Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

A Rede Galega en Apoio ás Persoas refuxiadas denuncia os incumprimentos do Estado español

  • O colectivo, do que forma parte CCOO, inicia hoxe unha semana de accións de protesta en Santiago de Compostela

A Rede Galega en Apoio ás Persoas refuxiadas alerta de que o vindeiro 26 de setembro expira o prazo de dous anos nos que Estado español se comprometía a acoller 17.337 persoas que precisaban asilo internacional. Cando faltan poucos días, o Estado español unicamente deu refuxio a pouco máis do 11 %, concretamente 1983.

19/09/2017.
A Rede denuncia os incumprimentos do Estado español coas persoas refuxiadas

A Rede denuncia os incumprimentos do Estado español coas persoas refuxiadas

Por esta razón, a Rede, formada por medio cento de organizacións (entre elas, CCOO), convoca sete días de actos reivindicativos xusto unha semana antes de que remate o dito prazo de dous anos. Entre o 19 e o 26 de setembro denunciaranse en Santiago de Compostela os incumprimentos do Estado español.

Cada día, comezando por este martes, soará ás 20 horas unha alarma na compostelá praza do Toural e lerase un manifesto. Nestas accións participarán persoeiros como Alfonso Zarauza (cineasta), Moncho Fernández (entrenador do Obradoiro), Monti Castiñeiras (actor), Andrés Torres Queiruga (teólogo), Uxía (cantante), Fernando Cortizo (cineasta), Marilar Aleixandre (escritora) ou Carlos Blanco (actor).

Comisións Obreiras chama a súa afiliación a participar nestes actos reivindicativos para expresar a solidariedade da clase traballadora galega coas persoas refuxiadas.