UGT e CUT.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia