Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Primeiro de Maio de 2019: Primeiro as persoas
Na fotografía, manifestación o pasado 16 de abril no Carballiño

Continúa a folga en GRI Towers Galicia ao rematar sen acordo a última reunión coa empresa

23.04.2019.

Esta semana continúa a folga en GRI Towers Galicia, no Carballiño, ao rematar sen acordo a última reunión coa empresa. O persoal está chamado a tres xornadas de folga para o que resta de mes: este martes, día 23, e os días 25 e 30 de abril. CCOO lembra que a mobilización está apoiada polo 85 % do persoal, que así o decidiu nas asembleas convocadas polo comité de empresa.

Asinado o convenio de materiais de construción e saneamento de Ourense | Foto: Pixabay

Asinado o convenio de materiais de construción e saneamento de Ourense

11.04.2019.

O mércores, 10 de abril, asinouse o convenio de materiais de construción e saneamento de Ourense. O acordo foi unánime entre a patronal e os sindicatos que formaban parte da mesa: dous representantes de CCOO, un da UGT e outro da CIG. Para Comisións, sindicato marioritario, «asinamos un convenio que mellora notablemente as condicións de traballo no sector, tanto no salarial como no que respecta a melloras sociais ou de conciliación da vida familiar e laboral».

A factoría da Uceira é un dos motores económicos da comarca

O comité de GRI Towers Galicia convoca varios días de folga en abril

03.04.2019.

O comité de empresa de GRI Towers Galicia, no Carballiño, rexistrou a convocatoria de folga para os días 9, 11, 16, 23, 25 e 30 de abril. A decisión tomouse após consultar o persoal, que maioritariamente (85 %) aprobou iniciar as mobilizacións.

As charlas terán lugar entre o luns e o mércores da próxima semana

CCOO-Ensino dá charlas nas universidades para informar das oposicións

  • Entre o luns 25 e o mércores 27 de marzo
22.03.2019.

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia dará charlas nos próximos días nos diferentes campus universitarios para informar sobre as oposicións. A campaña procura animar e apoiar o alumnado interesado en acceder á función pública docente, xa que se convoca un bo número de prazas grazas ao Acordo pola Mellora do Emprego Público, asinado por CCOO.

Consorcio Galego de Igualdade e Benestar

A Xustiza condena o Consorcio Galego de Igualdade por lles denegar ás traballadoras permisos de conciliación

  • CCOO lamenta que, «unha vez máis», sexa necesario recorrer á vía xudicial para gozar de dereitos sociais que están recoñecidos por lei
07.03.2019.

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia que o Consorcio Galego de Igualdade lles denega «de xeito discrecional» ás traballadoras permisos relacionados coa conciliación da vida laboral e familiar. O Xulgado do Social n.º 3 de Ourense acaba de condenar este ente público por lle negar a unha traballadora un permiso utilizado sen oposición por outras compañeiras.

Casa do Concello de Ourense | Foto: Wikipedia

Nova protesta do persoal de limpeza dos colexios de Ourense

  • A maior parte son traballadoras a tempo parcial que complementan xornada traballando en varios colexios, posibilidade que perderían se a adxudicación recae en varias empresas
12.02.2019.

O persoal de limpeza dos colexios públicos do Concello de Ourense volverase a concentrar diante da casa consistorial mañá mércores, 13 de febreiro. Con esta acción, rexeitan a intención do Goberno local de dividir en lotes a futura concesión do servizo.

CCOO rexeita a división en lotes do servizo

Concentración do persoal de limpeza dos colexios públicos do Concello de Ourense

  • A maior parte son traballadoras a tempo parcial que complementan xornada traballando en varios colexios, posibilidade que perderían se a adxudicación recae en varias empresas
05.02.2019.

O persoal de limpeza dos colexios públicos do Concello de Ourense concentrarase mañá mércores contra a intención do Goberno local de dividir en lotes a futura concesión do servizo. Malia que se trata dunha posibilidade permitida pola Lei de contratos do sector público, «nada obriga a facelo deste xeito», aseguran desde CCOO.

CCOO presentou propostas para mellorar o servizo de axuda a domicilio en Ourense

CCOO preséntalle á oposicion do Concello de Ourense as súas achegas para mellorar o servizo de axuda a domicilio

28.11.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) presentoulles aos grupos da oposición no Concello de Ourense as súas propostas para mellorar tanto o próximo prego de condicións do servizo de axuda a domicilio como o servizo en si. O sindicato agradece a boa acollida que tiveron as súas achegas, pero lamenta que o grupo de goberno se negase a recibir os seus representantes.

