Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Tema: ERE sector financeiro

Mostrando contidos 1 a 9 de 9

Manifestación na Coruña contra o ERE no Banco Sabadell

O persoal do Banco Sabadell secundou masivamente a convocatoria de folga para rexeitar o ERE proxectado pola entidade, que pretende despedir a máis de 1700 persoas en todo o Estado.

Concentración contra o ERE no Banco Sabadell (Vigo, 30/9/2021)

  • Concentración en Vigo para reiterar que as saídas deben ser voluntarias

A sección sindical de CCOO no Banco Sabadell denuncia a «teimosía» da dirección da entidade bancaria, que unicamente reduciu en 206 persoas a afectación prevista para o despedimento colectivo. Agora serían 1730 os despedimentos previstos, cifra incompatible coas saídas voluntarias que defende o sindicato.

Concentración en Santiago de Compostela contra o ERE do Banco Sabadell (23/9/2021)

  • Haberá folga en outubro se o banco non rectifica a súa postura na mesa de negociación

Comisións Obreiras (CCOO) iniciou este xoves as mobilizacións contra o ERE no Banco Sabadell, convocando concentracións en diversas localidades do Estado. En Galicia, a protesta tivo lugar en Santiago de Compostela, entre as 11 e as 12 horas, na oficina que a entidade bancaria ten no número 33 da rúa do Hórreo.

Concentración do persoal de Caixabank durante a xornada de Folga (A Coruña, 29/6/2021)

As traballadoras e traballadores de Caixabank volveron facer folga este martes contra o «despropósito» de ERE que pretende acometer a entidade bancaria.

Concentración na Coruña contra o ERE en Caixabank, durante a folga na entidade (22/6/2021)

  • Pecharon practicamente todas as oficinas da entidade en Galicia

A Federación de Servizos de CCOO aplaude o seguimento da folga de Caixabank. Este martes pecharon practicamente todas as oficinas da entidade bancaria en Galicia (case o 95%) e case todo o persoal (98%) secundou a xornada de paro.

Fachada dunha sucursal de Caixabank | Foto: caixabank.com

Haberá concentracións de hora e media na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

Concentración na Coruña contra o ERE do BBVA (19/5/2021)

CCOO e UGT chegaron a un acordo estatal na negociación do ERE do BBVA que vai permitir reducir en 863 as persoas afectadas polo expediente de regulación de emprego.

Concentración fronte a unha oficina do BBVA en Ourense (19/5/2021)

Nova xornada de mobilización por toda Galicia contra o ERE no BBVA, que pretende destruír milleiros de empregos en todo o Estado. As medidas de presión xa levaron a entidade bancaria a anunciar que estudará medidas para reducir o impacto desta regulación de emprego.

Concentración en Ourense contra o ERE no BBVA (10/5/2021)

A Federación de Servizos de CCOO salienta o «éxito rotundo» das mobilizacións deste luns contra o expediente de regulación de emprego (ERE) no BBVA. Máis de 6000 traballadores e traballadoras en todo o Estado, uns 700 en Galicia, amosaron o seu rexeitamento ao despedimento colectivo co que a entidade bancaria pretende extinguir 3800 empregos.