Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

CCOO emenda o paquete de medidas extraordinarias de conciliación presentado pola Xunta de Galicia

  • O sindicato insta o Goberno galego a compensar as reducións de salario das traballadoras e traballadores que se acolleron a excedencias ou reducións de xornada pola crise sanitaria

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia emenda o paquete de medidas extraordinarias de conciliación presentado o mércores pola Xunta de Galicia aos axentes sociais mediante videoconferencia.

04/06/2020.
CCOO emenda o paquete de medidas extraordinarias de conciliación presentado pola Xunta de Galicia

CCOO emenda o paquete de medidas extraordinarias de conciliación presentado pola Xunta de Galicia

Por parte da Administración autonómica participaron a conselleira de Asuntos Sociais, Fabiola García, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, e a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca. Pola parte sindical, o secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, e o seu homólogo de UGT, José Antonio Gómez, mentres que Antonio Fontenla representou a patronal.

Nesta reunión, a Xunta de Galicia presentou un bono coidado extraordinario para a infancia e a dependencia, dentro do paquete de medidas extraordinarias para a conciliación, dotado con 500 euros mensuais para financiar a contratación dun coidador ou coidadora a domicilio.

Comisións Obreiras rexeita por «ineficiente» a proposta formulada por Asuntos Sociais e insta a incluír na orde a opción de que os proxenitores poidan compensar, tamén con eses 500 euros, a diminución nos seus salarios por ausentarse do centro ou posto de traballo durante a totalidade da súa xornada ou parte dela, para asumir os deberes de asistencia, atención e coidado de fillos ou fillas menores de 14 anos ?por razón da súa idade? ou de persoas dependentes, persoas maiores ou persoas enfermas ?contaxiadas ou illadas? que resultasen afectadas pola COVID-19.

A situación de excedencia deberá iniciarse despois do 9 de marzo de 2020 ?incluído?. No caso de reducións de xornada de traballo que xa se viñesen gozando antes do 9 de marzo, e que a partir desa data fosen adaptadas ou modificadas pola persoa traballadora, a data de inicio do período subvencionable «será a correspondente a aquela en que se realizou a adaptación ou modificación da redución da xornada», recolle a proposta de CCOO.

A maiores, CCOO insta a Xunta a ampliar a duración do seu apoio ?previsto ata o 31 de agosto?, que non pode rematar mentres non retomen a súa actividade as escolas infantís, centros de día e centros ocupacionais.