Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Tema: Alu Ibérica

Mostrando contidos 1 a 10 de 44

O comité de empresa de Alu Ibérica esixe a intervención pública da factoría

  • Para CCOO, a situación actual é «extremadamente grave»

Segundo lle explicou o administrador xudicial ao comité, a decisión procura protexter o patrimonio da empresa ante posibles embargos.

Concentración convocada polo comité de empresa de Alu Ibérica (16/9/2021)

Os traballadores e traballadoras de Alu Ibérica volvéronse mobilizar o xoves na Coruña para esixir a implicación das Administracións na procura dunha solución á «dramática» situación da planta de aluminios coruñesa. O presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho (CCOO), advertiu diante da Delegación do Goberno que «sen a planta activa, morremos».

Concentración dos traballadores de Alu Ibérica (9/9/2021)

  • Ramón Juega constata a falta de liquidez da empresa tras o pagamento da nómina de agosto

A empresa carece de liquidez nas contas que foron revisadas, polo que se estudará un ERTE que lle permita ao persoal asegurar ingresos.

Concentración do persoal de Alu Ibérica diante da Delegación do Goberno en Galicia (2/9/2021)

Un xoves máis, os traballadores e traballadoras da fábrica de Alu Ibérica, a antiga Alcoa-A Coruña, volveron ás rúas para denunciar a situación «crítica» que atravesa a factoría, neste caso cunha concentración diante da Delegación do Goberno. Á intervención xudicial, falta de proxecto industrial e ausencia de actividade súmase agora a falta de pagamento a provedores e a ameaza do corte do subministro eléctrico.

Concentración do persoal de Alu Ibérica na Coruña (3/6/2021)

  • A sala do Social da Audiencia Nacional condenou o pasado 15 de xuño a Alcoa a indemnizar e recolocar o persoal das plantas da Coruña e Avilés

A decisión xudicial obriga a multinacional estadounidense a cumprir as condicións pactadas o 15 de xaneiro de 2019, que considera plenamente vixentes.

Concentración do persoal de Alu Ibérica diante da Delegación do Goberno en Galicia (17/6/2021)

Dous días despois da sentenza da Audiencia Nacional que condena a Alcoa, esixiron que o Goberno de España interveña a planta, actualmente baixo contro xudicial.

Concentración dos comités de Alu Ibérica da Coruña e Avilés diante do Ministerio de Industria (15-4-2021)

  • Concentración o xoves, 17 de xuño, diante da Delegación do Goberno na Coruña

Segundo CCOO-Industria, «confírmase explicitamente o incumprimento de todo o relativo a un proceso de reindustrialización e venda a un comprador serio, solvente e rigoroso que se fixese cargo das plantas».

Concentración do persoal de Alu Ibérica esixindo un futuro industrial na planta da Coruña (20/5/2021)

O xoves, 20 de maio, comezou na Audiencia Nacional o xuízo contra Alcoa, Parter Capital e Grupo Riesgo. Os servizos xurídicos de CCOO defenderon a tese de que estas empresas «estafaron» o persoal.

Concentración do persoal de Alu Ibérica (29/4/2021)

  • Denuncia a «mala fe» de Alcoa no proceso de venda

O Xulgado Central de Instrución n.º 3 da Audiencia Nacional decidiu intervir xudicialmente a plantas plantas de Alu Ibérica na Coruña e na localidade asturiana de Avilés (Alu Ibérica LC e Alu Ibérica AVL), así como outras catro sociedades.

Concentración dos comités de Alu Ibérica da Coruña e Avilés diante do Ministerio de Industria (15-4-2021)

Este xoves, os comités de empresa de Alu Ibérica na Coruña e Avilés, xunta unha ampla representación sindical, concentráronse diante do Ministerio de Industria, en Madrid.