Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

CCOO reúnese coa Plataforma de Galicia en Apoio ao Programa de Goberno Progresista

    O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, reuniuse esta mañá con Manuel Villares e Lois Uxío Taboada, representantes da Plataforma de Galicia en Apoio ao Programa de Goberno Progresista, que explicaron as reivindicacións que formulan no actual momento social e político.

    06/07/2020.
    De esq. a der., Manuel Villares, Ramón Sarmiento e Lois Uxío Taboada

    De esq. a der., Manuel Villares, Ramón Sarmiento e Lois Uxío Taboada

    Desde a Plataforma coinciden con CCOO na necesidade dunha reconstrución social que non deixe ninguén atrás. Así mesmo, expresan unha vontade de cambio político en Galicia similar ao que houbo no Estado, que supoña tamén unha mudanza nas políticas aplicadas para combater a crise económica desatada pola COVID-19.