Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Primeiro de Maio de 2019: Primeiro as persoas
Traballadoras de elaborados do mar (foto: CCOO) / María Xosé Porteiro (foto: M. Boix, Wikipedia)

CCOO entrega o venres en Vigo os 'Premios Primeiro de Maio ao Compromiso Social e á Solidariedade'

  • O acto terá lugar no salón de recepcións de Afundación, ás 20:00
25.04.2019.

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo entregará mañá venres, 26 de abril, os 'Premios Primeiro de Maio ao Compromiso Social e á Solidariedade'. A entrega dos galardóns terá lugar no salón de recepcións de Afundación, ás 20:00. Os premios recaen este ano nas compañeiras de CCOO do sector de elaborados do mar, e na xornalista e escritora María Xosé Porteiro.

Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de PSA Vigo

Condenado un delegado do SIT que agrediu a outro de CCOO nas últimas eleccións sindicais

  • Comisións insta a empresa a tomar medidas e coida que o condenado non pode desempeñar un cargo de representación dos seus compañeiros e compañeiras
23.04.2019.

O Xulgado de Instrución n.º 5 de Vigo condena un delegado do sindicato amarelo SIT por agredir a outro de CCOO nas últimas eleccións sindicais na factoría de PSA Vigo. A resolución xudicial, coñecida hoxe, considera probado que na mañá do pasado 22 de outubro, durante unha discusión, o representante do SIT, «con ánimo de menoscabar a integridade física do denunciante», deulle unha cabezada por sorpresa, que lle provocou que «perdera o equilibrio e caera», ocasionándolle lesións de carácter leve para as que precisou de sete días de curación, dos cales catro o foron «de prexuízo moderado impeditivos».

Na asemblea participaron uns cen delegados do sector

CCOO alerta dunha «tormenta perfecta» que ameaza o emprego na automoción

  • Malia que se prevé un aumento de postos de traballo nos próximos tempos polos lanzamentos de PSA-Vigo, hai incertezas canto á descarbonización e a automatización
25.03.2019.

O pasado venres, 22 de marzo, tivo lugar en Vigo unha asemblea do sector da automoción de CCOO de Galicia, na que participaron máis dun cento de delegados. Na xuntanza analizáronse os principais datos do sector, a situación actual e as perspectivas de futuro. Contouse coa presenza e participación do responsable estatal de CCOO neste ámbito, Joaquín Ferreira, así como do responsable de Estratexias Sectoriais, Máximo Blanco.

CRAPD de Vigo | Foto: Google Street View

Denuncian represión laboral nunha residencia pública de Vigo que atende persoas maiores con dependencia

20.03.2019.

O comité de empresa da Consellaría de Política Social na provincia de Pontevedra denuncia represión laboral nunha residencia de Vigo que atende persoas maiores con dependencia. A representación legal dos traballadores e das traballadoras asegura que a dirección do centro abriu un expediente disciplinario a catro auxiliares de enfermaría, coa proposta de sanción de suspensión de emprego e soldo durante dez días e a expulsión das listaxes de contratación polo mesmo período.

Resolución da Comisión Executiva Nacional de CCOO

A Executiva Nacional de CCOO aproba resolucións de apoio ao persoal de Vulcano, das ambulancias e dos centros de chamadas

  • Ante as próximas eleccións políticas, o sindicato chama a mobilizarse de xeito activo para impedir retrocesos en dereitos
12.03.2019.

A Comisión Executiva Nacional de CCOO de Galicia, reunida hoxe en Vigo, aprobou resolucións de apoio ao persoal dos estaleiros Vulcano, ás traballadoras e traballadores das ambulancias (que levan semanas de conflito laboral) e de diversas empresas do sector dos centros de chamadas, como Bosch, Accepta (da aseguradora Santa Lucía), DXC Technology e Teleperformance.

Manifestación a pasada semana fronte á delegación da Xunta en Vigo

O persoal de Vulcano demóstralle á empresa a súa implicación a prol dunha solución

  • O 62,2 % de traballadores e traballadoras acepta a proposta da dirección para cobrar agora dúas nóminas e as outras tres após a entrega do transbordador
14.02.2019.

O persoal de Vulcano volveulle demostrarlle á dirección a súa implicación a prol dunha solución ante a situación «crítica» do estaleiro vigués. Dada a falta de avances, o comité de empresa optou por someter a votación a proposta da empresa para cobrar agora dúas nóminas e as tres restantes após a entrega do Transbordador 'Villa de Teror'. A maioría dos votos (62,2 %) foron favorables a esta proposta.

A manifestación rematou diante da delegación da Xunta de Galicia en Vigo

O persoal de Vulcano maniféstase para esixir os seus salarios

06.02.2019.

