Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO
Fotografía de arquivo dunha protesta contra a explotación laboral en Clece

Condenan a Clece por vulnerar a liberdade sindical dunha delegada de CCOO

  • A empresa, concesionaria do servizo de axuda a domicilio da Coruña, deberá pagarlle unha indemnización por danos morais
15.01.2018.

O Xulgado do Social da Coruña deulle de novo a razón a Comisións Obreiras e condena por unha falta grave a concesionaria do servizo de axuda a domicilio. A sentenza considera probado que a empresa vulnerou a liberdade sindical dunha delegada de CCOO, polo que deberá aboarlle unha indemnización por danos morais equivalente a unha mensualidade (1200 euros). O xulgado coruñés tamén advirte que esta condena computará para os efectos oportunos como un precedente.

CCOO rexeita a apertura do comercio os domingos e festivos

CCOO-Servizos reitéralle ao Concello da Coruña a súa oposición á apertura dos comercios os domingos e festivos

  • O sindicato responde con esta negativa á solicitude de informe solicitada polo Goberno local, a raíz dunha petición dos centros comerciais Carrefour
15.12.2017.

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia reitéralle ao Concello da Coruña a súa oposición á apertura dos comercios os domingos e festivos. Con esta negativa, o sindicato responde á petición de informe realizada polo tenente de alcalde e responsable da Área de Emprego e Economía Social, Alberto Lema. O edil coruñés solicitou o parecer do sindicato debido ao interese dos centros comerciais Carrefour en abriren os días 13 de febreiro —martes de Entroido— e 8 de marzo —Día Internacional da Muller— de 2018, ambos os dous festivos locais.

O secretario xeral de CCOO rexistra o seu escrito no Parlamento de Galicia

CCOO pide a renuncia do deputado popular Carlos López Crespo por inxuriar o sindicato e faltarlles ao respecto ás traballadoras de Esteiro

  • O parlamentario do PP minimizou o impacto dun traslado forzoso de máis de cincuenta quilómetros aducindo que as afectadas seguirán acudindo «á mesma igrexa á misa ou aos enterros»
05.12.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) pide a renuncia do deputado Carlos López Crespo, do Grupo Parlamentario Popular, por inxuriar o sindicato e faltarlles ao respecto ás traballadoras do grupo Calvo en Esteiro (Muros). Así mesmo, o secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, rexistrou no Parlamento un escrito no que pide unha xuntanza co presidente da Cámara autonómica e esixe as desculpas de López Crespo.

Nas eleccións sindicais, esixe CCOO

CCOO-Servizos mellora a súa representatividade nas eleccións de Universal Support

24.11.2017.

O xoves 23 tiveron lugar as eleccións sindicais na empresa Universal Support na provincia da Coruña. Nestes comicios, CCOO mellorou os seus resultados, xa que conseguiu seis delegadas para un comité de trece membros.

Manifestación en Sada contra o peche do matadoiro de Alborelle

CCOO mobilízase contra o despedimento de todo o persoal do matadoiro Hermi

21.11.2017.

Comisións Obreiras convocou o luns, día 20, unha manifestación no concello coruñés de Sada para rexeitar a decisión do grupo cárnico Hermi de pechar o matadoiro de coellos co que conta na localidade de Alborelle, o que provocará o despedimento de todo o persoal. Desde CCOO denuncian que o grupo Hermi non está disposto a negociar alternativa ningunha para manter o emprego, e alegará razóns obxectivas e técnicas para botar á rúa as traballadoras e traballadores da factoría sadense.

Executiva da agrupación do sector financeiro de CCOO; no centro, Francisco Villares

O sector financeiro de CCOO renova órganos co reto de lograr unha solución non traumática no ERE do Pastor-Popular-Santander

  • Tras os procesos de reestruturación no ámbito, o sindicato líder do sector centrará os esforzos na calidade do emprego, loitando contra a prolongación sistemática da xornada de traballo
16.11.2017.

O II Plenario da agrupación do sector financeiro da Federación de Servizos de CCOO de Galicia, que tivo lugar na Coruña, reelixiu hoxe a Francisco Villares Cousillas como secretario xeral. Os delegados e delegadas tamén votaron os membros da Comisión Executiva que dirixirá os próximos catro anos esta agrupación.

O libro edítao a Fundación 10 de Marzo de CCOO

Nova presentación do libro 'Apuntamentos históricos do movemento obreiro da Coruña. De Chacón ás Comisións Obreiras'

18.10.2017.

O xoves, día 19 de outubro, terá lugar un novo acto para presentar o libro 'Apuntamentos históricos do movemento obreiro da Coruña. De Chacón ás Comisións Obreiras'. Será ás 20 h na libraría Lume (rúa Fernando Macías n.º 3, A Coruña).

Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de Clece na Coruña

A Xustiza vólvelle dar a razón a CCOO fronte a Clece

  • O TSXG condena a actual concesionaria do servizo de axuda a domicilio da Coruña
  • O alto tribunal obriga a Clece a respectar o acordo asinado entre CCOO e a anterior concesionaria (Valoriza)
04.10.2017.

A xustiza vólvelle dar a razón a Comisións Obreiras (CCOO) fronte ás pretensións da empresa Clece. A actual concesionaria do servizo de axuda a domicilio da Coruña foi condenada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a respectar o acordo asinado por CCOO e a anterior adxudicataria, Valoriza.

O secretario xeral da Fed. de Construción e Servizos de CCOO (esquerda) asinando o convenio

CCOO asina o convenio provincial da construción da Coruña para o período 2017-2021

  • Revisáronse os salarios con carácter retroactivo ao 1 de xaneiro de 2017, cun incremento do 1,9 %
26.12.2017.

Hoxe mércores, 26 de decembro, asinouse o convenio provincial da construción da provincia da Coruña, que conta co aval de CCOO e de UGT. A vixencia é para o período 2017-2021 e inclúe unha suba dos salarios do 1,9 %, aplicable de xeito retroactivo desde o 1 de xaneiro do ano que andamos.

Concentración fronte aos Xulgados de Ferrol

Seguimento do 90% da xornada de folga na Xustiza

13.12.2017.

As sete organizacións sindicais que convocan a folga da Xustiza, entre elas CCOO, informan de que o seguimento da convocatoria foi de case o 90%. Por cidades, o maior seguimento deuse en Pontevedra, onde case o 95% do persoal secundou os paros. Na Coruña, Ourense e Vigo tamén se superou amplamente o 90% de participación.

Concentración fronte á Subdelegación do Goberno en Pontevedra

Centos de delegados e delegadas de CCOO e UGT concentráronse pola recuperación de salarios, emprego e dereitos no sector público

24.11.2017.

A Área Pública de CCOO e a FeSP-UGT iniciaron este venres unha campaña conxunta de mobilizacións baixo o lema «Agora: salarios, emprego público e dereitos». A primeira acción reivindicativa tivo lugar esta mañá e consistiu en concentracións de delegadas e delegados fronte á Delegación do Goberno na Coruña e as Subdelegacións de Lugo, Ourense e Pontevedra.

CCOO é unha das 25 entidades que asinan o pacto xunto ao Concello da Coruña

Asinado na Coruña o pacto local polo emprego

23.11.2017.

A Unión Comarcal de CCOO da Coruña, representada polo seu secretario xeral, Cristóbal González, participou no asinamento do pacto local polo emprego. Forman parte deste pacto o Concello da Coruña e vinte e cinco entidades sociais, institucionais e empresariais.

Fotografía dunha das mobilizacións das delegadas e delegados do comercio vario

Paralízanse as mobilizacións de comercio vario da Coruña ante a convocatoria da constitución da mesa negociadora

16.11.2017.

As mobilizacións realizadas pola CIG, CCOO e UGT no sector do comercio vario da provincia da Coruña deron resultado, pois as patronais convocaron unha xuntanza o vindeiro 21 de novembro, na que se constituirá a mesa negociadora. Por esta razón, paralízanse as mobilizacións previstas para os seguintes días.

Un momento desta xornada

CCOO aposta polos servizos públicos municipais como garantía de mellores prestacións e condicións de traballo

  • O secretario xeral de CCOO da Coruña aposta por dotar de máis competencias os Concellos
10.11.2017.

O secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO da Coruña participou hoxe, venres, nunha xornada organizada pola Universidade coruñesa sobre sobre contratación pública. O primeiro que o sindicalista quixo deixar claro é que o sindicato avoga por que as Administracións xestionen directamente os servizos públicos, tanto pola proximidade e calidade do servizo como polas garantías laborais que isto significa.

Concentración na praza da Quintana, en Santiago de Compostela

Milleiros de voces berraron en Galicia «lumes, nunca máis»

  • CCOO e UGT critican a mala planificación da Xunta de Galicia en materia contra incendios
17.10.2017.

Milleiros de persoas participaron nas ducias de concentracións convocadas para o serán do luns en toda Galicia. En todas as cidades e en numerosas vilas houbo concentracións e mesmo manifestacións. Unha das consignas máis repetidas foi a de «lumes, nunca máis», xunto con berros de «dimisión» dirixidos a diferentes cargos da Xunta, especialmente o presidente.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia