Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

O Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal organiza en Vigo un encontro sobre o sector industrial

  • Máis de oitenta representantes sindicais analizarán as condicións de traballo e o impacto das reformas laborais nos sectores metalúrxico, téxtil e agroalimentario

Vigo acolle mañá martes, 23 de outubro, un encontro sobre o sector industrial organizado polo Consello Sindical Interrexional (CSIr) Galicia-Norte de Portugal. Máis de oitenta representantes sindicais de Galicia e Portugal analizarán no IFEVI as condicións de traballo e o impacto das reformas laborais nos sectores metalúrxico, téxtil e agroalimentario.

22/10/2018.
Cartel anunciador da xornada

Cartel anunciador da xornada

CSIr Galicia-Norte de Portugal

O Consello Sindical Galicia-Norte de Portugal foi constituído en 1995 polas organizacións sindicais CCOO de Galicia, UGT-Galicia, CGTP-IN do Norte de Portugal e UGT do Norte de Portugal. Creouse no marco da estratexia elaborada pola Confederación Europea de Sindicatos (CES) para actuar conxuntamente na defensa dos intereses das traballadoras e traballadores desta eurorrexión.

Como parte das liñas de acción sindical, mantén reunións periódicas coa Inspección de Traballo, a Seguridade Social e a Axencia Tributaria, onde informamos daquelas cuestións que dificultan a circulación de traballadores e traballadoras ou deterioran as condicións laborais e de acceso ao emprego.

A presidencia do CSIr é rotatoria e actualmente exércea o secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento Solla.

Documentación asociada
Documentación asociada