O comité de empresa do estaleiro vigués Vulcano convocou este mércores unha manifestación para esixir o pagamentos dos salarios ao persoal, que leva cinco meses sen cobrar. A marcha, encabezada por unha pancarta co lema «Vulcano, solución!», percorreu varias rúas de Vigo.

Pancarta de CCOO-Servizos diante dun centro de Unísono en Vigo

Éxito da folga en Unísono, cun seguimento do 80 % en Vigo

28.01.2019.

A Federación de Servizos de CCOO informa do «éxito» da folga convocada na empresa de telemercadotecnia Unísono. O seguimento medio foi do 70 % en España, que se elevou ao 80 % nos tres centros de traballo con que conta en Vigo.

Para o venres hai convocado un novo paro dunha hora

Seguimento maioritario da folga en Insuíña para rexeitar os despedimentos e a externalización de procesos

  • Segundo CCOO, a convocatoria foi secundada polas tres cuartas partes do persoal
24.04.2019.

Seguimento maioritario no primeiro dos paros convocados en Insuíña (Grupo Nueva Pescanova) para rexeitar os despedimentos e a externalización de procesos. Segundo o comité de empresa, a folga foi secundada polas tres cuartas partes do persoal. O próximo paro terá lugar o venres, 26 de abril, de 12 a 13:00.

Concentración hai uns días en Bosch Vigo

Nova xornada de folga en Bosch o mércores 27 de marzo

  • Tamén haberá concentracións ás portas dos centros de traballo para rexeitar o ERTE presentado pola empresa, en cuxa negociación non houbo acordo
27.03.2019.

O comité de empresa de Bosch Service Solutions en Vigo convoca unha nova xornada de folga para este mércores, día 27 de marzo. Así mesmo, haberá concentracións ás portas dos centros de traballo, que serán de 11:30 a 12:30 no situado na avenida de Madrid, e de 13:15 a 14:15 no da rúa María Berdiales.

As charlas terán lugar entre o luns e o mércores da próxima semana

CCOO-Ensino dá charlas nas universidades para informar das oposicións

  • Entre o luns 25 e o mércores 27 de marzo
22.03.2019.

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia dará charlas nos próximos días nos diferentes campus universitarios para informar sobre as oposicións. A campaña procura animar e apoiar o alumnado interesado en acceder á función pública docente, xa que se convoca un bo número de prazas grazas ao Acordo pola Mellora do Emprego Público, asinado por CCOO.

Concentración fronte ao almacén de DIA en Santiago de Compostela

CCOO intensifica as protestas en DIA ante unha xornada decisiva para o futuro da empresa

  • Este mércores, cadrando coa xunta de accionistas en Madrid, haberá protestas en Galicia e no resto de España
20.03.2019.

A Federación de Servizos de CCOO sinala que este mércores é unha xornada decisiva para o futuro do Grupo DIA e do seu cadro de persoal, xa que se celebra en Madrid a xunta xeral de accionistas, da que pode saír un novo equipo directivo. Tamén está previsto que se debata o plan de viabilidade da distribuidora de alimentación, que condicionará o ERE que prevé levar adiante a empresa.

Un momento da reunión de Yolanda Díaz con representantes de CCOO

CCOO rexeita o ERTE anunciado por Bosch en Vigo e reúne apoios dos partidos políticos

25.02.2019.

Comisións Obreiras rexeita o expediente de regulación temporal de emprego (ERE) anunciado polo centro de chamadas Bosch para as súas instalacións de Vigo. O sindicato iniciou unha rolda de contactos cos diferentes partidos políticos para recabar o seu apoio. O primeiro dos encontros tivo lugar este luns con Yolanda Díaz, deputada de En Marea no Congreso.

De esq. a der., Serafín, A. Gonçalves (CIG), Carlos, Amelia Pérez (CCOO) e E. Fontanes (UGT)

Carlos e Serafín, indultados: «A nosa causa foi a de todos»

  • Despois de case cinco anos de mobilizacións, o Goberno de España fixo oficial o indulto esta semana
12.02.2019.

Serafín Rodríguez e Carlos Rivas compareceron este mércores nunha conferencia de prensa para avaliar a boa nova do indulto parcial que lles concede o Goberno de España. Estiveron acompañados pola secretaria xeral de CCOO de Vigo, Amelia Pérez, e polos responsables comarcais da UGT e da CIG.

Imaxe da protesta no porto de Vigo

O persoal de Alcoa protesta contra a importación de aluminio

02.02.2019.

O persoal de Alcoa protestou este sábado en Vigo e Vilagarcía de Arousa contra a importación de aluminio. Segundo informaron, a cantidade de metal que chega doutros países é practiacamente a mesma que se produce nas plantas da Coruña e de Avilés, que a multinacional estadounidense pretende pechar.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros