Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

Galicia estivo presente na XXX Escola Confederal de Xuventude

    O compañeiro José Carlos Taboada, delegado de CCOO na piscina da Estrada, foi un dos participantes galegos na XXX Escola Confederal de Xuventude, que tivo lugar a pasada semana en Barcelona. Esta trixésima edición centrouse na precariedade laboral, precisamente unha cuestión sobre a que afondou Taboada na súa intervención.

    10/06/2019.
    En primeiro termo, intervención de José Carlos Taboada na XXX Escola de Xuventude

    En primeiro termo, intervención de José Carlos Taboada na XXX Escola de Xuventude

    Na súa exposición, o delegado do sector de medios de comunicación e instalacións deportivas de CCOO sinalou como é posible facer un bo labor sindical malia que as condicións laborais sexan precarias e a empresa lle poña todo tipo de atrancos á representación legal dos traballadores e das traballadoras.

    No caso da piscina da Estrada, houbo unha gran conflitividade coa empresa concesionaria Y Tú Qué Haces S. L.,  que mesmo motivou a convocatoria de folga. O delegado de CCOO lembrou que se produciron todo tipo de problemas, mesmo para celebrar as eleccións sindicais, que tiveron que realizarse nunha mesa situada no exterior das instalacións.

    Pero incluso das situacións máis negativas e concretas se pode tomar nota para mellorar as condicións de traballo xerais. Precisamente, José Carlos Taboada é unha das persoas encargadas de negociar o convenio galego de instalacións deportivas, xa que moitos dos problemas da piscina da Estrada son comúns a outro tipo de centros do mesmo sector en Galicia.