Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

Tema: Falsos autónomos Servicarne

Mostrando contidos 1 a 10 de 11

A sentenza do Xulgado do Social n.º 2 de Vigo deixa claro que CCOO foi o único sindicato denunciante

  • A demanda para esixir o recoñecemento da relación laboral foi interposta por CCOO-Industria e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Os servizos xurídicos de CCOO (único sindicato denunciante) logran o recoñecemento da relación laboral entre 250 falsos autónomos e Frigolouro, empresa do Grupo Coren.

Extracto da sentenza que dá a razón aos servizos xurídicos de CCOO e á Seguridade Social

  • Nova vitoria dos servizos xurídicos do sindicato no marco da campaña iniciada en decembro do 2017
  • A sección sindical de CCOO en Frigolouro sinala que no Porriño padecen a mesma problemática

O Xulgado do Social número 1 de Lugo acaba de ditar unha sentenza que recoñece a relación laboral de 105 falsos autónomos que prestaban servizos para Frigolouro en Lugo. Trátase dunha nova vitoria dos servizos xurídicos de CCOO, que hai máis de tres anos iniciou unha intensa campaña contra a figura dos falsos autónomos no sector cárnico. Grazas a ela logrouse regularizar a situación de centos de traballadores e traballadoras en todo o Estado, tamén en Galicia.

Fragmento da sentenza do TSXG

O sindicato seguirá loitando para demostrar que os traballadores e traballadoras debían estar de alta como persoal por conta allea.

CCOO logra regularizar 167 falsos autónomos no Grupo SADA

  • O Xulgado do Social n.º 2 de Lugo declara a existencia de relación laboral entre os «socios traballadores» que a empresa Servicarne mantiña traballando en SADA P. A. Castilla Galicia
  • CCOO levou todo o peso no proceso, como chegou a indicar a xuíza convidando os restantes letrados a abandonaren o xuízo se se limitaban a adherirse aos argumentos deste sindicato

A Federación de Industria de CCOO de Galicia gáñalle a batalla a SADA P. A. Castilla Galicia, responsable do matadoiro de Castro de Ribeiras do Lea, no concello lugués de Castro de Rei. O Xulgado do Social n.º 2 de Lugo declara a existencia de relación laboral entre os 167 «socios cooperativistas» que a empresa Servicarne, considerada unha falsa cooperativa, ten traballando nesas instalacións.

CCOO leva máis de dous anos denunciando as falsas cooperativas cárnicas. Na foto, denuncia de 2018

  • O Xulgado do Social n.º 3 de Lugo declara a existencia de relación laboral entre os máis de 250 «socios traballadores» que a empresa Servicarne mantiña traballando na filial de Coren

A Federación de Industria de CCOO de Galicia gáñalle a batalla a Novafrigsa contra os falsos autónomos. O Xulgado do Social n.º 3 de Lugo declara a existencia de relación laboral entre os máis de 250 «socios traballadores» que a empresa Servicarne mantiña traballando nesta filial do Grupo Coren. A decisión do xulgado lugués susténtase nas argumentacións doutro xuízo gañado por este sindicato na provincia de León contra Embutidos Rodríguez.

CCOO leva moito tempo cun intenso labor de denuncia da fraude laboral no sector cárnico

Esta mesma semana, o Ministerio de Traballo emitiu a resolución de descualificación contra Servicarne Sociedad Cooperativa, ao considerar que é unha falsa cooperativa, tal e como propuxera a Inspección de Traballo tras a denuncia de CCOO.

Carteis de CCOO de Galicia pola campaña contra o uso de falsos autónomos en Servicarne

  • CCOO salienta que se trata dun «novo éxito» da campaña sindical contra os falsos autónomos no sector cárnico

O Grupo SADA, un dos principais matadoiros de polos de toda España, rescinde o contrato con Servicarne e incorpora ao seu cadro de persoal 125 falsos autónomos que operaban no seu matadoiro de Castro de Ribeiras de Lea, no concello lugués de Castro de Rei. Deste xeito, SADA súmase á lista de empresas do sector cárnico que deixan de utilizar esta figura.

Matadoiro de polos | Foto: dominio público

  • Prestaban servizos para varias empresas do grupo a través da falsa cooperativa Servicarne, denunciada por CCOO perante a Inspección de Traballo

A campaña de denuncia de CCOO contra a falsa cooperativa Servicarne continúa a dar froitos. Grazas ao labor do sindicato, Coren anuncia que integrará como persoal fixo uns 1350 falsos autónomos que ata o momento prestaban servizo para varias empresas do grupo cárnico. A decisión terá efectos a partir do 1 de agosto e beneficia preto de 250 traballadores e traballadoras na provincia de Pontevedra, 300 en Lugo e uns 800 na de Ourense.

CCOO denuncia que na provincia de Ourense hai máis de 800 falsos autónomos no sector cárnico

  • A Inspección de Traballo, após constatar a fraude de Servicarne, instara a dar de alta estas persoas no réxime xeral da seguridade social
  • CCOO organiza asembleas informativas para explicarlle a este colectivo cales son os seus dereitos, entre os cales está a reclamación dos custos que lles supuxo seren falsos autónomos

A Federación de Industria de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) denunciou o luns en Ourense o despedimento «ilegal» de falsas traballadoras e traballadores autónomos de Servicarne que traballaban para matadoiros de Coren, Frigolouro, Grupo SADA e Novafrigsa. O sindicato afirma que esas medidas se adoptaron tras unha resolución da Inspección de Traballo que obrigaba a Servicarne, que opera como falsa cooperativa, a dar de alta no réxime xeral a todos os falsos autónomos.

De esq. a der., Víctor Ledo, Lola Santillana, Ramón Sarmiento e Vicente Canet

  • A instancias do sindicato, a Inspección de Traballo ultima actuacións contra esta empresa, que opera con importantes matadoiros en tres provincias galegas

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia denuncia que máis de 1500 falsos autónomos operan coas grandes industrias cárnicas galegas a través de Servicarne, que pola súa vez é unha falsa cooperativa. Voceiros do sindicato explicaron esta mañá en conferencia de prensa as actuacións levadas a cabo contra esta empresa, que recibe encargos de importantes matadoiros en tres provincias galegas. Segundo os datos do sindicato, o groso da fraude estaría na provincia de Ourense, con case a metade dos casos, situándose a seguir Lugo e Pontevedra.