Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

Tema: Navantia

Mostrando contidos 1 a 10 de 19

Pancarta reivindicando investimentos en Navantia e futuro na comarca de Ferrol (27/5/2021)

A dirección da empresa pública non ten escusa para este incumprimento, que pode atrancar o obxectivo de incorporar medio milleiro de mozas e mozos ao sector naval.

Concentración dos comités de Navantia Fene e Ferrol diante da Delegación do Goberno en Galicia (5/5/2021)

Os comités de empresa de Navantia en Ferrol e Fene veñen de elevar ao Congreso dos Deputados a súa reclamación para que se concreten os investimentos previstos e comprometidos polo Goberno central. Fan énfase especial na construción do dique seco cuberto, imprescindible para que os estaleiros públicos poidan asegurar o emprego e a competitividade global.

Pancarta reivindicando investimentos en Navantia e futuro na comarca de Ferrol (27/5/2021)

A moción presentada polo comité de empresa reivindica que se fixe canto antes un calendario de datas e investimentos para poder construír o máis axiña posible.

Ao remate da xuntanza, o conselleiro conversou cos delegados sindicais

Representantes dos comités de empresa de Navantia en Fene e Ferrol reuníronse este venres co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, para facelo partícipe das necesidades dos estaleiros públicos.

Protesta do persoal de Navantia ante a falta de carga de traballo nos estaleiros da ría de Ferrol (16/6/2021)

As traballadoras e traballadores dos estaleiros da ría de Ferrol esixen carga de traballo para o próximo ano, pois ata o verán do 2022 non comezará a construción das novas fragatas.

Pancarta reivindicando investimentos en Navantia e futuro na comarca de Ferrol (27/5/2021)

Nesta mostra de unidade reclamaron solucións para a crise industrial da comarca de Ferrol, e escolleron como escenarios o porto ferrolán e a autovía Ferrol-As Pontes.

Concentración en Navantia durante a cerimonia de partida do buque Stalwart

Os estaleiros da rúa de Ferrol quedaron hoxe sen carga de traballo tras zarpar para australia o buque de apoio loxístico Stalwart.

Concentración dos comités de Navantia Fene e Ferrol diante da Delegación do Goberno en Galicia (5/5/2021)

Membros dos comités de empresa de Navantia en Fene e Ferrol concentráronse esta mañá diante da Delegación do Goberno en Galicia. Ante a imposibilidade de que os recibise o delegado, José Miñones, foron recibidos por Pilar Riobóo na Subdelegación da Coruña.

Asemblea de traballadoras e traballadores de Navantia

O sindicato leva tempo denunciando a «deterioración» nos procesos produtivos, das relacións laborais, así como a «calamitosa situación económica».

Concentración en Navantia Ferrol

Delegadas e delegados sindicais dos estaleiros de Navantia en Fene e Ferrol, así como das industrias auxiliares, reuníronse o mércores en Madrid con representantes galegos dos diferentes grupos parlamentarios.