Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participa en Bilbao no VIII Galeuscat sindical

  • O Galeuscat é un espazo de encontro entre as CCOO de Galicia, Cataluña e Euskadi

Unha representación do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participa o xoves e o venres desta semana nunha nova edición do Galeuscat sindical, que nesta ocasión organizan as CCOO de Euskadi. A delegación galega está integrada polo secretario xeral, Ramón Sarmiento, o secretario de Comunicación e Xuventude, Omar Ceveira, o secretario de Acción Sindical e Negociación Colectiva, Roi Fernández, a secretaria de Finanzas, Yolanda Martínez, e a secretaria de Servizos, Carmen Peteiro. A transición enerxética, os servizos á afiliación e o desenvolvemento organizativo son os eixes temáticos desta edición.

21/06/2019.
Bilbao acolle o VIII Galeuscat sindical

Bilbao acolle o VIII Galeuscat sindical

Os Galeuscat comezaron en 1992 en Donostia e desde aquela tiveron lugar ata oito edicións entre Galicia, Euskadi e Cataluña. O último encontro foi en Barcelona no ano 2017. O obxectivo do Galeuscat é compartir prácticas sindicais diversas en realidades diferentes, pero con importantes elementos comúns. É un compromiso compartido coa Confederación Sindical de CCOO, para enriquecer o debate e a intervención sindical.