Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO
Os sindicatos esixen un convenio xusto

Éxito tamén na segunda xornada de folga de elaborados do mar

  • CCOO denuncia coaccións das empresas e reproba a intervención policial na empresa Cabomar, onde actuou «man con man» coa empresa
31.10.2018.

A Federación de Industria de CCOO de Galicia cualifica de «éxito» a segunda xornada de folga no sector de elaborados do mar. Trátase dunha «exhibición de forza e de dignidade», malia todas as dificultades. Canto aos incidentes rexistrados, CCOO denuncia coaccións de responsables dalgunhas empresas e, particularmente, reproba a intervención policial na empresa Cabomar, onde actuou «man con man» coa empresa.

Asinado o preacordo do convenio do comercio de metal da provincia de Pontevedra

  • Establécese a obriga de aplicar o convenio a aquelas empresas multiservizos que traballen no sector
  • Importantes melloras nos aspectos económicos e sociais
19.10.2018.

Despois dun longo proceso, asinouse o preacordo do convenio do comercio de metal da provincia de Pontevedra, que levaba caducado desde o 2014. O principal atranco durante as negociacións foi a pretensión patronal de conxelar a antigüidade. Finalmente, chegouse a acordo neste punto, a cambio de actualizar a cantidade ao devindicado na data de publicación do convenio, máis un 6 % adicional no incremento salarial para todas as categorías.

Congreso extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa

O Congreso extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa terá lugar o 27 de xullo

14.06.2018.

O Congreso Extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa terá lugar o día 27 de xullo de 2018 e rexerase polas normas congresuais do 11.º Congreso Confederal aprobadas o 11 de xullo de 2016 e as do 11.º Congreso do S. N. de CCOO de Galicia, aprobadas polo Consello Nacional o 30 de setembro de 2016, ademais de polo anexo organizativo que se xunta ao final desta nota informativa.

Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña

Milleiros de persoas saen ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de Maio

  • Os secretarios xerais dos dous sindicatos afirmaron que para a clase traballadora é «tempo de gañar» dereitos laborais e sociais recortados durante os anos da crise
01.05.2018.

Milleiros de persoas saíron este martes ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de Maio baixo lema «Tempo de gañar». Precisamente, os secretarios xerais das dúas organizacións, Ramón Sarmiento e José Antonio Gómez, respectivamente, lembraron que para a clase traballadora é «tempo de gañar» dereitos laborais e sociais recortados durante os anos da crise. Desde Vigo, Gómez e Sarmiento reclamaron mellor emprego, maiores salarios, pensións dignas e máis igualdade.

Convocatoria da asemblea

Desconvocada a xornada de folga do 21 de marzo na sanidade privada de Pontevedra

  • Convocada unha asemblea o xoves 22 sobre o convenio nos locais da UGT-Vigo
20.03.2018.

CCOO informa da desconvocatoria da xornada de folga prevista para mañá mércores, día 21 de marzo, na sanidade privada da Provincia de Pontevedra.

CCOO aplaude o «éxito» da folga da sanidade privada na provincia de Pontevedra

  • Práctica paralización da actividade cirúrxica
  • Se a patronal non vai unha verdadeira oferta de negociación, os sindicatos endurecerán as protestas
14.03.2018.

CCOO aplaude o «éxito» da segunda xornada de folga da sanidade privada na provincia de Pontevedra, que provocou a práctica paralización da actividade cirúrxica. As empresas tiveron que desprogramar intervencións mediante chamadas teléfónicas o día anterior, salienta o sindicato.

CCOO chama a facer da folga un éxito

CCOO e UGT chaman a cidadanía galega a secundar a folga de dúas horas por quenda este 8M e a participar nas mobilizacións convocadas

  • O 8 de Marzo ten que converterse nunha xornada de loita contra a precariedade laboral das mulleres, a brecha salarial e o acoso e a violencia de xénero
07.03.2018.

As comisións executivas do Sindicato Nacional de CCOO e UGT-Galicia chaman a cidadanía galega a secundar a folga de dúas horas por quenda convocada para mañá, día 8 de Marzo, contra a brecha salarial, a precariedade laboral das mulleres e o acoso e a violencia de xénero.

Concentración en Vigo

CCOO e UGT concéntranse en defensa de pensións dignas

  • Na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Vigo
15.02.2018.

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia e a UGT concentráronse este xoves en defensa de pensións dignas. Carlos Mella, de CCOO agradeceu ao colectivo de persoas pensionistas e xubiladas e mais á sociedade en xeral a participación nas mobilizacións. O sindicalista asegura que o sistema público de pensións é «perfectamente sostible», aínda que haxa que reforzar a súa estrutura de ingresos.

Piquete informativo de CCOO, xa a primeiras horas da mañá

Seguimento masivo da folga no sector de elaborados do mar

22.10.2018.

CCOO celebra o «seguimento masivo» da primeira xornada de folga no sector de elaborados do mar, que alcanza de media o 90 % e, no caso das principais empresas, o paro é «absoluto». A folga tivo especial incidencia en Galicia, onde se concentra o groso do sector. As cifras de seguimento tamén foron mellores que na media estatal, onde se situou no 75 %.

Continúan as mobilizacións en defensa das pensións

CCOO e UGT convocan concentracións para que se garantan os dereitos das persoas maiores

  • Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, ambos os dous sindicatos esixen a revalorización das prestacións para combater o empobrecemento dos pensionistas
28.09.2018.

Co gallo do Día Internacional das Persoas Maiores, CCOO e UGT convocan a próxima semana concentracións en todo o Estado. En Galicia terán lugar o martes, 2 de outubro. Con esta acción, ambos os sindicatos denuncian que as medidas adoptadas para combater a crise só axudaron a empobrecer amplos sectores da poboación, especialmente as persoas de máis idade.

O novo convenio terá vixencia os anos 2018 e 2019

Asinado o convenio colectivo de comercio de materiais de construción e saneamento da provincia de Pontevedra

08.05.2018.

Tras cinco reunións da mesa negociadora, a comezos deste mes asinouse o convenio colectivo de comercio de materiais de construción e saneamento da provincia de Pontevedra, que terá vixencia nos anos 2018 e 2019.

Cartel chamando ás mobilizacións

CCOO e UGT chaman á mobilización este domingo nas cidades e vilas galegas para demandar unhas pensións dignas

  • Concentracións e manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Foz, Ourense, O Barco, Vilagarcía, O Grove, Pontevedra e Vigo
12.04.2018.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia chaman a cidadanía a participar o próximo domingo, día 15, nas mobilizacións convocadas nas cidades e vilas galegas para demandar unhas pensións dignas. Afirman que o Goberno debe rectificar e revalorizar as pensións para garantir o seu poder adquisitivo e a viabilidade do sistema público de pensións.

Pancarta da manifestación de Ourense, onde estiveron os secretarios xerais de CCOO e UGT

CCOO e UGT convocaron en toda Galicia mobilizacións «en confluencia» para defender as pensións

  • Por unhas pensións dignas, pola recuperación do seu poder adquisitivo e contra a «miserable» suba do 0,25 %
  • Os secretarios xerais de CCOO e UGT, Ramón Sarmiento e José Antonio Gómez, participaron na manifestación de Ourense
17.03.2018.

Pensionistas e xubilados do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e de UGT-Galicia convocaron este sábado mobilizacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Foz, Ribeira, O Grove e O Barco de Valdeorras. Nestas protestas confluiron con outras organizacións, nomeadamente asociacións de persoas pensionistas, para demandar prestacións dignas e a recuperación do poder adquisitivo das pensións e mais denunciar a «miserable e irrisoria» suba do 0,25 %.

CCOO e UGT salientan o carácter «histórico» da folga de hoxe

CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións

  • Masivo seguimento dos paros de dúas horas, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Tamén participación masiva nas mobilizacións da mañá
08.03.2018.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00). As secretarias da muller de UGT e CCOO, Mónica Rodríguez e Mamen Sabio, respectivamente, piden que a participación tamén sexa «masiva» na derradeira quenda da folga (entre as 19:30 e as 21:30), así como nas manifestacións convocadas polo movemento feminista galego para este serán.

Imaxe da manifestación de Vigo

Pensionistas e xubilados de CCOO e UGT volveron saír ás rúas para esixir pensións dignas

  • Esixen a recuperación do poder adquisitivo das pensións e rexeitan a «miserable» suba do 0,25 %
01.03.2018.

Pensionistas e xubilados do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e de UGT-Galicia protagonizaron este xoves protestas na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Foz, Viveiro, Ourense, O Barco de Valdeorras, Pontevedra e Vigo para denunciar a «miserable» suba das pensións de só o 0,25 %.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: