Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a Comisións Obreiras
O persoal de Alcoa en Galicia e Asturias esixe solucións

Galicia e Asturias únense en defensa do emprego en Alcoa

  • A marcha partiu das dúas marxes do río Eo e confluíu na localidade asturiana da Veiga, limítrofe coa provincia de Lugo
19.12.2018.

Este mércores, 19 de decembro, Galicia e Asturias protagonizaron unha manifestación conxunta en defensa dos postos de traballo en Alcoa, tanto nas factorías da Coruña como de Avilés, ameazadas de peche pola multinacional estadounidense.

Na fotografía, manifestación o pasado mes de novembro contra o peche de Alcoa-A Coruña

Alcoa-San Cibrao únese á folga do día 19

  • Haberá unha manifestación desde Ribadeo (Galicia) e Castropol (Asturias) que rematará na localidade asturiana da Veiga
13.12.2018.

Case por unanimidade, o persoal de Alcoa-San Cibrao aprobou hoxe sumarse á folga convocada para o vindeiro mércores, 19 de decembro. Con este xesto solidarízanse coas reivindicacións dos compañeiros e compañeiras das factorías da Coruña e de Avilés, cuxas plantas están ameazadas de peche.

Ramón Sarmiento, secretario xeral de CCOO

CCOO prevé mobilizacións no outono para esixir un salario mínimo por convenio de mil euros mensuais

02.09.2018.

O secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, prevé mobilizacións no outono para esixir un salario mínimo por convenio de mil euros mensuais. Así o afirmou esta mañá na entrevista concedida á Radio Galega. Sarmiento apuntou que, a partir de setembro, instará a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a patronal e as distintas Administracións (incluída a Xunta) a negociar arredor deste obxectivo, recollido no IV Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva asinado o pasado mes de xullo.

Cartel chamando ás mobilizacións

CCOO e UGT chaman á mobilización este domingo nas cidades e vilas galegas para demandar unhas pensións dignas

  • Concentracións e manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Foz, Ourense, O Barco, Vilagarcía, O Grove, Pontevedra e Vigo
12.04.2018.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia chaman a cidadanía a participar o próximo domingo, día 15, nas mobilizacións convocadas nas cidades e vilas galegas para demandar unhas pensións dignas. Afirman que o Goberno debe rectificar e revalorizar as pensións para garantir o seu poder adquisitivo e a viabilidade do sistema público de pensións.

CCOO e UGT salientan o carácter «histórico» da folga de hoxe

CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións

  • Masivo seguimento dos paros de dúas horas, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Tamén participación masiva nas mobilizacións da mañá
08.03.2018.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00). As secretarias da muller de UGT e CCOO, Mónica Rodríguez e Mamen Sabio, respectivamente, piden que a participación tamén sexa «masiva» na derradeira quenda da folga (entre as 19:30 e as 21:30), así como nas manifestacións convocadas polo movemento feminista galego para este serán.

Imaxe da manifestación de Vigo

Pensionistas e xubilados de CCOO e UGT volveron saír ás rúas para esixir pensións dignas

  • Esixen a recuperación do poder adquisitivo das pensións e rexeitan a «miserable» suba do 0,25 %
01.03.2018.

Pensionistas e xubilados do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e de UGT-Galicia protagonizaron este xoves protestas na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Foz, Viveiro, Ourense, O Barco de Valdeorras, Pontevedra e Vigo para denunciar a «miserable» suba das pensións de só o 0,25 %.

Pancarta da concentración da Coruña

Concentracións en defensa da sanidade pública

25.01.2018.

A plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte CCOO, convocou concentracións o mércores 24 en defensa do sistema sanitario público. Desde a plataforma rexeitan a Lei de saúde pública de Galicia imposta pola Xunta, que provocará a desaparición de varias áreas sanitarias e prexudicará a atención.

CCOO esixe a homologación das condicións laborais nas tendas de Inditex | Foto: JWPhotography2012 (F

CCOO-Servizos considera «insuficiente» o complemento salarial anunciado por Inditex para Lugo e Ourense

  • O sindicato sostén que non hai unha verdadeira negociación nin equiparación das condicións laborais destas provincias coas restantes
11.12.2017.

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia cualifica de «insuficiente» o complemento salarial anunciado por Inditex para equiparar as condicións das tendas de Lugo e Ourense coas doutras provincias. O sindicato afirma que o complemento non foi negociado, senón que o importe o decidiu unilateralmente a empresa. Ademais, non equipara realmente as condicións laborais entre os diferentes centros de traballo nin se achega ás peticións de CCOO.

Nova manifestación polas rúas da Coruña

Nova manifestación do persoal de Alcoa-A Coruña

  • O mércores 19, nova mobilización, desta vez desde Ribadeo e Castropol ata A Veiga
15.12.2018.

O persoal de Alcoa na Coruña volveunse manifestar o venres en defensa dos postos de traballo na factoría de aluminio coruñesa. Nesta mobilización contaron coa participación dunha representación da planta asturiana de Avilés, tamén ameazada co peche.

Continúan as mobilizacións en defensa das pensións

CCOO e UGT convocan concentracións para que se garantan os dereitos das persoas maiores

  • Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, ambos os dous sindicatos esixen a revalorización das prestacións para combater o empobrecemento dos pensionistas
28.09.2018.

Co gallo do Día Internacional das Persoas Maiores, CCOO e UGT convocan a próxima semana concentracións en todo o Estado. En Galicia terán lugar o martes, 2 de outubro. Con esta acción, ambos os sindicatos denuncian que as medidas adoptadas para combater a crise só axudaron a empobrecer amplos sectores da poboación, especialmente as persoas de máis idade.

Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña

Milleiros de persoas saen ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de Maio

  • Os secretarios xerais dos dous sindicatos afirmaron que para a clase traballadora é «tempo de gañar» dereitos laborais e sociais recortados durante os anos da crise
01.05.2018.

Milleiros de persoas saíron este martes ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de Maio baixo lema «Tempo de gañar». Precisamente, os secretarios xerais das dúas organizacións, Ramón Sarmiento e José Antonio Gómez, respectivamente, lembraron que para a clase traballadora é «tempo de gañar» dereitos laborais e sociais recortados durante os anos da crise. Desde Vigo, Gómez e Sarmiento reclamaron mellor emprego, maiores salarios, pensións dignas e máis igualdade.

Pancarta da manifestación de Ourense, onde estiveron os secretarios xerais de CCOO e UGT

CCOO e UGT convocaron en toda Galicia mobilizacións «en confluencia» para defender as pensións

  • Por unhas pensións dignas, pola recuperación do seu poder adquisitivo e contra a «miserable» suba do 0,25 %
  • Os secretarios xerais de CCOO e UGT, Ramón Sarmiento e José Antonio Gómez, participaron na manifestación de Ourense
17.03.2018.

Pensionistas e xubilados do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e de UGT-Galicia convocaron este sábado mobilizacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Foz, Ribeira, O Grove e O Barco de Valdeorras. Nestas protestas confluiron con outras organizacións, nomeadamente asociacións de persoas pensionistas, para demandar prestacións dignas e a recuperación do poder adquisitivo das pensións e mais denunciar a «miserable e irrisoria» suba do 0,25 %.

CCOO chama a facer da folga un éxito

CCOO e UGT chaman a cidadanía galega a secundar a folga de dúas horas por quenda este 8M e a participar nas mobilizacións convocadas

  • O 8 de Marzo ten que converterse nunha xornada de loita contra a precariedade laboral das mulleres, a brecha salarial e o acoso e a violencia de xénero
07.03.2018.

As comisións executivas do Sindicato Nacional de CCOO e UGT-Galicia chaman a cidadanía galega a secundar a folga de dúas horas por quenda convocada para mañá, día 8 de Marzo, contra a brecha salarial, a precariedade laboral das mulleres e o acoso e a violencia de xénero.

CCOO logra un acordo xudicial con Arriva para recolocar un traballador

CCOO logra un acordo xudicial con Arriva para recolocar un traballador

  • O pacto chegou no primeiro xuízo impulsado por un traballador que perdera o emprego pola non subrogación
25.01.2018.

O sector de estradas da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia logra un acordo xudicial con Arriva, e recolocará un traballador despedido. Sucedeu no primeiro xuízo impulsado por un traballador que perdera o emprego tras a reestruturación das liñas de autobús aprobada pola Xunta meses atrás. O sindicato congratúlase de que a empresa cambiara de postura e accedera á readmisión do afectado.

Concentración fronte aos Xulgados de Ferrol

Seguimento do 90% da xornada de folga na Xustiza

13.12.2017.

As sete organizacións sindicais que convocan a folga da Xustiza, entre elas CCOO, informan de que o seguimento da convocatoria foi de case o 90%. Por cidades, o maior seguimento deuse en Pontevedra, onde case o 95% do persoal secundou os paros. Na Coruña, Ourense e Vigo tamén se superou amplamente o 90% de participación.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: