Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

CCOO recompila nunha guía os diferentes tipos de contrato

  • O documento presta especial atención aos de prácticas e aos de formación e aprendizaxe, que son obxectivo dunha campaña do sindicato para atallar a fraude

A Secretaría de Emprego e Previsión Social de CCOO de Galicia recompilou nunha detallada guía a información dispoñible sobre as diferentes fórmulas de contratación.

27/03/2019.
Guía de contratos 2019

Guía de contratos 2019

Cada modalidade de contrato é explicada polo miúdo, deixando claras as súas características e advertindo dos requisitos que se han cumprir.

O documento presta especial atención aos contratos en prácticas e aos contratos de formación e aprendizaxe, nun momento en que o sindicato está desenvolvendo unha intensa campaña contra o seu uso indebido ou con vontade de cometer fraude.