Concentración o pasado día 8 de abril

CCOO pide que as Administracións actúen no conflito de Unitono en Ourense

11.04.2019.

Na última reunión que tivo lugar esta semana entre o comité de empresa e a dirección de Unitono en Ourense, a empresa de telemercadotecnia non amosou de xeito inequívoco un compromiso para garantir os postos de traballo (máis de cento trinta).

CCOO rexeita a deslocalización do servizo

CCOO alerta da posible perda de emprego en Unitono en Ourense e critica a Naturgy pola deslocalización de traballo

  • O comité de empresa alerta da situación en que queda un centro de traballo que dá emprego a 130 persoas e convoca paros para o vindeiro luns, 8 de abril
04.04.2019.

A Federación de Servizos de CCOO alerta da posible perda de emprego en Unitono no seu centro de chamadas de Ourense e critica a Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa) pola deslocalización de traballo que se presta actualmente desde Galicia. Segundo o sindicato, a empresa atribúelle á eléctrica a decisión de levar fóra da comunidade autónoma o servizo, concretamente para unha nova plataforma aberta o pasado marzo en Reus.

Bombeiros forestais traballando na extinción dun incendio

CCOO afirma que a improvisación é «a única política» da Xunta contra os incendios forestais

  • O sindicato lamenta que a Administración autonómica «non aprenda nada dun ano para outro» e atrase «o máximo posible» a entrada en vigor das medidas de prevención
26.03.2019.

Comisións Obreiras (CCOO) afirma que a improvisación é «a única política» da Xunta de Galicia contra os incendios forestais. Desde a fin de semana, varios lumes afectaron ou están a afectar diversos puntos da xeografía galega, como Chandrexa de Queixa, a serra do Xurés, O Barco de Valdeorras e máis recentemente na Barbanza, concretamente en Dodro e Rianxo. Malia levarmos xa dúas semanas con elevadas temperaturas para esta época do ano e baixas precipitacións, a Administración autonómica agardou ata o 24 de marzo para decretar a prohibición de queimas e outras actividades similares, que se fixo efectiva o luns.

Concentración fronte ao almacén de DIA en Santiago de Compostela

CCOO intensifica as protestas en DIA ante unha xornada decisiva para o futuro da empresa

  • Este mércores, cadrando coa xunta de accionistas en Madrid, haberá protestas en Galicia e no resto de España
20.03.2019.

A Federación de Servizos de CCOO sinala que este mércores é unha xornada decisiva para o futuro do Grupo DIA e do seu cadro de persoal, xa que se celebra en Madrid a xunta xeral de accionistas, da que pode saír un novo equipo directivo. Tamén está previsto que se debata o plan de viabilidade da distribuidora de alimentación, que condicionará o ERE que prevé levar adiante a empresa.

Casa do Concello de Ourense | Foto: web Ourense

Comisións Obreiras, SPPME e USO piden retrotraer a RPT do Concello de Ourense

  • Os sindicatos consideran que o procedemento para aprobar a relación de postos de traballo ten «vicios de nulidade»
25.02.2019.

Comisións Obreiras, SPPME e USO piden reverter a RPT do Concello de Ourense ao momento previo á súa aprobación, en xaneiro do 2018. As tres organizacións consideran que o procedemento para aprobar a relación de postos de traballo ten «vicios de nulidade».

CCOO recolle sinaturas contra a pobreza enerxética

Pensionistas de CCOO recollen hoxe sinaturas contra a pobreza enerxética

06.02.2019.

Membros da Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia recollen hoxe sinaturas contra a pobreza enerxética. Para este efecto, instalarán postos informativos en localidades como Ourense, Vilagarcía de Arousa, Ferrol ou Pontevedra.

Concentracións mañá martes, 15 de xaneiro

CCOO chama a participar o martes nas concentracións feministas contra a ameaza da extrema dereita

  • Terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!»
14.01.2019.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) chama a participar mañá martes, 15 de xaneiro, nas concentracións convocadas polo movemento feminista contra a ameaza da extrema dereita. As mobilizacións terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!».

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: