Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Primeiro de Maio de 2019: Primeiro as persoas

CCOO coida «inasumible» a oferta presentada pola patronal da sanidade privada da provincia da Coruña

  • Presenta como «novidade» medidas que xa están garantidas polo convenio, e propón cuestións que incluso empeoran o asinado
29.03.2019.

Comisións Obreiras (CCOO) coida «inasumible» a oferta presentada pola patronal da sanidade privada da provincia da Coruña na última mesa de negociación, tanto polos contidos como pola propia duración do convenio, de cinco anos, que «hipotecaría» as condicións de traballo durante un período «excesivo». Segundo CCOO, a parte empresarial chega incluso a presentar como «novidade» medidas que xa están garantidas polo convenio, como a «insuficiente» suba salarial do 1,6 %, pero tamén inclúe propostas que empeoran o asinado.

Remate da manifestación de CCOO

Ramón Sarmiento: «A clase traballadora galega ten nas súas mans decidir o futuro»

  • Tras a manifestación, CCOO homenaxeou en Ferrol a Tensi Álvarez Folgar, Melchor Roel Rivas e Xan López Facal
11.03.2019.

A crise dos sectores industriais e a concentración de citas electorais marcaron este ano as reivindicacións do Día da Clase Obreira Galega. Ao remate da manifestación en Ferrol, o secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, salientou que «a clase traballadora galega ten nas súas mans decidir o futuro», tanto para frear o auxe da extrema dereita como para favorecer aquelas opcións «que teñen as persoas no centro das súas decisións».

CCOO recolle sinaturas contra a pobreza enerxética

Pensionistas de CCOO recollen hoxe sinaturas contra a pobreza enerxética

06.02.2019.

Membros da Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia recollen hoxe sinaturas contra a pobreza enerxética. Para este efecto, instalarán postos informativos en localidades como Ourense, Vilagarcía de Arousa, Ferrol ou Pontevedra.

Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de Navantia durante a botadura dun barco

O convenio único e o plan estratéxico de Navantia despexan o futuro dos estaleiros públicos

05.12.2018.

Os sindicatos CCOO-Industria e UGT-FICA asinaron a acta final da negociación do convenio único de Navantia. Nos vindeiros días, os traballadores e as traballadoras e a propia Administración decidirán se dan o visto e prace. Isto, xunto coa presentación do plan estratéxico 2019-2020, permiten despexar o futuro dos estaleiros públicos.

Continúan as mobilizacións en defensa das pensións

CCOO e UGT convocan concentracións para que se garantan os dereitos das persoas maiores

  • Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, ambos os dous sindicatos esixen a revalorización das prestacións para combater o empobrecemento dos pensionistas
28.09.2018.

Co gallo do Día Internacional das Persoas Maiores, CCOO e UGT convocan a próxima semana concentracións en todo o Estado. En Galicia terán lugar o martes, 2 de outubro. Con esta acción, ambos os sindicatos denuncian que as medidas adoptadas para combater a crise só axudaron a empobrecer amplos sectores da poboación, especialmente as persoas de máis idade.

CCOO saúda o novo convenio

A Federación de Construción e Servizos de CCOO asina o convenio de derivados do cemento da Coruña 2017-2020

  • A suba salarial terá efectos retroactivos ao 1 de xaneiro do 2017 e os atrasos serán aboados após a publicación do convenio
27.07.2018.

A Federación de Construción e Servizos de CCOO asinou o convenio de derivados do cemento da provincia da Coruña para o período 2017-2020. Este convenio recolle melloras económicas por riba do IPC, amais de novidades en materia de licenzas, calendario laboral ou pólizas de accidentes.

Fotografía de arquivo dunha manifestación de Correos en Galicia

CCOO iniciou en Santiago de Compostela as mobilizacións contra os recortes en Correos

  • A maioría sindical continuará coas mobilizacións ata final de ano, cando se prevén varias xornadas de folga se o Goberno central non rectifica
05.07.2018.

Comisións Obreiras (CCOO), sindicato maioritario en Correos, iniciou hoxe en Santiago de Compostela as mobilizacións contra os recortes no operador postal público. Esta mañá, ducias de traballadores e traballadoras concentráronse na capital galega diante da dirección da zona 1 de Correos. Alí procedeuse á lectura e entrega dun manifesto coas reivindicacións do persoal, entre as que destacan a defensa do servizo público e a esixencia dun novo acordo laboral.

CCOO atribúe os resultados á campaña sindical contra os incumprimentos no sector | Foto: clece.es

CCOO logra toda a representación sindical na empresa Clece en Ferrol

  • Consegue as tres delegadas que se elixían e faino, ademais, con case o cen por cento dos votos
19.06.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) logrou toda a representación sindical na empresa Clece en Ferrol, dedicada ao sector da axuda a domicilio. A candidatura do sindicato obtivo as tres delegadas que elixían e conseguiuno, ademais, con case o cen por cento dos votos.

CCOO segue a colleitar resultados positivos

CCOO gaña as eleccións sindicais en Telyco e no persoal laboral da Consellaría da Presidencia

26.03.2019.

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia informa da vitoria do sindicato nas eleccións sindicais celebradas en Telyco (tendas de Movistar) e no persoal laboral da Consellaría da Presidencia da Xunta de Galicia. En ambos os dous casos, o ámbito electoral foi a provincia da Coruña.

Tensi Álvarez, Melchor Roel Rivas e Xan López Facal

Premios 10 de Marzo 2019: Tensi Álvarez Folgar, Melchor Roel Rivas e Xan López Facal

02.03.2019.

CCOO e a súa fundación conceden este ano os Premios 10 de Marzo a Tensi Álvarez Folgar, Melchor Roel Rivas (póstumo) e Xan López Facal. A entrega dos galardóns terá lugar ese mesmo día nun acto que comezará ás 13 horas no centro cultural Torrente Ballester, en Ferrol.

Concentracións mañá martes, 15 de xaneiro

CCOO chama a participar o martes nas concentracións feministas contra a ameaza da extrema dereita

  • Terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!»
14.01.2019.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) chama a participar mañá martes, 15 de xaneiro, nas concentracións convocadas polo movemento feminista contra a ameaza da extrema dereita. As mobilizacións terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!».

CCOO asinou o novo convenio

CCOO asina o convenio colectivo do comercio vario da provincia da Coruña

  • Máis de 15.000 traballadores e traballadoras terán beneficios económicos e laborais grazas ao novo marco colectivo
30.11.2018.

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia asinou o convenio colectivo do sector do comercio vario da provincia da Coruña. Grazas ao novo marco, máis de 15.000 traballadores e traballadoras terán beneficios económicos e laborais. Dentro ámbito forman parte o comercio téxtil, pel, material de construción, pinturas e vernices, material eléctrico e electrónico, ópticas, reloxaría, xoiaría, automóvil, ferretarías ou cadeas multiprezos. A vixencia do novo convenio será para os anos 2016-2019, con cláusula de ultraactividade e prórroga no caso de que ningunha das partes o denuncie.

Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de Navantia durante a botadura dun barco

Anular o contrato de cinco corvetas provocará un auténtico drama en Navantia

  • CCOO esíxelle ao Goberno do Estado que confirme se o programa de Arabia Saudita se mantén en pé
11.09.2018.

CCOO esíxelle ao Goberno do Estado celeridade na procura dunha solución ao conflito que xerou en Navantia. O sindicato pídelle á ministra de Defensa garantías de que se fabricarán nos estaleiros españois as cinco corvetas que encargara Arabia Saudita. Tamén reclama recibir información permanente do que ocorra a partir de agora, con transparencia e sen ambigüidades.

O comité de folga chegou a un acordo coa empresa para desconvocar os paros

Desconvocada a folga nos despachos de billetes de Renfe após a empresa aceptar as reivindicacións

  • O comité denunciara sobrecarga de traballo do persoal e reiterados fallos dos equipos informáticos, entre outras eivas
20.07.2018.

O comité de Renfe da provincia da Coruña chegou esta semana a un acordo coa empresa que permite desconvocar os trece días de folga nos despachos de billetes. Os paros ían comezar o próximo domingo, día 22, e continuarían durante varias datas entre os meses de xullo e setembro.

Mobilizacións no comercio vario da Coruña e do comercio téxtil de Ourense no primeiro día de rebaixas

  • «As rebaixas, nos prezos, non nos nosos dereitos», advirten os sindicatos
27.06.2018.

O sector do comercio vario da provincia da Coruña e o comercio téxtil da provincia de Ourense mobilizaranse o próximo venres, día 29 de xuño, cadrando co inicio das rebaixas. Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG, que promoven as mobilizacións, denuncian que as patronais de ambos os dous sectores pretenden «condenar» os traballadores e traballadoras «a salarios conxelados ou de miseria». «As rebaixas, nos prezos, non nos nosos dereitos», advirten.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: